martes, 25 de xuño de 2013

A HORA DAS DESPEDIDAS...

Bos días ratiños!
Vós xa estades de vacacións, e eu por aquí ando, poñendo un pouco de orde na biblioteca e preparando cousiñas xa para o vindeiro curso. Despois de todas as celebracións da semana pasada antes de irnos de vacacións, hoxe tráiovos un anaquiño do vivido, o momento das despedidas. Déixovos por aquí os vídeos que prepararon a profe Alejandra (6º EI)  e a profe Ilduara (6º EP) para o acto de  graduación.

Moi atentos ás conclusións dos ratiños de 6º de infantil despois do seu paso pola Ed. Infantil:




E non vos perdades agora algúns dos momentos vividos polos nenos de 6º de Ed. Primaria no cole.



Ata sempre aos nenos de 6º de primaria, agardamos que vos vaia moi ben nesta nova etapa que comeza para vós! E para o resto, ata a volta!

sábado, 22 de xuño de 2013

NOVAS COUSIÑAS DA NATUREZA POR PARTE DOS NENOS DE 6º DE EP.

Ola ratiños! Aínda que xa rematou o cole,  hoxe tráiovos máis cousiñas da natureza. Nesta ocasión trátase do traballiño feito polos nenos de 6º de primaria, que nos contan o que eles vían pola súa fiestra neste curso. Non vos perdades o vídeo, co que eu xa aprendín unha morea de cousas!


Saúdos de ratiño fascinado coa natureza!

TROCO- a nosa 1ª curta de animación

Ola ratiños! Aquí vos deixo a curta presentada polo alumnado de 2º ao concurso "Nós tamén creamos". Xa sairon os premiados, e queremos mandar as nosas felicitacións aos gañadores. Parabéns! Toda a información AQUÍ. Non deixedes de ver as curtas presentadas, hai verdadeiras obras de arte!

luns, 17 de xuño de 2013

REVISTA CURSO 2012-2013

Ola ratiños!
Xa preparados para as vacacións? Antes de marchar, quero deixarvos por aquí o último número da nosa revista escolar "Rapaces e rapazas". Imos xa polo número 71, que, como todos os anos, ven cargadiño cunha morea de traballos moi interesantes. Unha boa memoria dalgunhas das cousiñas acontecidas neste curso. 


Como cada ano, todos levaredes para casa un exemplar, pero neste curso, como novidade non a levaredes en papel, senón en soporte dixital. Xa sabedes que estamos na misión de coidar a natureza aforrando papel. Todos teredes así un CD coa revista para lela na casa tantas veces como queirades!

venres, 7 de xuño de 2013

"TROCO" COMO SE FIXO?

Ola ratiños! Hoxe tráiovos novas relacionadas co concurso "Nós tamén creamos", xa sabedes, o concurso no que participaron os nenos de 2º que consistía en crear unha curta de animación a partir dun conto.
Agora que xa están publicadas todas as curtas participantes na páxina da RTVG, xa podemos contarvos moitas cousiñas. 
Polo de agora, un pequeno vídeo que recolle o "Como se fixo?" da nosa curta. Non volo perdades para saber que conto escollemos, como creamos as personaxes... todo todo!


mércores, 5 de xuño de 2013

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Ola ratiños!
Sabedes que día é hoxe? Hoxe é 5 de xuño, o Día Internacional do Medio Ambiente. Aínda que xa sabemos que o medio ambiente debemos coidalo cada día, como hoxe é o seu día, tráiovos unha historia e un pequeno vídeo con unhas ideas para ser máis respetuosos co noso planeta. 


Primeiro de nada, unha curta cun pequeno consello...


E ademáis, un conto moi explicativo.