xoves, 29 de decembro de 2016

O nadal do espazo


Qué tal ratiños e ratiñas? Como ben sabedes este ano 2016 está rematando, esperamos que fora un ano de grandes experiencias das que poideramos desfrutar e aprender. Agora só queda recibir o novo ano con moita enerxía para plantexarnos novos retos e vivenciar cada un deles con todo o agarimo e felicidade posible. Dende o Ceip Conmeniño, como tódolos anos, desfrutamos dun festival de nadal onde todos fomos protagonistas. Cada curso elaborou unha presentación do seu proxecto e posteriormente unha pequena actuación coa que mostrar e abraiarnos coas súas habilidades. Aquí vos deixamos o resultado.

 BO NADAL!!!!!










from Biblioconmeninho on Vimeo.
3º primaria from Biblioconmeninho on Vimeo.
4ºA from Biblioconmeninho on Vimeo.
4º b from Biblioconmeninho on Vimeo.
from Biblioconmeninho on Vimeo.
from Biblioconmeninho on Vimeo.

xoves, 15 de decembro de 2016

Logo do proxecto

Neste mes de decembro escollemos o noso logo identificativo da nosa viaxe polo espazo. O logo seleccionado foi o realizado por Jorge de 4º B, que eles mesmos elaboraron  a gran escala para decorar a nosa entrada xunto o mural principal.


mércores, 14 de decembro de 2016

Novas de outubro e novembro

Ola ratiños, debido a problemas co blog non puidemos actualizar ata este intre, polo cal farémosvos un resumo de tódalas actividades realizadas nestes meses de outubro e novembro.

De principio puxemos en marcha as nosas mochilas viaxeiras como tódolos anos.



 
Tivemos a visita de Marina e Uxía dende a biblioteca do Grove contando un conto os mais pequenos do cole e fomentando o uso das bibliotecas e o amor pola lectura.

Tamén decoramos as nosas portas de clase en relación o noso PDI "dunha viaxe polo espazo" e fixemos unha visita a todas elas divididos en grupos explicando cada alumno/a desa clase o traballo realizado en canto o proxecto e a pertinente decoración.









 
No mes de novembro poidemos disfrutar dun contacontos ilustrado debido o 100 aniversario do nacemento do autor grovense Manuel Lueiro Rey grazas  ó colectivo Polo correo do vento, integrado por Enrique Mauricio e Carlos Taboada. Ó  final da sesión todos e todas nos transformamos en pequenos ilustradores facendo unha caricatura do autor homenaxeado.