xoves, 28 de decembro de 2017

CURTAMETRAXES DE EDUCACIÓN EMOCIONAL NA BIBLIOTECA.

Na última semana do primeiro trimestre proxectáronse diversas curtametraxes na hora do recreo centradas na educación en valores, para os diferentes cursos do centro, que foron acompañadas dunha reflexión logo da visualización das mesmas. As obras seleccionadas foron:

- El puente (Educación Infantil).

- Party cloud movie (1º).

- La hormiga mentirosa (2º).

- La luna (3º).

- Piedra, papel o tijera (4º).

- The birds (5º).

- Abrí tu corazón (6º).






1º CONCURSO DE CONTOS E POESÍAS DE NADAL

Neste curso 2017-2018 levouse a cabo o primeiro concurso de contos e poesías de Nadal no que participaron as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria. Todos escribiron textos de gran beleza e foi moi díficil escoller os gañadores que resultaron ser: Nicolás Franco (4º), Saúl Naveiro (5ºA), Andrea Bea (5ºB) e Mar Pérez (6º).

Aquí vos deixamos as obras te todos os participantes para que gocedes da súa lectura.














CALENDARIOS NADAL 2017!

Como vén sendo habitual, este Nadal as nenas e nenos elaboraron calendarios personalizados nos distintos niveis. Mirade que ben quedaron!








Madriñas e padriños lectores.

As nenas e nenos de terceiro exerceron de madriñas e padriños lectores para o alumnado de Educación Infantil. Narraron dous libros centrados nos valores que están a traballar no seu proxecto de aula que leva por nome: superheroína e superheroe interior. 

As dúas obras que escolleron foron: Menudo Nubarrón e Pequena Mancha.

As nenas e nenos de Educación Infantil quedaron abraiados con estas historias tan fermosas!






luns, 11 de decembro de 2017

Xa temos logo para o noso proxecto!

Neste mes de decembro escollemos o logo identificativo do noso proxecto "Superheroes e Superheroínas por un mundo mellor". O logo seleccionado foi realizado por Áfrika Álvarez Iglesias de 5ºB. O conxunto do grupo elaborou o logo a gran escala para decorar a entrada do colexio xunto co mural principal.