mércores, 26 de abril de 2023

7 de abril- Día Mundial da Saúde

 O día 7 de abril conmemorouse o Día Mundial da Saúde. Tivemos a sorte de contar coa mamá de Marc e Amaya, a cal traballa no sector sanitario, e dounos unhas nocións básicas a todos e a todas sobre a saúde e a importancia dunha boa hixiene e alimentación saudable.







Improvisando e rapeando co poema de Ana María Fernández no día da poesía

  O alumnado de 4º curso improvisa e rapea un poema de Ana María Fernández.




Formación de Radio

Algo estamos a tramar... Formación de Radio Conmneniño, a radio dos grandes e dos pequeniños!





As peticións dos nenos e as nenas

 Enriquece a súa cultura, mellora a súa linguaxe, desenvolve a capacidade de concentración e a memoria, estimula a imaxinación… son algúns dos moitos beneficios de fomentar o hábito da lectura nos máis pequenos/as, e se son eles/as os responsables de escoller o que queren ler, mellor que mellor.








Saída ao teatro

 O alumnado de Educación Infantil ten unha saída ao teatro para ver a obra "O Parrulo Feo"



Experimentos na mesa de luz

 Os nenos e nenas de Educación Infantil experimentando na mesa de luz.





Robótica en Educación Infantil

 Os nenos e as nenas de 3 e 4 anos xogando con DOC o robot, aprendendo programando de forma divertida!



luns, 24 de abril de 2023

Lectoras do mes de marzo

 Os premios as nosas lectoras do mes de MARZO foron para...





Parabéns Inés e Lucía, esperamos que vos gustara este pequeno detalle

27 de Marzo- Día Mundial do Teatro

 O pasado 27 de marzo foi o Día Mundial do Teatro e as nenas de 5º de Edución Primaria representaron distintas obras ao alumnado de Educación  Infantil.



21 de Marzo- Día da poesía a través da Radio escolar

 O día 21 de marzo foi o Día da Poesía. No CEIP de Conmeniño conmemoramos a data gravando diferentes poemas a través da Radio Conmeniño, a radio dos grandes e dos pequeniños. 

Ademais, escribiron os poemas nun papel con decorados acuaraleables que foron repartidos polos diferentes establecementos do Grove.
Aquí vos deixo os códigos QR para que poidades escoitar os diferentes poemas.









Obradoiro de Escornabots

 O alumnado de 6º de EI e de 1º e 6º de EP pasaron o día na Biblioteca montando os seus propios Escornabots. Esta iniciativa, que forma parte do programa Biblioteca Creativa, permitiu ao noso alumnado traballar cos robots a través da titoría entre iguais e a aprendizaxe cooperativa. 

Deixamos unha mostra do ben que o fixeron e o moito que aprenderon.