Amosando publicacións coa etiqueta biblio creativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblio creativa. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de maio de 2024

Taller de selos creativos na semana do libro

 


Para conmemorar a semana do Libro, en relación coa dinamización dos recreos de biblio, os máis pequeniños do cole decoraron o seu propio marcapáxinas. Logo, igual que os maiores, crearon o seu selo con lacre. 



Aquí podedes ver algunhas imaxes de como foron os nosos recreos creativos:














sábado, 30 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE CHAPAS POLO 8M

 Este ano, en relación coa Biblioteca Creativa, nos recreos de biblio fixemos un obradoiro de creación de chapas polo 8M. En primeiro lugar, foi o alumnado de 6º curso o que aprendeu a usar a máquina e a facer os seus primeiros deseños en Canva, para así poder transmitir todos os seus coñecementos aos máis pequenos do cole. Foi todo un éxito!!