Os exploradores de 3º, coma viaxe final foron ben lonxe, chegaron ás Antípodas, para cumplir coa misión que lles encarara Freddie, a mascota da aula de inglés.
Amosando publicacións coa etiqueta VOLTA AO MUNDO MONTADOS NUN PRATO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VOLTA AO MUNDO MONTADOS NUN PRATO b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 7 de xuño de 2015
martes, 2 de xuño de 2015
E PARA REMATAR A NOXA VIAXE... PRESENTAMOS OS NOSOS TRABALLIÑOS SOBRE O PDI (parte I)
Este ano, como tarefa final do noso proxecto anual, propuxemos que durante estas dúas semanas, ás que chamamos Semanas Culturais de Conmeniño, os alumnos do cole presentasen un traballo relacionado co aprendido na nosa "Volta ao mundo montados nun prato". Deuse total liberdade para o tipo de traballo, o importante era que o alumnado compartise o aprendido para así, entre todos, enriquecer a nosa viaxe.
Así, estamos a atoparnos con actividades moi variadas e sorprendentes. Hoxe deixámosvos coas presentacións dos nenos de Ed. Infantil.
Os nenos de 4º de Ed. nfantil presentáronnos unhas adiviñas moi saborosas, empregando así o tema das froitas escollido na súa clase para traballar neste curso.
Os nenos de 5º de Ed. Infantil levaron á Eiruga Larpeira con eles a Italia e nos contan o que por aquelas terras lle aconteceu:
E os investigadores de 6º de Ed. Infantil tamén se desplazaron ata Italia e tráennos un documental sobre a Torre de Pisa, non vos perdades o que descubriron estes pequenos investigadores!
martes, 12 de maio de 2015
NOVAS DA MAN DOS NOSOS REPORTEIROS: CONCURSO DE COMBA
Redacción: Nerea Boullosa e Manuel Pérez.
Ola, rapaces!!!
Aquí estamos de
novo os Reporteiros Larpeiros, que
nesta ocasión vos imos falar do concurso
de comba.
O concurso
celebrouse no noso pavillón, nas semanas do 7 ao 17 de abril.
Podían participar
todos os nenos de primaria, e os colaboradores eramos os nenos de 5º e
6º.
Uns facían de
xuíces contando e anotando os saltos de cada
participante, outros daban á comba e outros eramos os fotógrafos: nós, os Reporteiros Larpeiros, quitando fotos aos nenos que saltaban, aos
xuíces etc…
Para saltar faciamos
da seguinte forma: nós, os de 5º e 6º, saltabamos en grupos de tres; os de 3º e
4º ían en parellas; e para finalizar, os nenos de 1º e 2º ían de un en un.
Nesta táboa podedes ver quen conseguiu saltar máis:
Ademais detes compañeiros, todos os participantes o fixeron moi ben.
Nesta táboa podedes ver quen conseguiu saltar máis:
CATEGORÍA
|
PARTICIPANTES
|
1º
|
Gisela, Zaira e Saúl Alfonso
|
2º
|
Sofía, Saínza, Uxía García e Áfrika
|
3º e 4º
|
Antía (3º) e Arantxa (4º)
|
5º e 6º
|
Aitana, Julia e Noa (todas de 5º)
|
Parabéns!
Se queredes ver as imaxes, deixámosvos este vídeo.
sábado, 9 de maio de 2015
AREPAS VENEZOLANAS
Cando xa queda pouco para poñer fin ás viaxes culinarias dos nosos reporteiros internacionais, temos aquí unha nova receita.
Tráenola GABRIEL, que quere presentarnos outro dos platos típicos de VENEZUELA, igual que o arroz con leite de coco que xa coñecemos da man doutro reporteiro. Nesta ocasión son as AREPAS. Agardamos que vos gusten!
AREPAS
laboriosa x 4 persoas x tempo de elaboración: 40 min + 2 h e 1/2 de cocción da carne
PRECISAS
1 pota
1 tixola
1 relador
1 prancha
1 recipiente
INGREDIENTES
250 g de fariña de millo
branca cocida (fariña especial para arepas)
130 g de agua
100 g de queixo mozzarella
5 g de sal
500 g de carne de tenreira
(mellor de agulla ou falda)
1 cebola pequena picada fina
1 dente de allo picado fino
2 tomates relados
colorante alimentario
1. Coloca a fariña, a auga,
o queixo mozzarella en anacos e o sal nun recipiente.
2. A continuación, traballa
a mestura até forma unha masa que non se pegue e coa que se poida
facer unha bola.
3. Agora, prepara o recheo
das arepas.Coce a carne durante dúas horas e media e despois déixa
arrefriar e desfébraa.
4. Refoga nunha tixola a
cebola co allo e cando estea ben pasada, engádelle o tomate relado e
deixa cocer todo uns minutos.
5. Logo, incorpóralle a
carne defebrada e mestura ben todo. Só queda darlle un fervor e
reservar xa fóra do lume.
6. Para rematar o prato, fai
bólas fai bólas coa masa e aplánaas. Acaba de cociñalas na
prancha ou tixola.
7. Córtaas pola metade e
éncheas coa carne desfebrada e quente. Xa están listas para servir.
Se non temos moito tempo, tamén podemos facer as arepas con queixo e embutidos diferentes no lugar da carne (chourizo, xamón york...).
Se non temos moito tempo, tamén podemos facer as arepas con queixo e embutidos diferentes no lugar da carne (chourizo, xamón york...).
Imos aló coa masa!
Primeiro mesturar... e logo amasar.
Agora imos co recheo
E o mellor de todo para rematar: a comeeer!
Estas arepas xunto co arroz con leite de coco como postre, formarían un menú venezolano exquisito e moi nutritivo.
xoves, 30 de abril de 2015
TORTA SELVA NEGRA DENDE SUÍZA
Nin máis nin menos que ata SUÍZA chegaron os nosos reporteiros ANTÓN e UXÍA!
Agora están aquí para convidarnos a probar a saborosa TORTA "SELVA NEGRA". Toda unha delicia de chocolate e nata! Mmm...
TORTA SELVA NEGRA
fácil x para 4 persoas x tempo de elaboración: 10 minutos
PRECISAS
1 batedor
1 recipiente
1 manga pasteleira
1 espátula
INGREDIENTES
1 biscoito de chocolate
150 g de labras de chocolate
750 g de tona líquida
150 g de azucre
- Primeiro, debes montar a tona con azucre até conseguir unha textrura firme.
- A continuación, corta o biscoito formando dous discos.
- Sobre unha das partes do biscoito, bota a nata montada e cobre coa outra metade do biscoito.
- Por último, esparexe por riba as labras de chocolate.
martes, 21 de abril de 2015
SINCRONIZADA MEXICANA
De novo temos aquí unha saborosa receita! Que será esta vez?
Pois trátase da SINCRONIZADA, que o reporteiro ROI nos trae da súa viaxe por MÉXICO.
Aquí vola deixamos.
Pois trátase da SINCRONIZADA, que o reporteiro ROI nos trae da súa viaxe por MÉXICO.
Aquí vola deixamos.
SINCRONIZADA
moi facil x para 4 persoas x tempo de elaboración: 10
minutos
PRECISAS
1 prancha ou tixola
1 espumadeira
INGREDIENTES
8 tortillas de millo ou
trigo mexicanas
16 rebandas de queixo
8 rebandas de xamón
cocido
1. Nunha tixola, tostas
as tortillas de millo ou trigo polos dous lados.
2. Na ultima
volta, colocas primeiro o queixo para que se pegue ás paredes, logo o
xamón e logo o queixo.
3. Por ultimo, pos enriba
outra tortilla xa tostada a modo de tapadeira.
Este é un prato moi
sinxelo para merendar que os nenos mexicanos acompañan con
guacamole.
Unha merenda ben apetitosa!
Como vedes, moi fácil de preparar. Animádevos a probalo!
luns, 20 de abril de 2015
A QUE SABE A PAZ NO MUNDO?
Alá polo mes de xaneiro con motivo do Día da Paz, o ratiño fíxonos unha pregunta: A que sabe a paz no mundo?O ratiño e a ratiña deixaron a mesa posta con pratos para cada aula e un sobre no que viña o nome de 2 países, tiñamos que investigare imaxinar a que sabería a paz neses países que nos tocaron, así que puxémonos mans á obra!
Os nenos maiores do cole fixeron un mapa mundi co que acompañar a nosa "Volta ao mundo montados nun prato".
Nel, unha vez escritos os nosos poemiñas ou pequenos textos, engadimos os nomes dos continentes e países que nos encargou o ratiño e despois, cada grupo colgou os pratos cos sabores da paz no mundo.
A continuación deixámosvos un mapa interactivo no que, clicando nos circuliños de cores, poderedes escoitar a que sabe a paz no mundo para nós.
mércores, 8 de abril de 2015
MACARRÓNS Á CARBONARA
Ola, ratiños!
ITALIA é un dos países que teñen os seus pratos típicos máis espallados polo mundo. Deben de existir poucos recunchos onde non se coñezan as pizzas e as pastas.
Fai unhas semanas que un dos nosos reporteiros nos trouxo de Italia a receita do tiramisú, e ata alí quixo voltar SERGIO, para presentarnos agora unha receita de PASTA.
MACARRÓNS Á CARBONARA
moi fácil x
para 4 persoas x tempo de elaboración: 25
minutos
PRECISAS
1 pota
1 recipiente
1 tixola
1 garfo
INGREDIENTES
500 g de macarróns
200 g de bacon
3 ovos
50 g de queixo parmesano
relado
sal e pementa negra en
gran
- Coce a pasta segundo as intruccións indicadas no envase.
- Mentres, bate os ovos con un pouco de sal, unha chisca de pementa e 2 culledaras de queixo relado. Resérvaos.
- Sofrite o bacon na tixola cortado en tiras finas, remexendo para que se doren por igual. Retíaro do lume e resérvao.
- Cando a pasta estea cocida no seu punto (al dente), escórrea (non demasiado) e bótaa de novo na pota de cocción a lume lento. Bota por enriba o batido de ovo e mestúaro ben coa pasta antes de que calle. Despois bota a bacon e mestura de novo.
5. Sirve a pasta
ben quente espolvoreando por enriba pementa negra e queixo
relado.
relado.
vaia, vaia... que maña ten este reporteiro na cociña!
coidado co coitelo!
isto xa case está...
e despois de cociñar... a disfrutar!
xoves, 19 de marzo de 2015
ARROZ CON LEITE DE COCO
Os Reporteiros Larpeiros preparáronnos xa outra apetitosa receita. De novo algo doce... é certo que son ben larpeiros!
MANUEL PÉREZ tráenos de VENEZUELA un ARROZ CON LEITE un pouco diferente. Mirade, mirade...
MANUEL PÉREZ tráenos de VENEZUELA un ARROZ CON LEITE un pouco diferente. Mirade, mirade...
ARROZ CON LEITE DE COCO
PRECISAS
1 pota
1 culler de
madeira
ELABORACIÓN
mércores, 18 de marzo de 2015
GALLETAS DE MANTEIGA DE CACAHUETE, UNHA RECEITA DENDE ESTADOS UNIDOS
Hai unhas semanas, nas clases de inglés, para festexar o día de San Valentín, os nenos de 4º puxéronse mans á obra para elaborar unha saborosa receita coa que gozar desta tradición que en EEUU se chama "Día do amor e da amizade". Cuns poucos ingredientes que todos temos na casa e MANTEIGA DE CACAHUETE, fixemos as sinxelas galletas. Podedes ver a receita no vídeo que tedes a continuación, agardamos que vos guste!
venres, 13 de marzo de 2015
BACALHAU Á BRÁS
Ola, ratiños de Conmeniño!
Os nosos Reporteiros Larpeiros non deixan de traballar!
Desta volta foi AINHOA MAQUIEIRA quen viaxou dende a súa cociña ata PORTUGAL para traernos este prato de peixe.
Unha maneira diferente de preparar o BACALLAU, e sobre todo, moi, moooi saboroso.
Os nosos Reporteiros Larpeiros non deixan de traballar!
Desta volta foi AINHOA MAQUIEIRA quen viaxou dende a súa cociña ata PORTUGAL para traernos este prato de peixe.
Unha maneira diferente de preparar o BACALLAU, e sobre todo, moi, moooi saboroso.
BACALHAU Á BRÁS
para 4 persoas x preparación: fácil x tempo de elaboración: 90 minutos
PRECISAS
2 tixolas
1 coitelo
1 táboa
INGREDIENTES
INGREDIENTES
400 g de bacallau desalgado
100 g de cebola
100 g de patacas
4 ovos
12 olivas negras
25 g de aceite de oliva
PREPARACIÓN
PREPARACIÓN
1. Pela as
patacas e córtaas primeiro en rodelas finas .
2. A
continuación, fríteas até que estean douradas e resérvaas para
máis tarde.
3. Agora corta a
cebola en tiras e refógaa nunha tixola con aceite.
4. Vai engadindo
o bacallau esminuzado na tixola e ao final bota tamén as patacas e
remove todo.
5. Casca os ovos
por riba e remove coma se fixeras un revolto.
6. Por último,
decora coas olivas negras. Á hora de
servir, podes darlle formas divertidas con diferentes moldes.
poñémonos mans á obra...
...e deseguida o teremos preparado
aquí tedes o resultado...
...unha presentación estupenda para este prato especial
Que aproveite!
xoves, 5 de marzo de 2015
EXQUISITO POSTRE DENDE ITALIA
Que tal, ratiños?
Temos nova receita dos Reporteiros Larpeiros!
Esta vez ALEX viaxou dende a súa cociña ata ITALIA acompañado dos seus amigos Adrián e David, e preséntannos este postre delicioso: TIRAMISÚ.
Velaquí a deixamos para vós.
TIRAMISÚ
para 6 persoas x
preparación: fácil x
tempo de elaboración: 45 minutos
PRECISAS
1 batedor
1 recipiente
1 fonte de forno
INGREDIENTES
500 ml de tona líquida
4 xemas de ovo
500 g de queixo mascarpone
20 biscoitos de soletilla
150 g de azucre
1 cunca de café
cacao puro en po
PREPARACIÓN
1. Comeza por montar a tona
coa axuda do batedor.
2. Nun recipiente, mestura o
queixo, as xemas de ovo e máis o azucre.
3. Engádelle a nata montada
a esta mestura.
4. Agora, na fonte, coloca
os biscoitos mollados en café até cubrir todo o fondo.
5. Logo bota un capa da
crema de queixo.
6. Repite a operación cos
biscoitos e a crema.
7. Esparexe por riba o cacao
puro en po.
facer un tiramisú é moi doado
aos nosos convidados encantoulles
exquisito!!!
Animádevos a probalo.
luns, 2 de marzo de 2015
DENDE AS VOSAS COCIÑAS ATA... ESCOCIA
Ola ratiños!
Xa temos as primeiras fotos para o noso mural!
Son as de Zaira Vidal Domínguez de 1º de primaria, que esta fin de semana preparou unhas riquísimas galletas escocesas.
Seguro que tanto ela como a súa mamá o pasaron xenial cociñando.
Por ser as primeiras, o ratiño e a ratiña adicámoslle esta entrada do noso blogue e amosamos aquí as súas estupendas fotos.
Estas galletas teñen unha pinta fantástica!
Moitísimas grazas, Zaira e Susana!
Labels:
6º EP,
A VOLTA AO MUNDO DENDE A NOSA COCIÑA,
ACTIVIDADES BIBLIOTECA,
COLABORACIÓN COAS FAMILIAS,
PROXECTO CURSO 14-15,
VOLTA AO MUNDO MONTADOS NUN PRATO
xoves, 26 de febreiro de 2015
PRIMEIRAS RECEITAS DOS REPORTEIROS LARPEIROS DENDE ESCOCIA E ARXENTINA
Comezamos aquí
a nosa serie de receitas do mundo.
As reporteiras AINHOA MEIS e NEREA fixeron xuntas esta receita de GALLETAS de ESCOCIA, para empezar con algo sinxelo, pero non por iso menos saboroso.
Tamén se
animaron a probar os PANQUEQUES CON DOCE DE LEITE, típicos de
ARXENTINA e moi parecidos ás nosas riquísimas filloas.
Estaba todo
boísimo!
GALLETAS ESCOCESAS
para 4 persoas x
preparación: moi fácil x
tempo de elaboración: 30 minutos
PRECISAS
1 recipiente
1 bandexa de
forno
1 forno
INGREDIENTES
100 g de
manteiga
50 g de maicena
100 g de fariña
50 g de azucre
PREPARACIÓN
1. Introduce
todos os ingredientes no recipente e mestúraos.
2. Despois vai
collendo anacos da masa e dalles forma de galletas.
3. Fornéas a
180º C durante 15 minutos.
4. Déixaas
arrefriar un pouco e xa están listas para comer.
mesturamos os ingredientes
amasamos ben
dámoslle forma ás galletas
metémolas no forno
e listas para degustar!
PANQUEQUES CON DOCE DE LEITE
para 4
persoas x
preparación: fácil
x tempo de elaboración: 40 min + 2 h e 1/2 de cocción do leite x
PRECISAS
1 tixola antiadherente
1 pota
1 batedor
1 recipiente
1 cullerón
1 espátula pequena ou
coitelo para darlle a volta aos panqueques
INGREDIENTES
para o doce de leite
1
bote de leite condensado
para os panqueques
2 ovos
1 l de leite
50 g demanteiga fundida
125 g de fariña
25 g de azucre
sal
PREPARACIÓN
para o doce de leite
1.
Pon o doce de leite condensado a cocer durante 2 horas e media
dentro dunha pota e cuberto con auga abundante.
2. Trancorrido este
tempo, déixao arrefriar e abre o bote. Véras que está máis denso
e de cor marrón.
para os panqueques
1. Coloca todos os
ingredientes nun recipiente e utiliza o batedor até que non quede
ningun gromo.
2. Despois, nunha tixola
ben quente bota un culleirón da masa dos panqueques e esténdea para
que quede ben fina.
3. Deixa que se faga
durante 10 segundos por cada lado e retira a un prato. Repite esta
operación até que remates coa masa.
4. Por último, enche os
panqueques co doce de leite e xa está listo o prato para
presentar.
batemos os ingredientes dos panqueques
untámolos con doce de leite ou tamén con confitura, crema de cacao...
e este é o resultado
A vindeira semana estaremos aquí con unha nova e exquisita receita. Animádevos a probala e contádenos que vos pareceu.
E non esquezades facervos a foto e traérnola para o mural.
Bo proveito!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

























