xoves, 26 de xaneiro de 2023

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos recitan un poema pola Paz

Ola lectoras e lectores, aquí vos deixo un vídeo das nenas e nenos de 3 e 4 anos recitando un poema de Gloria Fuertes conmemorando o día da paz.
Déixovos tamén un código QR que podedes escanear para velo!


https://youtu.be/CiRcnnfFgPo 


Así chegou o QR ás casas dos máis pequenos, nunha pombiña voadora.







Espero que vos guste tanto como a min!
Gusibot.
 

sábado, 21 de xaneiro de 2023

PIALE

Bo día queridas lectoras e lectores!

Como sabedes, a profe Belén de música e infantil, foi seleccionada para o programa da Xunta PIALE, no que foi a traballar a un colexio a Ottawa (Canadá) para aprender sobre o seu sistema educativo e novas metodoloxías para poñer en práctica no noso cole. 

No seguinte vídeo, nos conta un resume da súa experiencia, no que se pode ver o seu cole, cultura canadiense e lugares que visitou no seu tempo libre. 




mércores, 18 de xaneiro de 2023

Recomendacións lectoras de Nadal

Durante o mes de decembro tivemos exposto na entrada do cole as nosas últimas novidades de 2022. O alumnado podía ver os libros e facer o empréstito na Biblio.

Os exemplares foron adquiridos mediante Biblioteca Inclusiva e foron todo un éxito. Se aínda non os viches, podes ir á Biblioteca a buscalos, estou seguro que che gustarán :)

Gusibot.



Os Reis Magos visitan o CEIP de Conmeniño

Ola de novo lectoras e lectores. 

Ademais do festival de Nadal, tamén contamos coa visita dos Reis Magos. A continuación, tivemos unha festa con música e moito moito baile!

Pasámolo en grande e ata eu, que normalmente non saio da Biblio, fun bailar á pista! Que ben o pasei!
Grazas nenas e nenos!
Gusibot.


https://youtu.be/bq17KvCt57U

 

Festival de Nadal

Ola meus lectores/as:

O día 22 de decembro, último día de cole do ano, celebramos o festival de Nadal. Este ano, o alumnado de 6º de Educación Primaria, xunto coa súa titora Cristina, foron os encargados/as de dirixir as actuacións.

En primeiro lugar, algunhas alumnas de 5º de Educación Primaria, representaron o conto do Apalpador e o arco da vella. A continuación, o alumnado de 6º, cantaron e tocaron dúas cancións, compuxeron poemas, contaron chistes e deron as 12 badaladas cos doce mellores desexos.

Mirade que ben o pasamos todos e todas!




https://youtu.be/fDTHrwihmRo

A carteira ven recoller as nosas postais de Nadal

Queridas lectoras/es

A principios de decembro celebrouse un sorteo no que se decidía a que compañeiro ou compañeira lle debiamos escribir unha postal de Nadal.

Para que esta puidera ser entregada ao seu destinatario/a houbo que enviala por correo... 

Pois ben, así foi como os máis pequenos/as do cole botaron as súas postais no saco da carteira que veu recollelas.


https://youtu.be/WrbgzNTCaoQ


martes, 17 de xaneiro de 2023

Taller de lettering

 Ola lectoras e lectores!

O pasado mes de decembro, dúas nenas de 5º (Andrea e Candela) e dúas de 6º (Carmen e María), impartiron ao resto de cursos de Educación Primaria un taller de Lettering. 

En primeiro lugar, explicaron de que se trataba, ensináronlle a forma na que hai que agarrar os rotuladores e por último, axudáronlles a realizar o trazado para que puidesen escribir unhas pequenas letras aos seus seres máis queridos.

Foi unha xornada de convivencia de moito proveito na que aprendemos todas e todos xuntas/os.

Espero que vos guste esta pequena mostra do noso día.

Bicos de Gusibot


https://youtu.be/wIWzjpYSfl0

domingo, 15 de xaneiro de 2023

Lector e lectora do mes de Decembro

  Os premios ao noso lector e lectora do mes de decembro foron para...







Parabéns Sara e Nico, Gusibot espera que vos gustara este pequeno detalle!