domingo, 12 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023: LUNS DÍA 13

 A MECA MANDA PARA O LUNS:



ENTROIDO 2023

ESTADES PREPARADOS E PREPARADAS? 



CITA A CEGAS CUN LIBRO

  Ola lectoras e lectores, 

Atentos/as, porque esta semana nos recreos da Biblioteca temos unha actividade moi divertida. 

Atréveste?



Quen vive aí?

 Boas de novo lectores/as,

Aquí vos deixo o vídeo deste obradoiro tan divertido en relación co noso PDI do centro. 

A actividade chamábase "Quen vive aí?" e investigamos moitísimo sobre os "bichiños" que viven no noso composteiro.






Obradoiro de "Arte Reciclada"

O pasado mes de xaneiro o alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria realizou un obradoiro de "Arte Reciclada" coa Asociación de Persoas con Discapacidade "AMICOS".

Dita actividade está englobada no noso PDI do centro e cumpre cos obxectivos da Axenda 2030, pero o máis importante é que foi moi enriquecedora para todos e todas!






 

xoves, 9 de febreiro de 2023

Recomendacións lectoras relacionadas coa non violencia e a paz

 Ola lectoras e lectores, 

Durante o mes de xaneiro estiveron expostos na entrada do cole diferentes exemplares relacionados coa non violencia e a paz, que os nenos e as nenas podían e poden levar para a súa casa.

Ademais, tamén gardan relación co PDI do centro xa que este mes estamos traballando coa asociación Cruz Vermella.






Lectora e lector do mes de xaneiro

  Os premios a nosa lectora e lector do mes de xaneiro foron para...








Parabéns Alma e Nacho, Gusibot espera que vos gustara este pequeno detalle!

 

venres, 3 de febreiro de 2023

Manifesto poético- Día da non violencia e a paz

Queridas lectores e lectores:

O alumnado de 3º de Primaria creou un manifesto poético que coa axuda da sua mestra recitaron ao resto do alumnado do cole o Día da non violencia e a paz 



Entrega de diplomas no Día da Paz

Ola de novo lectoras/es:

Pásome por aquí outra vez para contarvos que unha vez rematada a marcha pola non violencia e a paz, repartíronnos un pequeno agasallo. 
Que contentos estábamos rodeados das nosas familias e compañeiros/as!





 

Marcha pola non violencia e a paz

Queridos lectores/as:

O luns 30 de xaneiro realizamos unha marcha pola non violencia e a paz, loitando contra a inactividade física e o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar, atendendo aos obxectivos que marca a axenda 2030. Ademais, a esta andaina acompañáronnos as nosas familias, apadriñando así a varios sedentarios 😊

Previamente tivemos un obradoiro de estampación de camisetas, como podedes ver na publicación anterior.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos!





 

Estampación de camisetas

Queridas lectoras e lectores:
Para preparar a nosa marcha pola non violencia e a paz contamos coa axuda de Andrea, a mamá de dous nenos do cole. Como podedes ver no vídeo, ela explicounos o proceso de elaboración e axudounos a cada un dos nenos e nenas do cole a decorar a nosa camiseta. 
Previamente xa fixeramos un pequeno obradoiro para decoralas pola parte traseira con motivos relacionados coa paz.

Espero que vos guste.
Gusibot.