venres, 29 de xaneiro de 2016

EN XANEIRO, EMOCIONÁMONOS COA MÚSICA DE ...MICHAEL JACKSON

Continuamos emocionándonos coa música neste curso tan artístico. No mes de xaneiro, emocionÁmonos con Michael Jackson, aquí vos deixamos a nosa lista de reproducción para que tamén vos emocionedes dende as vosas casas!

luns, 11 de xaneiro de 2016

OBRADOIRO DE ESCRITORES I-UN MOMENTO EMOCIONANTE DO ANO 2015

Ola a todos!
Como primerira tarefa do noso Obradoiro de Escritores, Ratiño e Ratiña encargáronnos describir un momento emocionante do ano 2015. Previamente, déronnos unhas instruccións que podedes atopar premendo AQUÍ.
Hoxe traémosvos algúns exemplos dos nosso traballos de escritura. Premendo na imaxe interactiva poderedes escoitalos.
 E vos deixamos tamén algunha outra imaxe relacionada cos nosos traballos de escritura.


martes, 5 de xaneiro de 2016

NADAL EMOCIONANTE E ARTÍSTICO DE CONMENIÑO -parte 2

Ola a todos!

Hoxe tráiovos outra entrega das actuacións e presentacións do noso festival de Nadal.

Comezamos coa actuación dos nenos de 1º, que interpretaron a canción "Don Ramón", a curiosa historia dun bibliotecario moi particular.


A continuación, presentación dos nenos de 3º B  do seu traballo sobre a Música e as emocións:



Agora, a presentación dos nosos expertos no mundo do circo, os nenos de 5º de primaria.


E, para rematar por hoxe, a presentación dos expertos en graffitis de 6º de primaria:


E premendo AQUÍ, poderedes ver algunhas fotos do noso Nadal 2015.

luns, 4 de xaneiro de 2016

ALMANAQUES 2016

Ola a todos!

Como xa ven sendo tradición, un ano máis preparamos uns almanaques cos que agasallar as nosas familias. O tema para os deste curso foi, como non podía ser doutro xeito, emocionARTE. Cada neno elaborou un almanaque e lle deu un título.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes.