domingo, 7 de xuño de 2026

Semana sen fume sobre rodas

 Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado o pasado 5 de xuño, no noso centro levamos a cabo a Semana Sen Fume sobre Rodas.

Durante estes días, o alumnado acudiu ao colexio empregando medios de transporte sostibles como bicicletas, patíns ou monopatíns, contribuíndo a reducir a contaminación e promovendo hábitos de vida saudables.

Unha iniciativa que nos axuda a tomar conciencia da importancia de coidar o planeta a través de pequenos xestos do día a día.









Ningún comentario:

Publicar un comentario