Amosando publicacións coa etiqueta MAGOSTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAGOSTO. Amosar todas as publicacións

domingo, 10 de novembro de 2024

Magosto 2024

 Ola familias, 

O 5 de novembro celebramos o noso tradicional Magosto acompañados e acompañadas, unha vez máis, do castañeiro Tin. Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo resumo da nosa xornada.


 

Logo da degustación, aproveitamos para xogar aos xogos de sempre. A choiva quixo acompañarnos, polo que a actividade tivo que realizarse no pavillón. Aínda así todas/os o pasaron de marabilla!

 

sábado, 25 de novembro de 2023

Magosto

Novembro é mes de castañas, por iso no cole tamén celebramos o Magosto. En primeiro lugar, degustamos unhas deliciosas castañas co noso castañeiro de confianza, Tin. Logo, todos os cursos, de forma internivel, realizamos un baile que tiñamos preparado. 
Ademais, durante esa semana tivemos a sorte de coñecer e xogar a xogos populares, pero isto verédelo na seguinte publicación 😉








 

luns, 16 de novembro de 2015

MAGOSTO 2015!

 Un ano máis, polo San Martiño, organizamos o Magosto no colexio. Este ano implicámonos en todos os pasos, polo que comezamos picando as castañas que a ANPA mercou para a ocasión.

                 

Aprendemos a facer os cucuruchos para gardalas reciclando follas de xornal.



 E, xa no día propio, mentres se asaban as castañas...


Pasamos un moi bo rato cos diferentes xogos cooperativos que organizou Pilar, a mestra de Ed. Física, e dos que se encargaron os nenos de 6º de ser os monitores explicando as normas e axudando durante os xogos.

                    




      

     

 Unha vez rematados os xogos, polos que fomos rotando todos os equipos, chegou a hora de comer as castañas!



Mmmm! Estaban boísimas! Moitísimas grazas á ANPa por encargarse de mercar as castañas e aos convidados especiais que viñeron axudar a asalas. Deica outra a todos!
Ah! E coma sempre, se queredes ver máis fotos do fermoso día, só tedes que premer AQUÍ.

xoves, 4 de decembro de 2014

XOGANDO E COMENDO POLO MAGOSTO 2014!

Un ano máis, celebramos o magosto, non puido ser no Día de San Martiño por mor da choiva, pero houbo Magosto!

E, como non podía ser doutra maneira, alí estaban os reporteiros larpeiros de 6º para documentar o momento. Deixámosvos aquí o vídeo que prepararon cos diferentes xogos e a castañada!

Agardamos que vos guste!