Amosando publicacións coa etiqueta VISITOUNOS.... Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VISITOUNOS.... Amosar todas as publicacións

martes, 24 de maio de 2016

VISITOUNOS... GOGUE

O pasado venres 20 de maio, con motivo da Semana das Letras Galegas e no medio da nosa viaxe descubrindo diferentes artes, recibimos na Biblioconmeniño a visita do artista grovense GOGUE.
Nos días previos preparámonos para darlle a benvida. Todos os nenos do cole descubrimos as súas personaxes e practicamos a debuxalos. Cos nosos traballos preparamos uns carteis para recibilo.






 Os nenos de 4º prepararon unha presentación coa que todos descubrimos cousas deste artista da vila (compartirémola en breve) e que tamén compartimos con el o día que nos visitou.
Despois disto, fixo tres obradoiros con nós. Aos nenos de Infantil ensinoulles a debuxar animais mariños: centola, peixes, calamar... E, a petición deles, debuxou a Floreano, unha caricatura dalguén triste, dunha persoa enfadada. Agora teñen que colorealos.

Aos nenos de 1º, 2º e 3º B ensinoulles como debuxar a un tiburón que se comía un peixe. Despois eles tiveron que imitalo.
E aos nenos de 3ºA, 4º, 5º e 6º propúxolles facer unha viñeta de Floreano e Monchiña. El debuxounos sen xesto para que cada neno o copiase e completase as súas caras e inventase un pequeno diálogo. E ademais díxonos que cando estivesen rematados viría a velos para escoller un e adicarlle a súa viñeta no Faro de Vigo ao neno que mellor o fixese, qué sorte!


Ademais tamén nons explicou que agora xa case non emprega papel, senón que debuxa cunha especie de tablet que vai pasando o que el fai ao ordenador, e nos ensinou unha mostra da creación dunha escea de Moby Dick. Pareceunos moi interesante!
Como non podía ser doutra maneira, asinou o noso libro de visitas para que quede o recordo para sempre.
 
MOITÍSIMAS GRAZAS A GOGUE POR VIR VISITARNOS, ENCANTOUNOS APRENDER UN POUQUIÑO MÁIS DO SEU TRABALLO E OFICIO.

xoves, 5 de maio de 2016

DESCUBRINDO O CICLISMO

Ola a todos!
O pasado venres os nenos de primaria tivemos a sorte de contar coa visita dun clube ciclista da vila. Faláronnos dos beneficios deste deporte, como practicalo de xeito seguro para todos, diferente tipos, ... Foi unha mañán moi interesante! 
Deixámosvos unhas imaxes da actividade.




mércores, 13 de abril de 2016

ABRIL, MES DOS LIBROS: VISITOUNOS... MARÍA SOLAR



Ola a todos!

Hoxe foi un día especial en Biblioconmeniño, xa que, dentro das actividades organizadas en abril como mes dos libros, visitounos María Solar, a autora do libro que os nenos de 4º a 6º estivemos a ler e traballar "O meu pesadelo favorito".
Sara, Ainhoa, Zayra e Aitana fixeron o cartel para recibila. 

Durante a súa visita falounos das cousas tan especiais que lle trouxera este libro, contounos varias anécdotas moi curiosas, falounos dalgunhas das personaxes... Estivo moooi interesante!
Tamén lle puidemos facer preguntas, foi como unha entrevista de grupo, coa que aprendemos unha morea de cousas que compartiremos con todos vós na revista do colexio máis adiante!
Polo de agora, deixámosvos algunhas fotos desta visita tan interesante.




Moitísimas grazas polo teu libro e pola visita, María, encantounos coñecerte!