venres, 30 de novembro de 2012

UN ESPAZO PARA CONTAR LIBROS

Ola ratiños! Sinto ter tardado tanto en escribirvos, pero xa sabedes que ando un pouco ocupado co da miña viaxe... Por iso tiven que mandar aos meuS axudantes a pedirvos axuda... Pero hoxe non veño falar diso, iso será outro día, que teño moitas cousas pendientes. Hoxe tráiovos unha recomendación para vós, para os papás, os profes...
Se premedes na imaxe inferior descubriredes un espazo no que a xente comparte información sobre os libros que leu. Poderedes escoitar a nenos e adultos falando das súas lecturas, o que penso que é moi interesante, xa que nos podemos facer unha idea sobre historias moi variadas e seleccionar algunhas que ao mellor a vós tamén vos apetece ler. Nada máis, só premede na imaxe para descubrir moitas historias!


Ah! Que me esquecía! E podedes vós tamén colaborar contando sobre as vosas lecturas, AQUÍ vos deixo as instruccións.

luns, 26 de novembro de 2012

ALGÚNS LUGARES NOS QUE DESCUBRIR LECTURAS, ATOPAR RECURSOS...

Ola! Hoxe tráiovos unha entrada un pouco diferente. Vou incluir nela 3 recunchos virtuais nos que podedes atopar distintos recursos para ler, escribir, imaxinar, ... en resumo, gozar coas palabras.

O primeiro é "La Caja de las Palabras Mágicas", onde poderedes atopar contos, xogos, recursos para profes...


En "Cuentos para Dormir" atoparedes moreas de historias para ler, escoitar, aprender...
E xa para rematar, un recuncho moi especial para os fans do meu amigo rato, Gerónimo Stilton. poderedes xogar con este super ratón, descubrir as súas últimas aventuras, crear o teu avatar...


Lembrade que estes recunchos quedan tamén recollidos na barra lateral, baixo o título "Lecturas fóra dos libros"
Apertas de ratiño lector!

domingo, 18 de novembro de 2012

O LIBRO DE 2º SOBRE ARTES E APEIROS DE PESCA

Ola ratiños! Hoxe tráiovos unha das vosas creacións literarias coa que fiquei ABRAIADO. Como xa sabedes, neste curso estamos a traballar sobre a natureza, baseándonos no lema que o ratiño de Conmeniño nos propuxo para este curso:


Para o noso 1º proxecto, o ratiño baixou aos fondos mariños, onde descubriu moitísimas cousas grazas aos vosos traballiños. Aquí vos deixo o libro sobre Artes e Apeiros de Pesca escrito e ilustrado polos alumnos de 2º de Primaria. Lembrade que ademais de aquí, podedes lelo na nosa biblioteca.


Estade atentos, proximamente poderedes ver aquí mais cousas das que descubriu o noso ratiño...
Ata a próxima!

luns, 12 de novembro de 2012

PARA O MAGOSTO

Ola ratiños! Escoitei que o martes 13 celebrades o Magosto aquí no cole. Para que aprendades moitas cousas sobre esta celebración tradicional,, aquí vos deixo unha recompilación de actividades variadas sobre o tema.


E máis actividades preparadas polo CEIP de Galán.



venres, 9 de novembro de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN CONMENIÑO

Ola ratiños!
Aquí vos deixo un resumo en imaxes da celebración do Día das Bibliotecas Escolares 2012-2013. Moitas grazas polas vosas mensaxes!
.

martes, 6 de novembro de 2012

SAMAÍN EN CONMENIÑO

Ola ratiños! Aquí vos deixo un vídeo coa nosa celebración de Samaín ou Halloween. Que cabazas tan incribles fixestes, canto traballo ben feito! PARABÉNS a todos e MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS pola súa colaboración!



Ata outro día, ratiños!
Apertas de rato lector!