martes, 28 de maio de 2013

E ... ISTO QUE É?

Ola ratiños! Hoxe tráiovos o vídeo dunha historia/poema escrito polos alumnos de 6º de primaria. Queredes saber de que vai? Mirade o vídeo para descubrir "E ... isto que é?"



A min encantoume (encántame ser protagonista dos vosos traballiños!), espero que vos guste!
Saudiños de ratiño curioso!

venres, 24 de maio de 2013

xoves, 23 de maio de 2013

XOANIÑAS, XOANIÑAS...

Dentro do noso proxecto de investigación "O ratiño quere saber, quen vive aquí? Ti que ves pola túa fiestra?, os nenos de 1º decidiron investigar as xoaniñas, as súas características, o seu ciclo de vida, ... E para completar e repasar todo o aprendido, empregaron este Lim.


Cantas cousas da natureza estamos a aprender todos este ano!

luns, 20 de maio de 2013

A NOSA NATUREZA ANIMADA :)

Ola ratiños, hoxe tócalle o turno ao inglés, bueno ao "English" que seica se di... Tráiovos uns vídeos elaborados cos nenos e nenas de 2º a 4º sobre o seu traballo de investigación dentro do proxecto "O ratiño quere saber... quen vive aquí? Ti que ves pola túa fiestra?" Despois de moito observar, parece ser que dende a aula de inglés o que máis se vía  era a choiva, pero outros días (aínda que poucos este ano...) era o sol, polo que, tras moito pensar, comezaron as conversacións sobre os cambios de tempo, por que se producían estes e ... finalmente, as estacións do ano, que foi o tema escollido. O traballo consistiu en buscar elementos típicos en cada estación do ano e animalos. Convertímolos en personaxes, protagonistas das nosas historias sobre as estacións do ano. Así naceron...
"Autumn, autumn, what do you hear?"
"Winter, winter, what do you feel"
"Spring is here, what do you see?"
E estamos traballando en "Summer, summer, what do you smell"
Como podedes ver, asociamos cada estación a un sentido, co que traballamos así moito vocabulario que tivemos que consultar no dicionario, no computador...
Para o Día do libro elaboramos un libro de cada unha das historias, e ademáis estamos a elaborar pequenos vídeos baseados nas nosas historias.
En relación coa historia "Winter, winter, what do you feel", os nenos de 4º elaboraron esta sinxela animación experimentando coa técnica de Stop Motion.


domingo, 12 de maio de 2013

NO DÍA DO LIBRO... CONTACONTOS!

O pasado 23 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro, recibimos unha visita moi especial. Viñeron ao noso cole Olalla e Mark Taeger.


Sí! Unha contacontos e un pintor, que viñeron cargados de historias e ilustracións para nós. Pasamos un rato xenial escoitando as historias "O soño de Matías" e "Griselda", dúas historias duns ratiños moi especiais! E tamén co conto "O artista que pintou un cabalo azul".


Olalla traia os contos, e mentras ela os contaba, a Mark Taeger se lle ían ocurrindo cousas que despois plasmaba nun papel. Aquí o podedes ver ilustrando a Matías e a súa namorada, Griselda (unha Griselda moi especial a súa...)Mirade, mirade!

Foi unha mañá moi divertida, chea de contos e arte para celebrar o Día do Libro. E ademais disto, tivemos tanta sorte que nos deixaron os cadrs feitos por Mark como agasallo para a nosa biblioteca.




Premendo no CIGALADRILO poderedes ver e descargar o resto das fotos da actividade.
Saudiños de ratiño lector!

mércores, 8 de maio de 2013

A NOSA FEIRA DO LIBRO

Unha das actividades organizadas co gallo do Día do Libro no noso cole, foi unha Feira do Libro. ë unha feira exposición, xa que non se pode mercar o exposto.

Os axudantes de biblioteca traballaron duro para preparar a exposición:

                     




                     

 Que quedou así:



 

             

A nosa Feira do Libro conta con dúas partes: por unha banda, textos (poemas, banda deseñada, libros varios,...) elaborados polo noso alumnado; e, por outra banda, libros de antes, e dicir, libros que lían os papás e avós do noso alumnado. A Feira continuará exposta ata o 20 de maio, polo que aínda podedes ir visitala e desfrutar coa lectura nun recuncho diferente!


Ademais destaexposición no corredor do cole, os nenos de Ed. Infantil, organizaron a súa propia feira do libro nas aulas, unha exposición cos sus libros favoritos.

          

Ao ratiño gusoulle tanto a feira que montamos que nos preparou uns pequenos agasallos, unhas flores moi pero que moi doces!


Se queredes ver máis imaxes ou descargalas, só tedes que premer AQUÍ.

domingo, 5 de maio de 2013

SENSIBILIZÁNDOSE CO MEDIO AMBIENTE EN ED. INFANTIL

Ola ratiños!

Hoxe tráiovos uns estupendos traballiños que estiveron a realizar os nenos de Ed. Infantil. Como este ano estamos a traballar sobre a natureza, parece que os máis pequenos do cole se teñan sensibilizado co coidado do medio ambiente e nos propoñen o seguinte:

En 4º de Ed. Infantil convertéronse en... XARDINEIROS!



En 5º de Ed. Infantil traballaron con obxectos de refugallo, mirade, mirade!



E xa para rematar... en 6º de Ed. Infantil aprenderon como vai a reciclaxe, atendede, atendede!