luns, 28 de outubro de 2019

Colaboradores e colaboradoras da biblioteca

Dende finais do mes de setembro tamén funciona o servizo de colaboradores e colaboradoras da biblioteca entre o alumnado de 5º e 6º de EP.
A continuación deixámosvos as datas para o mes de novembro coas diferentes quendas.
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!! Sen dúbida que os servizos da nosa biblio melloran moito grazas a vós!!!
Apertas de GusiBot!


Tardes na biblioteca

Como xa sabedes, dende o mes de outubro a nosa biblioteca tamén está aberta polas tardes os LUNS, MÉRCORES e XOVES en horario de 16:00 a 18:00 da tarde.
Animádevos e visitádenos. Están dispoñibles todos os servizos, dende os emprésitos e devolucións, a posibilidade de ler na biblio, os equipos informáticos para a busca de información, xogos educativos, ... Agardámosvos!
Saudiños de GusiBot!

Novidades de Eloy Moreno!!!

Animádevos e collede na nosa biblioteca as últimas novidades que temos!
Queremos darlle as grazas a Eloy Moreno que nos enviou varios exemplares de Cuentos para entender el mundo, Cuentos para entender el mundo 2 e Cuentos para entender el mundo 3. Sen dúbida un gran agasallo!
Por certo, calquera dos libros é moi recomendable! Espero que vos gusten tanto coma a min!
Felices lecturas e saudiños de GusiBot!


Sorteo na biblio

As persoas gañadoras do sorteo na biblio do venres 18 de outubro foron as seguintes:

  • Noa González de 4º de EP.
  • Ivana García de 4º de EP.
  • Laura Costa de 6º de EP.
Nesta ocasión a cada unha delas tocoulles dous marcapáxinas para que lles axude nas súas lecturas!
Moitas apertas de GusiBot!


luns, 21 de outubro de 2019

Gañadores do sorteo na biblio

O pasado venres 11 de outubro non fixemos sorteo na biblioteca, xa que tivemos unha excursión polo Grove, relacionada coa Festa do Marisco. Trasladamos o sorteo ao luns e as persoas gañadoras foron:
  • Anxo Castro de 3º de EP.
  • Athenea González de 4º de EP.
  • Daniela Barral de 4º de EP.
Aquí vos deixamos unha foto con dúas das gañadoras e os marcapáxinas que conseguiron.
Saudiños de GusiBot!!


Revista O PAPAGAIO

Recordámosvos que na biblio do cole tedes o novo número da revista O Papagaio que este mes leva o título de "ARDE O PLANETA". Botádelle un ollo, está moi relacionada coa temática que traballaremos este ano no PDI, seguro que atopades cousas moi interesantes e das que aprendedes un montón.
Apertas de GusiBot!


martes, 8 de outubro de 2019

CONCIÉNCIATE CO MEDIO!!

Aquí vos deixamos algunhas recomendacións lectoras moi interesantes que se relacionan co PDI co que traballaremos durante este curso. Animádevos a ler algunha e recordade que tamén podedes pasar pola nosa biblioteca para ver as suxestións relacionadas coa temática do medio ambiente.
Felices lecturas e un saudiño de GusiBot!!

  • Nada de nada de Julien Billaudeau da editorial Tramuntana (+3 anos).
  • El jardín curioso de Peter Brown da editorial Takatuka (+3 anos).
  • Plantándo los árboles de Kenia de Claire A. Nívola da editorial Juventud (+3 anos).
  • Wangari e as árbores da paz de Jeannette Winter da editorial Kalandraka (+3 anos).
  • El ratón y la montaña de Antonio Gramsci da editorial Milrazones (+4 anos).
  • A historia do Rainbow Warrior de Rocío Martínez da editorial Kalandraka (+5anos). 
  • A historia do touro Ferdinando de Munro Leaf da editorial Kalandraka (+5 anos).
  • Shamsung la pequeña mofeta de Indira Geovana da editorial Universo de letras (+5 anos).
  • A árbore da escola de Antonio Sandoval da editorial Kalandraka (+6 anos).
  • A árbore dos soños de Fernando Alonso da editorial Kalandraka (+7 anos).
  • Un mar de plásticos de Kristi Blom e Geir Wing da editorial Takatuka (+8 anos).
  • Un verano en Borneo de Pilar Garriga da editorial Anaya (+12 anos).
Libros de coñecementos e ilustrados:
  •  Bellezas de la naturaleza de Virginie Aladjidi da editorial Kalandraka.
  •  Inventario de animais de Virginie Aladjidi da editorial Kalandraka.
  •  Inventario de animais con cola de Virginie Aladjidi da editorial Kalandraka.
  • Ocultos. Animais extraordinarios de Xulio Gutiérrez da editorial Kalandraka. 
  • Nacer. Animais extraordinarios de Xulio Gutiérrez da editorial Kalandraka. 
  • Bocas. Animais extraordinarios de Xulio Gutiérrez da editorial Kalandraka. 
  • Ollos. Animais extraordinarios de Xulio Gutiérrez da editorial Kalandraka. 
  • Construtores. Animais extraordinarios de Xulio Gutiérrez da editorial Kalandraka. 
  •  Inventario de flores de Virginie Aladjidi da editorial Kalandraka.
  •   Inventario das árbores de Virginie Aladjidi da editorial Kalandraka.

Regresan os sorteos na biblio!!

Recórdovos que como xa sabedes, regresan os sorteos na biblio do noso cole.
Celebraranse todos os venres durante o recreo.
Para participar, tedes que levar un libro para ler e cubrir o papeliño que vos dará o alumnado colaborador da biblioteca, por último tedes que metelo na caixiña e agardar ata o venres, cando sacaremos o nome das persoas premiadas.
O pasado venres o alumnado gañador do sorteo foron:

  • Naia Mascato de 4º de EP.
  • Antía Varela de 6º de EP.
  • Laura Costa de 6º EP.

Moita sorte a todos e todas!!
Apertas de GusiBot!

luns, 7 de outubro de 2019

Xa sabemos cal é o noso PDI!!

Os nenos e nenas do noso cole, xa descubriron a temática do PDI deste curso 2019 - 2020.
Coa axuda de todo o alumnado, conseguiron resolver as distintas adiviñanzas, que lles daban as diferentes letras que compoñen o título "Conciénciate co medio".
Polo tanto, durante este curso, desde as nosas aulas traballaremos temas relacionados co medio ambiente.
Aquí tedes algunha foto da actividade.
Un saudiño de GusiBot!












PDI CURSO 2019 - 2020 CONCIÉNCIATE CO MEDIO



xoves, 3 de outubro de 2019

MANIFESTO DO CONMENIÑO POLO CLIMA

O pasado 27 de setembro os nenos e nenas do noso cole uníronse á folga mundial polo clima, dun xeito moi particular.
En primeiro lugar, dúas alumnas de 6º, Aida e Antía, fixéronnos unha presentación na que poñían en relevancia os problemas ante os que nos enfrontamos así como os distintos aspectos que temos que cambiar para reverter esta situación.
A continuación, un grupo de nen@s de 6º (Zaira, Laura, Xabi, Xián, Aida, Irene, Joel e Rubén) léronnos o manifesto da súa clase para concienciarnos da importancia e necesidade de cambiar xa esta situación.
Por último, todo o cole fixemos un parón de 1 minuto en silencio como protesta pola situación actual.

GusiBot tamén se une a vós! 
Gracias e ánimo para continuar con esta defensa!