martes, 19 de marzo de 2013

NÓS TAMÉN CREAMOS :)

Ola a todos! Novas no cole!!!
Os alumnos de 2º foron seleccionados para participar no concurso "Nós tamén creamos", iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora. O concurso consiste en realizar unha animación sobre un dos contos propostos. As curtas propostas serán publicadas na páxina web da Televisión de Galicia.
 Imos ser ratiños cineastas ademais de lectores, que emoción!
Se premedes na imaxe inferior poderedes ver as curtas de animación que presentaron o curso pasado os nenos doutros coles, anímadeos a velas, hai verdadeiras obras de arte!


Estou desexando ver a estes ratiños agora guionistas, directores, dobladores, ... cantas cousas imos aprender!

venres, 15 de marzo de 2013

COMO SE PLANTA UN CASTIÑEIRO?

O alumnado de 5º de primaria, despois da súa experiencia plantando castiñeiros micorrizados, elaborou este vídeo explicando a súa aventura e os pasos a seguir. Atentos! 

 Bo traballo, rapaces!

luns, 11 de marzo de 2013

O RATIÑO NOS PROPUXO UNHA NOVA MISIÓN...

Ola ratiños! Aquí vos deixo algunhas imaxes da posta en marcha do noso novo proxecto de investigación "O ratiño quere saber quen vive aquí? Ti que ves pola túa fiestra?"

Prepareivos unhas fiestras especiais para cada grupo, polas que podedes ollar a natureza da vosa contorna.
Tamén vos escribín unha carta explicándovos a vosa misión, que poderedes  volver ler AQUÍ.








E, finalmente, agochei as fiestras polo patio, entre a natureza. Polo que vin dende a biblioteca, fostes moi rápidos  atopándoas!






 Agora espero a vosa información sobre quen vive aquí. Estou seguro de que, unha vez máis vou quedar  abraiado!

luns, 4 de marzo de 2013

NOVAS, NOVAS MOI INTERESANTES!

Ola ratiños!  Hoxe tráiovos unha moi boa nova! Trátase da inauguración do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra. Este ano, o tema é "A toda máquina", polo que a ambientación está feita con máquinas de distinto tipo e cousas koi curiosas que de seguro paga a pena ver. 
Ademais dunha ambientación xenial, hai unha morea de actividades programadas que podedes consultar premendo na imaxe inferior. Hai actividades durante a semana e tamén na fin de semana, para poder pasar un rato moi entretido aprendendo cousas novas e gozando da maxia dos libros. Coma sempre, hai tamén un espazo no que se pode desfrutar dun ratiño de lectura coa familia, con amigos... Premede no cartel inferior para enterarvos de todas as actividades que vos poden interesar.

 O Salón do libro abriu este sábado 2 de marzo as súas portas, que permanecerán abertas ata o 23 de marzo.
Un biquiño de ratiño lector marchando "A toda máquina"