xoves, 30 de xuño de 2016

UN FIN DE CURSO EMOCIONartístico!

Ola a todos! 
Pouco a pouco iremos compartindo as nosas actuacións de fin de curso, pero mentres, deixámosvos con algunhas imaxes do acto de graduación. 

Máis fotos premendo AQUÍ.
Deixámosvos tamén os vídeos cos que despedimos aos nenos de 6º EP e co que os nenos de 6º EI despediron o seu paso pola etapa de Ed. Infantil.




 Se queredes descargar as imaxes do vídeo de 6º EP só tedes que premer AQUÍ.

martes, 21 de xuño de 2016

RAPACES E RAPAZAS Nº 74

Ola a todos!
Xa está na rúa (e nas vosas casas) o último nº da revista "Rapaces e Rapazas", a nosa revista escolar. Deixámosvola a continuación.

Parabéns, rapaces, moi bo traballo!

xoves, 16 de xuño de 2016

EXPLORADORES DE MUSEOS

Polo Día dos Museos (18 de maio), os nenos de 6º fixeron un pequeno traballo de investigación en inglés. En pequenos grupos foilles asignado un museo sobre o que tiveron que, primeiro de nada, procurar información e encher unha folla de recollida de datos. 

Despois disto tiveron que deseñar como o ían presentar nun vídeo de presentación coma se estivesen alí. Escribiron o guión do texto a presentar coa información que procuraran, buscaron imaxes para facer de fondo na súa presentación e deseñaron un sinxelo "storyboard".

 Con todo isto, comezaron os ensaios, logo as gravacións e as posteriores montaxes dos vídeos, completamente feitas por eles empregando as cámaras dos Ipads, a aplicación Green Screen para o efecto croma e o imovie para a montaxe e edición do vídeo final.

Aquí vos deixamos o resultado do proxecto. Agardamos que vos guste!

Visita ao MET:

Visita ao Guggenheim:


No Walker Art Centre:


No Louvre:


Visitamos o Globe Museum:


Visita ao TATE:

mércores, 8 de xuño de 2016

CARREIRA DE ORIENTACIÓN CON ARTE E EMOCIÓN


Este curso está chegando ao remate, e dende a área de Educación Física puxemos a proba o aprendido.
            Co bo tempo que nos invita a facer actividades no exterior, este trimestre algúns nenos de primaria traballaron a orientación, e remataron facendo unha proba na que tiveron que buscar polo cole todas as preguntas posibles e respostar ás mesmas.
            Asi, correndo, correndo, e pensando, pensando, sumaron un montón de puntos, cos que demostrar que ademais de estar en boa forma, aprenderan moooitas cousas.




As preguntas estaban relacionadas co proxecto anual e coas diversas áreas.


Todos o fixeron moi ben e aquí temos aos que conseguiron a maior puntuación.


Noraboa a todos!

luns, 6 de xuño de 2016

reciclARTE

Ola a todos!


 Polo Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), os nenos de 4º de primaria elaboraron uns instrumentos musicais xeniais feitos con materiais reciclados. 




                    



mércores, 1 de xuño de 2016

O NOSO EMOCIONARIO

Ola a todos!

Xa rematando este curso tan emocionante e artístico, presentámosvos o noso Emocionario, no que traballou todo o colexio durante o mes das Letras Galegas e que o Equipo de TIC do colexio montou. Agardamos que vos guste!