xoves, 6 de xuño de 2019

Recomendacións audiovisuais en galego

Hoxe queremos deixarvos uns vídeos moi chulos e divertidos sobre diferentes contos que tamén temos na nosa biblioteca.
Son de OQO Filmes e están en lingua galega, durante a semana das Letras Galegas visionamos algúns cos máis pequenos do cole.
Animadevos a velos! Apertas de GusiBot!!

Aquí vos deixamos algúns enlaces:

  • A bruxa regañadentes, sen dúbida, un dos favoritos dos máis pequen@s.
OQO FILMES EN GALEGO - A BRUXA REGAÑADENTES

  •  Corre corre, cabaciña, tres animais e unha avoa son os protagonistas desta divertida historia.
OQO FILMES EN GALEGO - CORRE CORRE, CABACIÑA

  • A tartaruga que quería durmir, un fermoso conto no que a amizade, non deixa pegar ollo.
OQO FILMES EN GALEGO - A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR

  • Cocorico, son varios os contos que hai deste protagonista, aquí deixamos un, o de gato pelado.
OQO FILMES EN GALEGO - COCORICO - GATO PELADO

  • A pota que trota, divertida historia tradicional danesa que nos amosan neste vídeo.
OQO FILMES EN GALEGO - A POTA QUE TROTA

  • Tres desexos, unha historia de tradición oral portuguesa na que se pon en valor o poder dos soños e a felicidade.
OQO FILMES EN GALEGO - TRES DESEXOS

Ademais destes, hai máis opcións no seguinte enlace, con contos como A princesa do Caurel, Mister Corvo, Ollobrusco, Caracois, Loboferoz, O papón, ...
  

 




Mes de xuño

Recordade que durante o mes de xuño a biblio do cole xa non está aberta polas tarde como ata o de agora.
Ademais o vindeiro luns 17 de xuño finalizaremos co servizo de préstamo, para que poidades devolver os libros que tedes nas vosas casas.
Moito ánimo neste remate de curso e felices lecturas!!
Saudiños de GusiBot!!

mércores, 5 de xuño de 2019

I FEIRA DA CIENCIA

O vindeiro 14 de xuño celebraremos un acontecemento moi importante!
A nosa I Feira da Ciencia!
Por iso, gustaríanos convidarvos a que vexades todo o que traballaron os nen@s dos diferentes cursos! Seguro que aprendedes moitísimas cousas con eles e elas!!
Animádevos e visitádenos dende as 9:30!
Apertas de GusiBot!!