sábado, 25 de novembro de 2017

Coñecemos mellor as nosas illas

Viñeron visitar o noso cole catro superheroínas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A través dun corvo mariño chamado Martiño explicáronnos diferentes aspectos da fauna e flora das Illas, así como tamén a importancia do seu coidado.

Canto aprendemos!

















mércores, 8 de novembro de 2017

VISITOUNOS... ANXO MOURE

Esta semana recibimos unha visita moi especial. Contamos coa presenza do Superheroe Anxo Moure.

Anxo transmitiunos a través dos seus contos a importancia do coidado da natureza. Loitamos contra o lixo nos ríos, a contaminación das fervenzas, a seca das lagoas, os lumes nos montes...

Moitas grazas por vir!









venres, 3 de novembro de 2017

NOVAS DO CURSO 2017/2018

Ola ratiñas e ratiños.

Neste curso 2017/2018 o proxecto do noso cole será o de "Superheroes e Superheroínas por un mundo mellor" e as mochilas viaxeiras xa están chegando aos diferentes fogares con libros que contribuirán na difícil tarefa de facer deste planeta un lugar máis acolledor.






Como o curso pasado decoramos as portas das clases en relación co proxecto e o Día das Bibliotecas (24 de outubro) fixemos unha visita a todas en grupos explicando cada nena e neno desa clase o traballo realizado.













Ademais, o mércores 25 de outubro o alumnado de 5º de primaria recibiu a visita de dúas persoas da Biblioteca Municipal coas que compartiron a importancia do coidado dos libros. Analizaron o porqué do deterioro de varios exemplares e en equipo buscaron solucións para arranxalos.