luns, 25 de novembro de 2019

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Bo día a tod@s! Hoxe conmemoramos un día moi importante, o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Aquí vos deixamos algunha das curtametraxes que verán nas aulas o alumnado do noso cole.
Xunto cunha lista de recomendacións lectoras como as seguintes:

  1. Estereotipos de xénero asociados ás profesións.
  2. Romper estereotipos de xénero nos colexios.
  3. Together We Play Strong - Fútbol femenino

  • Pepuka y el monstruo que se llevo su sonrrisa de Estela Moreno.
  • La mitad de Juan de Gemma Lienas e África Llanos.
  • Arturo y Clementina de de Adela Turín y Nella Bosnia.
  • La cenicienta que no quería comer perdices de Nunila López.
  • Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes: 100 historias de mujeres extraordinarias de Elena Favilli e Francesca Cavallo.
  • Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2 de Elena Favilli e Francesca Cavallo.
  • Elenita de Campbell Geeslin.
  • Las chicas son de ciencias: 25 científicas que cambiaron el mundo de Irene Cívico e Sergio Parra.
  • Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo de Irene Cívico e Sergio Parra.
  • Érase dos veces La Bella y la Bestia de Belén Gaudes e Pablo Macías.
  • La princesa rebelde de Anna Kemp y Sara Ogilvie.
  • Vida secreta de las mamás de Beatrice Masini e Alina Marais.
  • ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? de Raquel Díaz.
Felices lecturas e apertas de GusiBot!!

mércores, 20 de novembro de 2019

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe celebramos unha conmemoración moi importante, o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA!!
Durante o tempo de recreo, proxectaranse na biblioteca diferentes cortos nos que se fai fincapé nos dereitos da infancia.
Aquí vos deixamos o link dunha canción para que gocedes dela.
Saudiños de GusiBot!


martes, 19 de novembro de 2019

BIBLIOCINE no Conmeniño

Con motivo das vindeiras conmemoracións que celebraremos, dende a biblioteca do cole, proxectaremos diversas películas que se relacionan coas temáticas que resaltan cada unha delas. Moi pronto darémosvos máis información.

Saudiños de GusiBot!


luns, 11 de novembro de 2019

NOVIDADES!!!

Teño un pequeño segredo que contarvos!! Visitade a nosa biblio!! Xa están disponibles algunas das últimas novidades que temos disponibles para o novo curso... algunas delas son recomendacións vosas, así que seguro que vos encantarán!!
Apetas de GusiBot e felices lecturas!!


Un Samaín con libros e libros...

Aquí deixamos una foto das nosas recomendacións lectoras relacionadas coa conmemoración do Samaín! Sabemos que aquí atópanse algún dos vosos libros favoritos!!!
Saudiños de GusiBot!



Día das bibliotecas: Contacontos Brais Moure

O día das bibliotecas tamén contamos cun contacontos no noso cole.
Tivemos dúas quendas. Na primeira delas estiveron os nenos e nenas de Educación Infantil e tamén 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Na segunda quenda, foi o turno de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Dende aquí queremos darlle as gracias a Brais Moure pola súa visita e o seu traballo! Ata outra!
Aquí vos deixamos algunas fotos!!
Saudiños de GusiBot!!




Día das bibliotecas: Presentación das nosas portas



O pasado 24 de outubro as nenas e nenos do Conmeniño presentaron as portas das súas clases coas diferentes temáticas relacionadas co PDI deste curso, en relación a "Conciénciate co medio".

  • Educación Infantil: Os animais en perigo de extinción: O lobo.
  • 1º de Educación Primaria: A saúde e o medio.
  • 2º de Educación Primaria: Alimentación ecolóxica vs alimentación procesada.
  • 3º de Educación Primaria: As especies invasoras e especies autóctonas.
  • 4º de Educación Primaria: A contaminación e os diferentes tipos.
  • 5º de Educación Primaria: Os incendios forestais.
  • 6º de Educación Primaria: Quecemento global e os fenómenos naturais.
A continuación deixámosvos algunas fotos deste día. Apertas de GusiBot!!




Mochilas viaxeiras

Bo día!! Como xa sabedes, dende o mes de outubro están en marcha as mochilas viaxeiras, recordade a importancia de coidar os materiais que levan así como de devolvelos todos, polo que vos pregamos que revisedes a mochila antes de mandala de volta ao colexio.
Ao igual que o curso pasado, as mochilas viaxan ás vosas casas os luns, durante 15 días, e é moi importante que sexades puntuais coas datas para que o resto dos compañeiros e compañeiras da clase poidan gozar delas.
Moitas gracias pola vosa colaboración e axuda. Un saúdo, GusiBot!