martes, 22 de decembro de 2020

BO NADAL!

  • RECOMENDACIÓNS LECTORAS: 

Recomendacións lectoras Nadal 2020 BiblioConmeniño

  • PANXOLIÑAS:
4º Educación Primaria: Panxoliña Beatle




5º Educación Primaria: Jingle Bell Rock


  • ENTREGA DE POSTAIS NAVIDEÑAS POR CORREO:







xoves, 17 de decembro de 2020

NOVIDADES DE GUSIBOT

 Bos días queridas lectoras e lectores! 

Gusibot trouxo novidades á BiblioConmeniño: Xa tedes dispoñible toda a colección de "Sherlock, Lupin y Yo", que tanto bos gusta. E ademais, tamén tedes novos libros relacionados co PDI do Medio Ambiente. Achegádevos a botar un ollo!





mércores, 25 de novembro de 2020

25N CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

Hoxe, día 25 de novembro, é o Día Internacional para a Eliminación da violencia contra a Muller, e as nenas e nenos de todo o cole están traballando para erradicar estas actuacións.








martes, 17 de novembro de 2020

25N

 Bo día lectoras e lectores!

Achégase o 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, e Gusibot preparou unha estantaría chea de lecturas para entender mellor a temática deste día e todo o que o rodea: o feminismo, a igualdade, a ruptura cos estereotipos de xénero... Queredes afondar nestes temas? Achegádevos á BiblioConmeniño!

Apertas de Gusibot!



martes, 10 de novembro de 2020

NOVIDADES DE GUSIBOT

 Temos novos libros na Biblio! 

Hai libros sobre o Medio Ambiente para o noso PDI, libros de literatura e novos cómics!!

Achégaste a botar un ollo? 👀




martes, 27 de outubro de 2020

Día das Bibliotecas Escolares

O pasado 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas escolares, polo que, ao longo desa semana, aproveitamos para ir pasando curso por curso, con distancia e desinfección previa, pola nosa Biblio.

Así, repasamos cómo se buscaban libros na nosa Biblioteca, e tamén presentamos o PDI deste curso 2020-2012, o cal será unha continuación do ano pasado: "Conciénciate co Medio", pero con distintas subtemáticas:

- INFANTIL: O desxeo dos polos 

- 1º PRIMARIA: As abellas 

- 2º PRIMARIA: Animais e especies en perigo de extinción 

- 3º PRIMARIA: A alimentación 

- 4º PRIMARIA: A agricultura ecolóxica e a vida marina 

- 5º PRIMARIA: Quecemento global e fenómenos meteorolóxicos 

- 6º PRIMARIA: Os incendios forestais

 

Con todo, aproveitamos para levar para as bibliotecas de aula algún libro relacionado coa nosa subtemática:

 





luns, 19 de outubro de 2020

Mochilas viaxeiras

Bo día queridos lectores e lectoras!

Hoxe arrancan coma todos os anos, as mochilas viaxeiras para as vosas casas, e que así poidades desfrutar coas vosas familias das lecturas que van nela. Recordade que é moi importante que coidedes ben o que vai dentro e máis de devolvelo todo ao colexio sen esquecerse de nada para que o resto dos nenos e nenas poidan tamén desfrutar delas. Polo que vos pregamos, que revisedes ben o seu contido antes de devolvela ao cole.

Este ano, en vez de levar a mochila 15 días de luns a luns, farémolo de luns ao seguinte venres, é dicir, 12 días, para que así, a mochila poida gardar corentena durante ese fin de semana antes de pasar ao seguinte neno ou nena, polo que é moi importante que sexades moi puntuais con este tema. 

Esperamos que vos gusten os seus contidos, e moitas grazas pola vosa colaboración e axuda.

Apertas de GusiBot!



venres, 16 de outubro de 2020

🎃🎃 SAMAÍN 🎃🎃

Achégase o Samaín e GusiBot preprarou unha estantería chea de recomendacións de libros relacionados coa temática, atrevédesvos a entrar neste mundo de medo e emocións?👻💀🎃



Tamén preparamos un concurso de relatos de medo, para que vos convirtades en grandes escritores e escritoras. Revisade as normas de participación e... a escribir!! 

Apertas de GusiBot!!






luns, 5 de outubro de 2020

ABRIMOS DE NOVO AS PORTAS! Curso 2020-2021

Ola a todas e a todos!!

Xa estamos de volta!! A Biblio Conmeniño abre de novo as súas portas nos recreos para todos os amantes da lectura, pero este curso, farémolo con algunhas novidades para cumprir con todas as medidas de seguridade do COVID-19. 

Anímaste a visitarnos? Antes de entrar, le o cartel coas novas normas e despois... A LER!!

Apertas de GusiBot!!

                               










mércores, 20 de maio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS EN GALEGO

Bo día nen@s!!
Hoxe deixámosvos unha lista con diferentes recomendacións lectoras en galego, para que gocedes coas vosas lecturas. Agardamos que poidades encontrar títulos do voso interese:
  • Escarlatina, a cociñeira defunda de Ledicia Costas da Editorial Xerais.
Este divertido conto, achéganos á historia de Román Casas que quería ser un auténtico chef, polo que lle pediu aos seus pais un curso de cociña polo seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un agasallo moi singular, un cadaleiro acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar á cociñeira defunta, Escarlatina.
  • Milú de Manuel Rivas da Editorial Kalandraka.
Ela é a voz de moitos nen@s que están en situación de desvantaxe social e non poden gozar do seu dereito de vivir en familia Un libro solidario que nos lembra que tamén hai lugar para a esperanza.
  • Animais de compañía de Manuel Lourenzo da Editorial Kalandraka.
De boca en boca van por toda a vila os dimes e diretes sobre unhas estranas criaturas chegadas nunha caixiña. Un xogo de palabras rimado que sementa a confusión... e a risa!
  • Fume de Antón Fortes da Editorial OQO Literatira.
Nunha das realidades máis infernais do século XX - como foron os campos de concentración nazis - a inocencia, o cariño e a solidariedade son capaces de acender unha luz de esperanza no futuro.
  • O achado do Castro de Manuel Núñez Singala da Editorial Galaxia.
O autor lévanos á Roma antiga, xogando coa lingua e obrigando a que os personaxes falen coma nós, nos termos de hoxe en día. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos, barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.
  • O prodixio dos zapatos de cristal de Xose A. Neira Cruz da Editorial Galaxia.
Literatura e música danse a man neste musiconto (libro + cd) de xeito que se gozará de dúas experiencias á vez, tanto para os máis pequen@s como para as súas familias.
  • A cabeza de Medusa de Marilar Aleixander da Editorial Xerais.
Novela valente que trata un tema como a violación. Está destinada ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Dende a mesma noite da agresión comeza para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse en sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren poñer sobre elas ou aferrarse ao alento de aqueles que as apoian e buscan xustiza así como que superen o sucedido.
  • Feliz idade de Olga Novo da Editorial Kalandraka.
Versos dun presente puro e esperanzado que tenden pontes interxeracionais, entre pasado e futuro.
  • Brinca Vai! de Paco Nogueiras da Editorial Kalandraka.
Doce cancións para doce meses, na escola e mais no fogar. A natureza, a amizade, as nosas festas, os libros,... cantando e bailando ritmos contemporáneos de xeito lúdico.


Felices lecturas e apertas de GusiBot!!

martes, 19 de maio de 2020

EDLG - LETRAS GALEGAS 2020 - As pitas baixo a choiva

As compañeiras do EDLG do noso cole elaboraron coa vosa colaboración esta fermosa iniciativa para conmemorar o Día das Letras Galegas neste ano 2020.
A proposta traballa co conto As pitas baixo a choiva de Ricardo Carvalho Calero, acompañándoo das vosas ilustracións.
Aquí vos deixamos o enlace para que poidades gozar co resultado.

EDLG - Letras Galegas 2020 - CEIP Plurilíngüe Conmeniño






 Grazas ao EDLG do cole pola súa iniciativa e a tod@s os que colaborástedes!!


Felices lecturas a tod@s e apertas de GusiBot!!

luns, 18 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Bo día nen@s!! Como estades?
Como sabedes, onte, 17 de maio do 2020, foi a conmemoración do Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado foi Ricardo Carvalho Calero que foi historiador da literatura galega, profesor, crítico literario, lingüista e escritor e que naceu en Ferrol no ano 1910 e faleceu en Santiago de Compostela no ano 1990. 

Coa situación actual na que nos encontramos, a Real Academia Galega decidiu aprazar os actos conmemorativos ao día 31 de outubro do 2020.
Pese a iso, deixámosvos algunha alternativa virtual que nos acerca á figura deste autor.

Neste enlace podedes acceder ao seu conto As pitas baixo a choiva. Nesta páxina tedes o pdf do conto para ler cos máis pequen@s da casa. Ademais hai outros materiais como música inspirada no conto e unha unidade didáctica relacionada co libro.




Esta páxina web está dedicada especialmente aos nen@s de Educación Infantil e Primaria para a celebración das Letras Galegas, unha proposta da Real Academia Galega.
Nela podedes acceder a materiais como vídeos e audios, achegarnos en maior profundidade á obra do autor, descargables, materiais interactivos relacionados coas súa obras, ...  


Agardamos que estes materiais vos sexan de utilidade. Ao longo desta semana, iremos subindo outras propostas relacionadas coas Letras Galegas.

Un saudiño de GusiBot e felices lecturas!

xoves, 30 de abril de 2020

AS VOSAS FOTOS DO DÍA DO LIBRO

Ola nen@s!!!
Que tal estades? Espero que moi ben!!
Hoxe remataba o prazo de entrega e aquí vos deixamos as vosas fotos cos vosos marcapáxinas e tweets conmemorando o Día do Libro.

MOITAS GRAZAS A TODOS OS NEN@S QUE PARTICIPÁSTEDES E ÁS VOSAS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.

Que pasedes unha boa ponte.

Unha aperta de GusiBot!







xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL DO 2020

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL DO 2020
Ola nen@s! Que tal estades? Agardamos que moi ben!
Dende o equipo de biblioteca queremos facervos dúas propostas para conmemorar o Día do Libro, que como sabedes é hoxe, día 23 de abril.
1º proposta : PARA TODO O ALUMNADO DO COLEXIO.
Esta consiste en que fagades o voso propio marcapáxinas. Aquí vos adxuntamos dúas imaxes nas que tedes algúns exemplos moi orixinais e variados así como os diferentes materiais que podedes precisar. Ademais, tamén tedes un enlace que podedes visitar, nel detállese como facer este marcapáxinas paso a paso (como vedes na imaxe inferior da dereita).
Por último, cando xa o teñades feito, debedes coller o voso libro favorito e enviarnos unha fotografía na que se vexa o voso marcapáxinas encima da portada ou ben, colocado nunha páxina do libro.
Para enviarnos as fotos, deixámosvos o correo electrónico da biblioteca:













DEIXÁMOSVOS UN EXEMPLO DE COMO SACAR UNHA FOTO CO MARCAPÁXINAS COA PORTADA DUN LIBRO



2ª proposta: PARA O ALUMNADO DE 5º E 6 DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Neste caso consiste en que deseñedes o voso microrrelato. Para iso existen varias pautas:
1.   As vosas creacións non poden ter máis de 200 caracteres (coma se escribrírades un tweet na rede social Twitter, limitando a extensión das vosas mensaxes a un máximo de 200 caracteres). CREACIÓNS EN LINGUA GALEGA.
2.  A temática relacionarase co que están supoñendo para vos os libros e a lectura durante este período. 
3. AQUÍ TEDES OS MODELOS DESCARGABLES EN PDF PARA PODER FACELOS, XA PODEDES EDITALOS E ESCRIBIR DIRECTAMENTE DENDE O VOSO ORDENADOR CON SÓ DESCARGAR O PDF.


4.  Cando teñades lista a vosa creación tedes que enviala ao enderezo electrónico da biblioteca:  biblioconmeninho@gmail.com

Aquí vos deixamos unha imaxe adxunta:






MOI IMPORTANTE: TEREDES DE PRAZO UNHA SEMANA, É DICIR, ATA O VINDEIRO XOVES PARA MANDARNOS AS VOSAS CREACIÓNS. Tanto as fotografías dos marcapáxinas como os vosos microrrelatos. FACER FINCAPÉ, EN QUE REALICEDES OS ENVÍOS AO EMAIL DA BIBLIOTECA PARA NON SOBRECARGAR OS CORREOS DOS TITORES E DAS TITORAS.

Animádevos e enviádenos os vosos resultados!!!
Grazas pola vosa colaboración e unha aperta do equipo de biblioteca.

martes, 14 de abril de 2020

Museos na casa

Ola de novo a tod@s!
Como sabedes, dende diversos museos tamén procurar abrir as portas das nosas casas con diferentes alternativas que poñen á nosa disposición de maneira gratuita.
Por exemplo dende o Museo Guggenheim de Bilbao:

A través deste enlace, van ensinándonos os aspectos máis interesantes, descoñecidos ou curiosos do Museo para conseguir que o arte viva a través de nós.
Os expertos do Museo compatirán cada semana a súa visión máis persoal.

Outra iniciativa interesante é a do Museo do Prado de Madrid que a través da súa canle de Youtube comenta diferentes obras de artes para os máis pequen@s da casa.


Kalandraka TV - Contos contados

Ola nen@s!!
Que tal estades? Como foron as vacacións? Agardo que dentro das circunstancias tan especiais que estamos vivindo, fosen do mellor modo posible!!😀
Aquí vos deixo un recurso moi interesante da Editorial Kalandraka, que a través da súa canle de TV, nos achegan diferentes contos. Recoméndovos que a visitedes!!!
Dende aquí queremos darlle tamén as grazas á Editorial Kalandraka por esta iniciativa coa que achegan a literatura a moitos fogares!
Felices lecturas e apertas de GusiBot!!



venres, 27 de marzo de 2020

EDLG - Quédate na casa CEIP Plurilïngüe de Conmeniño

As compañeiras do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole tiveron esta bonita idea para compartir con tod@s vós.
Dende aquí queremos deixarvos tamén o enlace do vídeo para que vexades o resultado final... e xa sabedes... QUÉDATE NA CASA!😉

Moito ánimo e vémonos moi pronto! Saudiños de GusiBot!!

Mes da poesía

Bo día a tod@s!!
Como sabes o pasado día 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía, por iso, dende a biblio queremos deixarvos diferentes títulos de libros relacionados con esta temática.
Algunhas das recomendacións lectoras son as seguintes:

  • Escolma poética de Rosalía de Castro de Rosalía de Castro da editorial Kalandraka.
  • 12 poemas de Antonio Machado de Antonio Machado da Editorial Kalandraka.
  • 12 poemas de Federico García Lorca de Federico García Lorca da Editorial Kalandraka.
  • Cara de velocidade de Marga Tojo da Editorial Kalandraka.
  • O bigote de Mimí de Manuel María da Editorial Fundación Manuel María.
  • Emociones y sentimientos de Roberto Piumini da Editorial Edelvives.
  • Un poema para curar a los peces de Jean - Pierre Simeon e Olivier Tallec da Editorial Kókinos.
  • Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dalh da Editorial Alfaguara.
  • Abezoo de Carlos Reviejo da Editorial Susaeta.
  • Versos fritos de Gloria Fuertes da Editorial Susaeta.
  • El libro de Gloria Fueres para niñas y niños de Gloria Fuertes da Editorial Blackie Books.
  • Érase una pez: pequeños poemas para niños gigantes de Miki Naranja da Editorial B de Blok.
  • Versos de niños del mundo de Carlos Reviejo da Editorial SM.
  • Podrías de Joana Raspall da Editorial Takatuka.
  • Versos de colores de Carlos Reviejo da Editorial SM.
  • A lo bestia de Mar Benegas da Editorial Litera Libros.
  • Versos del bosque de Carlos Reviejo da Editorial SM.
  • Versos del mar de Carlos Reviejo da Editorial SM.
Algúns enlaces de youtube interesantes:




Felices lecturas e moito ánimo!! Saudiños de GusiBot!