Amosando publicacións coa etiqueta 2º EP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º EP. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de outubro de 2023

2º de Primaria traballa coa película "Full Out"

O alumnado de 2º de Educación Primaria que acode á materia de Proxecto Competencial, deseñou e elaborou un mural sobre a película Full Out (a película trata a vida de Ariana Berlín, ximnasta estadounidense).

Unha vez visionado o filme puidemos reparar nos valores que xiran ao redor do deporte, como son a amabilidade, a empatía, a disciplina, o respecto...

Seguiremos traballando ao longo de todo o 1º trimestre sobre estes valores, para así, poder comprendelos mellor e poñelos en práctica no noso día a día.

Esperamos que vos guste!


mércores, 17 de xuño de 2015

UNHA DE HISTORIAS

Ola ratiños!
Hoxe tráiovos unhas historias que os nenos de 2º inventaron e queren compartir con todos vós. Mirade que historias tan orixinais e que ilustracións tan fermosas. Parabéns, rapaces!

EL HADA ARCOIRIS


CAPERUCITA DE COLORES


UN PRÍNCIPE RARITO


BARQUICHUELO DE PAPEL


LA PRINCESA ESPACIAL


TALIPÓN, EL OGRO BONACHÓN


TE QUIERO UN MONTÓN


¿QUIÉN HA ROBADO MI TRONO?



sábado, 13 de xuño de 2015

UN ABECEDARIO MOOOI SABOROSO!


Os nenos de 2º, coa colaboración das súas familias, dentro do tema do proxecto anual "A volta ao mundo montados nun prato" elaboraron un abecedario de alimentos en inglés. Aquí volo deixamos para quen lle interese!



Ademais do vídeo, deixámolo na bblioteca do cole para que todos poidades xogar e practicar o inglés con él.



martes, 17 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015: UN ENTROIDO SABOROSO E VIAXEIRO

 Ola ratiños!
Como van esas vacacións de Entroido? Xa queda pouquiño, pero agardo que o esteades a pasar, polo menos, tan ben como o pasamos no noso Entroido Saboroso e Viaxeiro. Para recordalo, tráiovos aquí algunhas imaxes que agardo que vos gusten. 
Nesta pequena presentación poderedes ver a todos os protagonistas da nosa festa: as fresiñas de Infantil, dende reino Unido, os Harry Potter de 1º; as vaquiñas arxentinas de 2º A, os chineses de 2º B, os engalanados manteis de 3º, os cociñeiros larpeiros de 4º, os deuses aztecas de 5º e os reporteiros larpeiros de 6º de primaria! Así vestidos desfilamos ao ritmo da música escollida, e despois degustamos deliciosos postres de Entroido preparados polas nosas familias, ás que, unha vez máis, agradecemos a súa colaboración tanto para facer os disfraces como na elaboración destes deliciosos postres!



Se queredes ver todas as fotos do noso Entroido, só tedes que premer AQUÍ. Ata o xoves!

luns, 16 de febreiro de 2015

SAÍDA ESCOLAR- VISITAMOS OS MUSEOS CORUÑESES

Ola a todos!
Aquí vos traemos algunhas das fotos da nosa excursión a A Coruña e aos seus museos (Acuario, DOMUS e Casa das Ciencias) o pasado mércores 11 de febreiro. Foi un día xenial do que pronto os Reporteiros Larpeiros de 6º nos traerán a súa interesante crónica.



 Se queredes ver máis fotos, só tedes que premer AQUÍ.

martes, 27 de xaneiro de 2015

O LIBRO DA PAZ E OUTROS RECURSOS POLO DÍA DA PAZ

Co gallo do Día da Paz estamos a preparar varias actividades no cole. Primeiro de nada, para situarnos todos, que é a paz? Neste libriño do autor estadounidense Todd Parr, tedes moitos exemplos! Como... "PAZ É QUE HAXA PIZZA NO MUNDO PARA TODOS"

Libro en galego con actividades para Ed. infantil e 1º e 2º de primaria.


E, en inglés premendo AQUÍ.

Aproveitamos xa de paso para deixarvos unha pequena compilación de recursos para o Día da Paz.


luns, 26 de xaneiro de 2015

DEREITOS E DEBERES POLO DÍA DA PAZ

Os nenos de 2º A, con motivo do Día da Paz, estiveron traballando einvestigando sobre os nosos dereitos e deberes. E, para compartilo con todos nós, prepararon este traballiño.

luns, 19 de xaneiro de 2015

PARA UN DOCE 2015... CALENDARIOS SABOROSOS!

Como cada ano, dende o equipo de Dinamización da Lingua galega, propuxéronnos facer un calendario para regalar ás nosas familias. Tendo en conta o tema do PDI deste ano, elaboramos calendarios viaxeiros e saborosos! No seguinte vídeo poderedes ver o resultado!Agardamos que vos gusten e que o voso 2015 estea sendo ben saboroso e viaxeiro!

luns, 8 de decembro de 2014

DESEÑAMOS UN LOGO PARA O PDI

Ola ratiños!

Aquí vos traio unha pequena compilación dos logos que deseñastes para o proxecto da biblioteca "A volta ao mundo montados nun prato" Bo traballo e moitas grazas por debuxarnos a ratiña e a min tan fermosos ;)




Os reporteiros larpeiros anunciaron o gañador por megafonía, 


que foi este,


 de Sara Reboredo Rey, de 4º de primaria. Parabéns, Sara!



xoves, 4 de decembro de 2014

XOGANDO E COMENDO POLO MAGOSTO 2014!

Un ano máis, celebramos o magosto, non puido ser no Día de San Martiño por mor da choiva, pero houbo Magosto!

E, como non podía ser doutra maneira, alí estaban os reporteiros larpeiros de 6º para documentar o momento. Deixámosvos aquí o vídeo que prepararon cos diferentes xogos e a castañada!

Agardamos que vos guste!

luns, 1 de decembro de 2014

DE VOLTA POLO MUNDO, PARADA CULTURAL E GASTRONÓMICA EN EEUU- CELEBRAMOS ACCIÓN DE GRAZAS

Ola ratiños!

Neste proxecto anual que nos leva a dar unha "Volta ao mundo montados nun prato", na aula de inglés vin que fixestes unha parada en EEUU. Hoxe tráiovos un pequeno vídeo que recolle o traballiño realizado para conmemorar a festa de Acción de Grazas. Agardo que vos guste. Vin que traballastes un montón e seica o pasastes xenial! Se queredes saber máis sobre todo o que prepararnon os ratiños nas clases de inglés, premede AQUÍ.


E, xa de paso... a nova publicada no xornal Faro de Vigo o pasado venres 28 de novembro que recollía a actividade. Só tedes que premer na imaxe inferior.


Para saber máis de todo o que pasou en Acción de Grazas no nosos cole, premede AQUÍ.
E se queredes ver todas as fotos da festa, premede AQUÍ.

sábado, 22 de xuño de 2013

TROCO- a nosa 1ª curta de animación

Ola ratiños! Aquí vos deixo a curta presentada polo alumnado de 2º ao concurso "Nós tamén creamos". Xa sairon os premiados, e queremos mandar as nosas felicitacións aos gañadores. Parabéns! Toda a información AQUÍ. Non deixedes de ver as curtas presentadas, hai verdadeiras obras de arte!

venres, 7 de xuño de 2013

"TROCO" COMO SE FIXO?

Ola ratiños! Hoxe tráiovos novas relacionadas co concurso "Nós tamén creamos", xa sabedes, o concurso no que participaron os nenos de 2º que consistía en crear unha curta de animación a partir dun conto.
Agora que xa están publicadas todas as curtas participantes na páxina da RTVG, xa podemos contarvos moitas cousiñas. 
Polo de agora, un pequeno vídeo que recolle o "Como se fixo?" da nosa curta. Non volo perdades para saber que conto escollemos, como creamos as personaxes... todo todo!