martes, 30 de abril de 2019

Novidades inclusivas

Como sabedes, na nosa biblio temos importante novidades!!
Temos novos libros que apostas pola inclusión de tod@s e que nos dan outra ollada do mundo, algo sempre enriquecedor!
Animámosvos a que nos visitedes e gocedes con algunha destas lecturas!!
Apertas de GusiBot!!
Algunhas das novidades de inclusión

Os nosos libros!!

Neste terceiro trimestre, pedímosvos que fagades a portada do voso libro favorito ou algunha imaxe que consideredes que representa ao texto que escolledes.
Para participar podedes pedir na biblio a cartolina que vos darán para que fagades o voso deseño!
Animádevos, xa que todas se expoñeran no corredor da biblioteca.
Grazas a tod@s pola vosa participación!!
Apertas de GusiBot!!

Os venres, sorteos na biblio!!

Como sabedes, neste terceiro trimestre comezamos cos sorteos na nosa biblioteca para aquelas persoas que levedes algún libro ás vosas casas.
Para participar teredes que cubrir un papeliño que vos darán @s axudantes da biblioteca e na que escribiredes o voso nome e apelidos así como o curso no que estades. Lembrade que cada semana como máximo podedes introducir tres papeliños, non máis.
TODOS OS VENRES DURANTE O RECREO FAREMOS O SORTEO.
Grazas e felices lecturas!!

As persoas gañadoras do sorteo na primeira semana foron:
Antía Varela de 5º de EP e Joel Duarte de 5º de EP 





Moita sorte nos vindeiros sorteos e un saudiño de GusiBot!!

Marcalibros

Este ano puxemos en funcionamento os marcalibros elaborados polos propios alumn@s.
Recordade que cada vez que levedes un libro para a vosa casa, situaredes o marcalibros no lugar deste, para que ao devolvelo vos facilite a colocación do mesmo.
Graciñas e apertas de GusiBot!!

luns, 29 de abril de 2019

Semana da prensa e Día Internacional da Muller

Con motivo da conmemoración da Semana da Prensa e tentando relacionala coa importancia da figura da muller na sociedade, dende a biblioteca, propuxemos a actividade de que o alumnado trouxese da súa casa unha noticia na que aparecese unha muller (do eido da literatura, do arte, da política, da ciencia, do deporte, ...) para posteriormente realizar un mural con nomes representativos do feminismo ou de persoas que loitaron pola defensa dos dereitos e da igualdade da muller na sociedade.
Podedes ver o mural no corredor da biblioteca, pero de todos xeitos, aquí vos deixamos dúas fotos.

Saudiños de GusiBot!!





Alumnado colaborador

Como sabedes, dende o segundo trimestre tamén está en funcionamento o alumnado axudante da biblioteca. Este curso forman parte do mesmo os nen@s de 6º de EP, 5º de EP e tamén de 4º de EP.
Dende aquí, queremos darvos as grazas polo voso interese e por toda a axuda no funcionamento da nosa biblio!!
Recordade que na porta da biblioteca temos o calendario coas persoas colaboradoras de cada mes.
 
Apertas de Gusibot


xoves, 25 de abril de 2019

8 de Marzo ... Día Internacional da Muller!!

No mes de marzo, conmemoramos a figura da muller. Un aspecto que consideramos fundamental para acadar una igualdade real na sociedade na que vivimos e na que formarán como adult@s os nen@s de hoxe.

Unha das actividades foi o visionado da película "Figuras Ocultas" na que se poñen de relevancia diferentes temas como a figura das mulleres, o color da pel e a loita contra o racismo, ou a ciencia e as dificultades que as mulleres tiñan que sobrepasar en determinados campos de traballo coma este. Sen dúbida, una película moi interesante e da que puidemos aprender moito.


A continuación deixámosvos algunas das recomendacións lectoras do noso recuncho do mes de marzo relacionado coa conmemoración do Día Internacional da Muller.


  • Todos deberíamos ser feministas de Chimamanda Ngozi Adiche.
  • Como educar en el femenismo de Chimamanda Ngozi Adiche.
  • El diario de Anne Frank.
  • Mil soles espléndidos de Khaled Hosseini.
  • Parece una rosa de Rosalía de Castro.
  • Mulleres bravas da nosa historia: Rosalía de Castro de María Lado.
  • Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno de Eli Ríos.
  • Mulleres bravas da nosa historia: Xulia Mingallón de María Reimóndez.
  • Mulleres bravas da nosa historia: Maruja Mallo de Elvira Ribeiro.
  • A pirata Penamora de José Daniel Buján.
  • Rapazas de Agustín Fernández Paz.
  • Mi superabuela de Marta Cunill.
  • Marie Curie la actividad del radio de Jordi Bayarri.
  • A superavoa de Antón de Joséfot Casares.
Agardamos que vos animedes e teñades unas felices lecturas!!
Saúdos de GusiBot!!!

Día de Rosalía de Castro

No mes de febrero, traballouse o día de Rosalía de Castro, una figura fundamental dentro da cultura galega. O pasado 24 de febreiro, coincidindo coa data de nacemento da autora, preténdese traballar os seus poemas así como manter viva a súa figura entre os máis pequen@s.

Aquí vos quedan algunas fotos da actividade que está exposta no corredor da biblioteca.

Apertas de GusiBot!!









Un Entroido en relación ao PDI

Como recordaredes, no Entroido, os diferentes cursos disfrazámonos relacionando a temática do PDI deste ano cos disfraces. Aproveitando que tamén traballamos a reciclaxe con Sogama, no noso cole decidiuse facer un desfile de Entroido moi especial!!
Os nen@s de Educación Infantil disfrazaronse con fenómenos relacionados coas estacións do ano, con disfraces moi bonitos e orixinais.
En 1º e 2º de EP, os nen@s foron divertidos científicos, Marie Curie moi ben caracterizadas, …
En canto aos pequen@s de 3º de Primaria, foron uns magníficos agricultores acompañados da súa ferramenta, tractores, …
No tocante ao alumnado de 4º de EP, transformáronse nuns espectaculares robots.
Os alumn@s de 5º de Primaria, foron fantásticos buzos.
Por último, o 6º curso, eran os fotógraf@s de todo o acontecemento, iban caracterizad@s dunha forma boísima.


En breves, subiremos diferentes fotos así coma un vídeo do desfile.

mércores, 24 de abril de 2019

Día do amor e da amizade... Dillo con versos!

No mes de febreiro, conmemoramos o día do amor e da amizade.
Os nen@s tiñades que elaborar unha postal na que escribírades os vosos versos, ben inventados por vós ou buscados nalgún poema que xa existe.
Eses versos dirixían ás vosas nais e pais, ás vosas irmás e irmáns, áos vosos amig@s, á natureza … entre otras temáticas.
Aquí vos quedan algunas fotiños dos traballos expostos no corredor da bilioteca ademáis das recomendacións lectoras do recuncho do mes.

Saudiños de GusiBot!!

Recomendacións lectoras:
  • 365 Glorierías infantiles de Gloria Fuertes.
  • Parece unha rosa de Rosalía de Castro.
  • Poemas de la oca loca de Gloria Fuertes.
  • Versos fritos de Gloria Fuertes.
  • Gloria Fuertes para niños.
  • Poemas y canciones de Roald Dahl.
  • Los versos del libro tonto de Beatriz Giménez.
  • Versos para niños nocturnos de Ángel Fernández.
  • 12 poemas de Federico García Lorca.
  • El baile diminuto de María José Ferrada.
  • Miguel Hernández 25 poemas ilustrados.
  • El poeta y el mar de María Wernicke.
  • Claro de luna de Qingyun Huang.



Recomendacións lectoras do mes

Aquí deixamos as recomendacións lectoras da nosa bilbio durante o mes de xaneiro así como algún dos libros que seleccionamos para o noso recuncho do mes, relacionados coa conmemoración do Día Escolar da non violencia e da Paz.
Agardamos que gocedes moito coas lecturas!! Saudiños de GusiBot!!

Lecturas recomendadas:


  • Negros y blancos de David Mckee.
  • Bandada de Marta Julia Díaz.
  • Cometas en el cielo de Khaled Hosseini.
  • Mil soles espléndidos de Khaled Hosseini.
  • Wonder. La lección de August de R.J.Palacio.
  • Todos somos Wonder de R.J. Palacio.
  • Charlotte tiene la palabra de R.J. Palacio.
  • El juego de Christopher de R.J. Palacio.
  • La historia de Julian de R.J. Palacio.
  • O diario de Ana Frank.
  • El monstruo de coleres de Anna Llenas.
  • Emocionario de Cristina Núñez.
  • Elmer de David Mckee.
  • O neno co pixama de raias de John Boyne.
  • O que lle aconteceu a Barbany Brocket de John Boyne.
  • Quedaos en la trinchera y luego corred de John Boyne.
  • El gran libro de cuentos con valores de Esteve Pujol.
  • Unha longa viaxe de Daniel H. Chambers.





A visita de Celtia Figueiras pola conmemoración do día da Paz

Unha visita moi especial foi a de Celtia Figueiras, que cos seus títeres, contounos uns contos maravillosos e cos que rimos moitísimo!! 
Grazas pola túa visita Celtia e agardamos vernos en outras ocasións no noso cole!

Aquí tedes algunhas das fotos dese día. 

Saudiños de GusiBot! 






Nova decoración e novas adquisicións

Ao longo deste curso tamén remodelamos parte da decoración da nosa biblio.
Para iso contamos coa axuda de todo un experto, Álex!!! Dende aquí queremos agradecerche o teu esforzo! Tanto os nen@s do Conmeniño coma GusiBot estamos encantados! Grazas Álex!!!





Recomendacións lectoras de Nadal

Aquí deixamos algunhas das recomendacións lectoras que fixemos no recuncho do mes da nosa biblio para as vacacións do Nadal.

Lecturas recomendadas:

  • O castiñeiro do apalpador de Inaco.
  • O apalpador e o arco da vella de Xoán G..
  • El principito de Antoine de Saint-Éxpery.
  • How many sleeps till Christmas? de Mark Sperring.
  • Olivia y el regalo de Navidad.
  • Sueños de nieve de Eric Carle.
  • El árbol de la escuela de Antonio Sandoval.
  • Te quiero (casi siempre) de Anna Llenas.
  • El cazo de Lorenzo de Isabel Carrier.
  • Perdido y encontrado de Oliver Jeffers.
  • Aquí es mi casa de Jerome Ruillier.
  • 80 valores y virtudes que te gustará conocer, con ilustracións de Violeta Monreal.
  • Rosa caramelo de Adela Turín.
  • Monstruo Rosa de Olga de Dios.
  • El camaleón camaleónico de Eric Carle.
Desexamos que vos gusten!! Apertas de GusiBot.






Sensibilizándonos

O pasado 3 de decembro, celebramos a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Os diferentes cursos, nas sesións de Educación Física, fixéstedes diferentes xogos para sensibilizarnos e achegarnos ás persoas que teñen algún tipo de discapacidade.
A continuación deixámosvos algunhas fotos así como algunhas lecturas moi recomendables para esta data.
Apertas de GusiBot!!

Lecturas recomendadas:
  • Cuentos para soñar un mundo mejor de FASAD.
  •  Super Char de Down España: para ser un superhéroe sólo hay que proponérselo.
  • La tortuga Marian. (Síndrome de Down).
  • El libro negro de los colores. (Visión).
  • Crescendo (Audición).
  •  La niña que caminaba entre aromas.
  • Juan tiene autismo.
  • Tengo Síndrome de Down.
  • Quisiera ser un coche. (Discapacidade motora).
  • Mira, ¡puedo hablar con los dedos!.
  • Planeta Willy.
  • Mimi y la jirafa azul.
  • El cromosoma de Beatriz.
  • Sofía, la golondrina.
  • Mariluna.
  • Tono.
  • Me cuesta leer.
  • Supersorda.
  • Downtown.
  • Mallko y papá.
  • María y yo.
Agardamos que vos gusten!



Un samaín de ciencia!!!!

Boas de novo a tod@s!!
Unha data que celebramos de xeito especial este ano foi o Samaín! Este ano relacionámolo co PDI e as cabazas que decorástedes, tiñan que relacionarse co mundo da ciencia.
Houbo deseños moi orixinais!! Aquí vos deixamos algunhas fotiños!
Ademais dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tamén participástedes no concurso de contos terroríficos!!! Lembrade, que os relatos gañadores, podedes lelos na biblioteca!!
Moitos saúdos de GusiBot!!

Un Cole Con-Ciencia

Como xa sabedes, o PDI do centro, este ano está relacionado coa ciencia.
As temáticas que se traballarán serán as seguintes:

  • Educación Infantil: As estacións do ano.
  • 1º de Educación Primaria  e 2º de Educación Primaria: Experimentos científicos e científicos.
  • 3º de Educación Primaria: A ciencia na agricultura.
  • 4º de Educación Primaria: A robótica.
  • 5º de Educación Primaria: A ciencia no mar.
  • 6º de Educación Primaria:  A fotografía.


Ao longo do curso seguro que aprendedes un montón de cousas!!!

Apertas de GusiBot!!

PDI... Escape Room

Como recordaredes, ao inicio deste curso en outubro, fixemos un escape room cada un dos cursos, que nos proporcionou diversas pistas para descubrir cal era a temática do noso proxecto documental integrado.
Aquí vos deixamos algunhas fotos vosas en plena acción!!
Saudiños de GusiBot!













venres, 12 de abril de 2019

Anímate a ler!!

Ola de novo!!
Por aquí vos deixamos algunhas fotiños con algún do material que viaxa nas mochilas viaxeiras que tedes nos vosos cursos.
Recordade que tamén levades o diario dunha mochila viaxeira, para completar coas vosas experiencias con todas esas aventuras que vivides con cada libro!


Unha aperta moi grande de GusiBot!

As mochilas viaxeiras

Bo día nen@s!
Este ano en cada aula do noso cole, temos en viaxe, dúas mochilas, lembrádevos que é moi importante traela nos prazos establecidos así como coidar todo o material que conteñen.


A mochila viaxará á casa 15 días – de luns a luns - (agás se coincide con vacacións), e é MOI IMPORTANTE que regrese o luns correspondente para que todo o alumnado da aula teña a oportunidade de gozar dela.



Graciñas e saúdos GusiBotianos!!

A NOSA NOVA MASCOTA... GusiBot!

Como sabedes, ao inicio deste curso, cambiamos a nosa mascota da biblio e entre todo o cole, escollemos a nosa nova mascota, GusiBot!
Estes son os debuxos finalistas así como a mascota gañadora!
Saudiños!!
Debuxos feitos por: 

Xoel, Nicol, Eloy, Gabriel, Álvaro e Tristán.