martes, 22 de outubro de 2024
Novo recuncho de estimulación multisensorial
xoves, 2 de maio de 2024
Aros olímpicos creativos
Os alumnos e as alumnas de 4 anos crearon os seus propios aros olímpicos co lápis 3D. Que vos parecen?
mércores, 31 de xaneiro de 2024
SADAKO E AS MIL GRÚAS DE PAPEL
Dende o 22 de xaneiro ata o 30 de xaneiro, coa celebración do Día da Paz e da Non Violencia, os nenos e nenas de 2º traballaron sobre a figura de Sadako Sasaki e a lenda das mil grúas. Comezamos averiguando un pouquiño máis sobre Sadako, quen era esa nena?, que lle ocorrera? Tamén descubrimos a orixe da lenda das mil grúas. Para rematar e coñecer moito máis a fondo a Sadako e a súa historia, fixemos unha lectura compartida, cun capítulo diario, do libro “Sadako e as mil grúas de papel” de Eleanor Coerr. Como actividade de peche creamos un final alternativo para a historia de Sadako e pintamos un debuxo que a representaba.
Podes clicar na imaxe para poder ver o póster completo!
martes, 28 de marzo de 2023
Booktrailers
Ola queridos lectores e lectoras,
O día de onte fixemos un obradoiro de Biblioteca Creativa que recibe o nome de "Booktrailer". Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria foron os encargados de escoller os libros, de gravar e representar os seus trailers, así como de editalos e maquetalos.
Foi unha actividade moi divertida na que tiveron que tomar moitas decisións e traballar en equipo, xa que todos/as tiñan unha responsabilidade dentro do grupo.
A continuación podedes ver os vídeos e tamén as tomas falsas dun dos equipos:
