martes, 27 de outubro de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015 - emocionARTE

Ola a todos!
Como sabedes, o sábado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares. Por este motivo, durante estes días estamos a ter algunhas actividades relacionadas con esta festividade. 

Primeiro de nada, un resumo das aulas deste curso, xa ambientadas para ser, a través do proxecto da biblioteca, "base de exploracións", como di o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso. Aí vai un pequeno resumo!

DÍA BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015: emocionARTE on PhotoPeach
E, para ver todas as fotos, só tedes que premer AQUÍ.

Estade atentos, que haberá algunha cousiña máis relacionada coa nosa biblioteca!

martes, 20 de outubro de 2015

E... XA TEMOS LOGO PARA O NOSO PROXECTO DESTE CURSO!

Ola a todos!
Despois do concurso de logos, xa temos o logo oficial para o noso PDI deste curso "EmocionArte: unha viaxe polo mundo das artes e as emocións".
Foi imposible escoller só un, así que o logo final é unha compilación dos presentados por Lucía (3ºA), Sara (5º), Noa (6º) e Julia (6º). Elas, xunto cunhas compañeiras elaboraron o logo final que xa da a benvida á nosa biblioteca.

Bo traballo!

venres, 16 de outubro de 2015

OS NOSOS LIBROS DUN VERÁN EMOCIONANTE

Ola!
Este ano nas mochilas viaxeiras, ademais de varios exemplares de diferente tipo da nosa biblioteca, van uns libriños de creación propia. Trátase duns libros sobre as emocións do verán. Aquí vos deixamos algunhas imaxes, pero para descubrilos completos teredes que agardar a que vos toque levar a mochila!












xoves, 15 de outubro de 2015

COMEZAN AS INVESTIGACIÓNS SOBRE O NOVO PROXECTO ANUAL "EMOCIONARTE, UNHA VIAXE POLO MUNDO DAS ARTES E DAS EMOCIÓNS!

Ola a todos!
Hoxe traémosvos unhas imaxes coa nosa primeira investigación relacionada co proxecto anual "EmocionArte, unha volta polo mundo das artes e das emocións".

Foi unha investigación diferente, xa que fixemos un traballo de campo. Os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria desprazámonos ata o centro da nosa vila para ir visitar a Galería Besada e aprender máis cousas sobre as esculturas que están no paseo marítimo.
Para isto, previamente no cole, aprendemos por que hai tantas esculturas na nosa vila (máis de 100!) e observamos imaxes dalgunhas delas tratando de averiguar o seu título e significado. A nosa misión hoxe era averiguar o título e oa autor dalgunhas delas, inventarlles un título a aquelas que non o tiñan e tamén recoller que emocións nos trasmitían en directo.
Empregamos un caderniño de recollida de información que se pode descargar premendo na imaxe inferior: 
https://drive.google.com/file/d/0Bw38HPMmDU_OSGNvUDdEOENrZms/view?usp=sharing

E aquí vos deixamos algunhas imaxes do día de hoxe. Coma sempre, se queredes ver máis fotos, podedes descargalas AQUÍ.






Ademais disto, tamén visitamos a Galería Besada, onde, Carlos Besada, moi amablemente, se ofreceu a falarnos de distintos tipos de pintura, diferentes técnicas, presentounos obras de arte de varios autores. Puidemos primeiro ver por nós mesmos as obras que ten expostas neste momento e despois, moi atentos, explicounos unha morea de cousas.




Foi un día xenial, no que ademais de aprender moitas cousas pasamos un rato moi divertido, incluíndo o paseo dendeo colexio ata o centro. Chegamos cansos pero encantados!

 De novo, moitas grazas a Carlos Besada, da galería Besada, por convidarnos á súa Galería e compartir con nós a súa arte e a doutros artistas. 

mércores, 14 de outubro de 2015

DESCUBRIMOS O TEMA DO PROXECTO DESTE CURSO!

Ola a todos!
Hoxe tráiovos as fotos do pasado venres 25 de setembro, o día  no que coñecemos o título do proxecto sobre o que imos traballar neste curso. 
Despois das pistas da entrada, o Ratiño e a Ratiña deixáronnos uns cadros. Despois de observalos, debatimos sobre que nos transmitían e puxemos esas emocións arredor dos cadros. Os cadros viaxaron por todas as clases do cole para que entodos os grupos lle puxesemos o que nos transmitían.

Deste xeito descubrimos diferentes formas nas que os pintores representan a alegría, a tristura, a tranquilidade, o medo... Descubrimos tamén diferentes tipos de pintura: abstracta, figurativa, realista...
 Fomos investigando para descubrir o título destes cadros e o seu autor e agora os cadros, coas emocións que nos transmitiron, decoran os corredores do noso colexio.





Con isto dos cadros xa todos os nenos comezaron a facer as súas prediccións, ata que chegou o día da presentación do proxecto! Os maiores do cole traballaron un montón para telo todo preparado.


Ese día, ao chegar ás aulas tiñamos unha sorpresa, NOTA DOS RATIÑOS! Deixáronnos unha mensaxe na que nos dicían que tiñamos que atopar unha palabra agachada na nosa aula e levala á biblioteca despois do recreo para, unha vez alí, formar o título do proxecto deste curso.
Unha vez cumplida esta misión, despois do recreo xuntámonos todos  na biblioteca.
 

 
Unha vez alí, entre todos, desciframos o título do proxecto deste curso: "EMOCIONaRTE, UNHA VIAXE POLO MUNDO DAS ARTES E AS EMOCIÓNS" 
E, despois disto, os nenos de 6º contáronnos o conto "O monstruo de cores"