luns, 10 de febreiro de 2020

Mes do amor e da amizade

Con motivo do mes do amor e da amizade, no noso cole propuxemos unha actividade que é a creación dun acróstico a partir de diferentes palabras relacionadas co noso PDI (como por exemplo poden ser animais, mar, natureza, reciclaxe, ...).
As pautas para realizar esta actividade son as seguintes:


  1. COLLE UNHA FOLLA COA PALABRA QUE TI PREFIRAS E SOBRE A QUE CREARÁS O TEU ACRÓSTICO.
  2. CADA UNHA DESAS LETRAS SERÁ A INICIAL DA PALABRA POLA QUE TEN QUE COMEZAR ESE VERSO. TRÁTASE POIS, DE FACER UNHA POESÍA.
  3. A TEMÁTICA SERÁ A AMIZADE OU O AMOR (POLAS PERSOAS, FAMILIA, NATUREZA, ANIMAIS, MAR, ...).
  4. PODES FACELO CON RIMA OU INCLUSO SEN RIMA.
  5. COMO VES, AS PALABRAS ESTÁN ESCRITAS EN GALEGO, POLO QUE PARA AS TÚAS CREACIÓNS EMPREGA A LINGUA GALEGA.
  6. CANDO O TEÑAS FEITO, ENTRÉGAO NA BIBLIOTECA Á PERSOA QUE ESTEA DE GARDA.
  7. AS VOSAS CREACIÓNS EXPORANSE NO CORREDOR DA BIBLIOTECA.

Lembrade que tedes ata o mércores 12 de febreiro para entregalas.



Moito ánimo!! Seguro que sairán cousas fantásticas!

Apertas de GusiBot!
       

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Bo día nen@s!
Con motivo desta data tan importante, no noso colexio fixemos diferentes actos.
Un deles foi a lectura de diferentes frases relacionadas coa paz por parte de todas as clases, ben creadas polos propios nenos e nenas ou de persoas relevantes como puideron ser (Mandela, Ghandi, ...). Cada unha das clases tamén plantou unha semente durante este acto.
Aquí vos queda algunha fotiño desa actividade.












Outra das actividades consistiu na proxección da película "Invictus" na nosa biblioteca. Tras a posta en liberdade de Nelson Mandela no ano 1990, este chega á presidencia do seu país e decreta a abolición do "apartheid". Con motivo da celebración da Copa do Mundo de Rugby no ano 1995 en Sudáfrica, Mandela emprega o deporte como ferramenta na busca dunha reconciliación entre a poboación de cor negra e branca. Co obxectivo de eliminar as diferenzas e prexuízos existentes.

Por último outra das actividades, foi o mural nunha das paredes do patio cuberto do cole. Zaira de 6º foi a nena que creou o debuxo orixinal e que entre todos os nen@s do cole trasladamos ao noso patio. Gustouvos o resultado? A min encantoume!!!!



















Que pasedes un moi bo día! Saúdos de GusiBot!