O día de onte fixemos un obradoiro de Biblioteca Creativa que recibe o nome de "Booktrailer". Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria foron os encargados de escoller os libros, de grabar e representar os seus trailers, así como de editalos e maquetalos.
Foi unha actividade moi divertida na que tiveron que tomar moitas decisións e traballar en equipo, xa que todos/as tiñan unha responsabilidade dentro do grupo.
A continuación podedes ver os vídeos e tamén as tomas falsas dun dos equipos:
Hoxe en Infantil tivemos un día moi científico... Fixemos un estómago e un corazón!
Dentro do noso proxecto sobre o Corpo Humano, fixemos dous experimentos: un para saber como funciona o aparato dixestivo e outro para ver como bombea sangue o noso corazón. Gracias ao profe Jose por enseñarnos tanto!!
Esta semana, ademais de contar coa visita de diferentes mamás, tivemos a sorte de ter no cole a Tania Álvarez, piragüista e campioa mundial de maratón. Coa súa personalidade, cercana e humilde, gañouse a confianza dos máis pequenos/as, os cales lle fixeron moitas preguntas, probaron as súas medallas e ata lle pediron que lles firmaran autógrafos.
Aquí vos deixo a súa presentación, para que poidades coñecer un pouquiño máis dela e máis un pequeno vídeo da experiencia que vivimos no cole coa súa visita, reivindicando a importancia das mulleres da nosa vila no deporte e máis o valor da práctica de actividade física e a saúde.
Esta semana foi unha semana especial, chea de novas experiencias e para algún e algunha chea de orgullo por ter no cole a súa mamá.
Tivemos a sorte de contar con varias mamás que nos viñeron a contar a que se dedican e como é o seu día a día no traballo. Contáronnos tamén que non hai traballos de homes nin de mulleres e que debemos loitar pola liberdade das mulleres, apostando sempre por reforzar as súas capacidades e protagonismo, para que poidan alcanzar e participar, en términos de igualdade, no acceso aos recursos, recoñecemento e toma de decisións, en todos os ámbitos da vida.
Agora, vou a ensinarvos un anaquiño do que elas compartiron con nós. Comezando por Educación Infantil:
- Tamara (mamá de Xulia) traballa no mercado e todos e todas quixeron tocar aquilo que nos trouxo.
- Silvia (mamá de Gabriel) é cociñeira e seguro que todos e todas falaron da súa comida favorita.
- Laura (mamá de Valentina) é perruqueira e tamén tiña moitas cousas que contarnos.
Continuando con Educación Primaria, a mamá de Jaime (no primeiro vídeo) e a mamá de Greta e Norah (segundo vídeo) son bateeiras e aquí nos ensinan o seu día a día no mar.
Espero que vos gustara porque desde logo para nós, foi un verdadeiro orgullo que nos acompañarades neste día tan importante para todas.
Do 6 ao 10 de marzo celébrase a semana da prensa. Por iso, no CEIP de Conmeniño tivemos a sorte de contar coa xornalista Elvira Romay, mamá dun neno do cole.
Tal e como podedes ver no vídeo, realizáronse prácticas de xornalismo a través de diferentes roldas de prensa, onde os máis pequeniños/as fixéronlle preguntas sobre o corpo humano á mascota Pandi e os máis maiores escolleron personaxes famosos como futbolistas ou cantantes.
Do que non quedou dúbida é de que a moitos e a moitas lles encanta cantar!
Dinamización dos recreos na Biblioteca creando Bookface, é dicir, fundirse coa portada dun libro.
Que vos parecen? Podedes deixar o voso comentario e seguir animándovos a novas creacións, porque a Biblioteca está aberta á imaxinación de todos e de todas.
Para conmemorar o Día de Rosalía e da nosa lingua materna tivemos a sorte de ter no noso cole a Tarabelos, presentándonos "Contos nunha Roda": "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro.
Queredes saber o que é un Kamishibai? Pois pinchade no vídeo para ver este "teatro de papel".
Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, as nenas e os nenos de 3º e 4º de Primaria tiveron a sorte de asistir a unha Ruta ornitolóxica que se desenvolveu na Praia do Fornos, na Illa da Toxa.
Grazas a Encarna, ornitóloga, por compartir con nós todos os seus coñecementos, pola súa amabilidade e por contaxiarnos o seu entusiasmo e actitude respectuosa coas aves e o medio ambiente.
Alí puideron observar as diferentes aves que habitan a nosa costa a través de prismáticos e telescopios, ao tempo que anotaban nun caderno de campo todas as especies que foron quen de avistar, aproveitando ademais para fotografar todos os marabillosos momentos que nos brindou esta experiencia.