PARABÉNS!! 😄😄😄
Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe de Conmeniño (O Grove)
venres, 30 de abril de 2021
xoves, 29 de abril de 2021
EXTRA, EXTRA! Últimas novidades
Ola lectores e lectoras!!
Escribímosvos para ensinarvos as ultimísimas novidades da Biblio Conmeniño!!
A partir de hoxe, contamos con novos IPADS que podedes pedir para utilizar nos recreos ou nas aulas, para buscar información, ler libros online, ver contacontos, xogar a xogos educativos... Existen mil posibilidades!!
Ademáis, tamén vos deixamos imaxes das novidades de libros, sabemos que hai algúns que estábades esperando con ganas e xa están dispoñibles!!
Achégate e colle o teu preferido!!
Bicos e apertas de Gusibot
luns, 19 de abril de 2021
FELIZ SEMANA DO LIBRO 📖 📖 📖
martes, 13 de abril de 2021
INTERPRETACIÓN DA ENQUISA DE LECTURA APLICADA AO ALUMNADO DO CEIP CONMENIÑO POR PARTE DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA..
As preguntas formuladas na enquisa foron as seguintes:
1- Gústache ler libros?
2.- Les por obriga ou por gusto?
3.- Cando eras pequeno/a , os teus pais tiñan o costume de ler contigo?
4.- Onde acostumas coller os libros que les?
5.. Pides un libro como agasallo?
6.- Recibes libros como agasallo?
7.- Que xénero literario che gusta máis?
8.- Cantos libros les ao ano?
9.- En que formato les maiormente?
10.- Canto tempo lle adicas á lectura por día?
11.- Cantos días vas á biblioteca por semana?
12.- Practicas lectura e voz alta ou baixa?
O alumnado participante foi do 98%. As alumnas e alumnos de 4º de E.I. non participaron por razóns obvias.
Despois de aplicar a enquisa aos compañeiros/as do colexio podemos dicir o seguinte:
En primeiro lugar chegamos á conclusión de que o alumnado do centro le por gusto, fai unha lectura de xeito agradable; agás no curso de primeiro de primaria, onde se reparte case a partes iguais o gusto e a obriga pola lectura, sendo esta feita de xeito autónomo excepto no período de infantil onde as nais e pais se implican nunha lectura en voz alta cos seus cativos.
En segundo lugar, en canto a procedencia ou lugar de adquisición de libros, concluimos que o alumnado de infantil a cuarto de primaria adoitan coller os libros na biblioteca escolar mentres que os de quinto e sexto prefiren mercalos na libraría debido a distintas razóns:
Os prazos para as devolucións fánselle curtos.
A oferta é limitada en volumes e títulos requeridos por este segmento de poboación escolar.
Podemos afirmar tamén que aparte de adquirir os libros en xeito de préstamo a gran maioría do alumnado recibe libros como agasallo.
En canto aos xéneros literarios de maior éxito entre os nenos e nenas do colexio está o narrativo de aventura, sendo o científico o que menos gusta. En sexto nótase un cambio de tendencia do xénero de aventuras ao de misterio.
A cantidade de libros que se len ao ano, así coma o tempo adicado á lectura está acorde á idade do alumnado, agás no grupo de primeiro, no que a media está por baixo do tempo de lectura recomendada. O formato elixido maioritariamente para ler é o papel, pero podemos dicir que en infantil apreciamos que unha quinta parte do alumnado le en formato dixital. En consecuencia atrevémonos a facer a seguinte predición: se esta tendencia se mantén no tempo á alza, pouco a pouco, poderíase perder a esencia de ler libros en formato papel.
No que atingue aos cursos que visitan a biblioteca escolar, os que máis o fan son os de terceiro e cuarto, sendo a dos demais case unha visita testemuñal.






