martes, 2 de xuño de 2015

E PARA REMATAR A NOXA VIAXE... PRESENTAMOS OS NOSOS TRABALLIÑOS SOBRE O PDI (parte I)

Este ano, como tarefa final do noso proxecto anual, propuxemos que durante estas dúas semanas, ás que chamamos Semanas Culturais de Conmeniño, os alumnos do cole  presentasen un traballo relacionado co aprendido na nosa "Volta ao mundo montados nun prato". Deuse total liberdade para o tipo de traballo, o importante era que o alumnado compartise o aprendido para así, entre todos, enriquecer a nosa viaxe.

Así, estamos a atoparnos con actividades moi variadas e sorprendentes. Hoxe deixámosvos coas presentacións dos nenos de Ed. Infantil.

Os nenos de 4º de Ed. nfantil presentáronnos unhas adiviñas moi saborosas, empregando así o tema das froitas escollido na súa clase para traballar neste curso.


Os nenos de 5º de Ed. Infantil levaron á Eiruga Larpeira con eles a Italia e nos contan o que por aquelas terras lle aconteceu:


E os investigadores de 6º de Ed. Infantil tamén se desplazaron ata Italia e tráennos un documental sobre a Torre de Pisa, non vos perdades o que descubriron estes pequenos investigadores!

1 comentario:

  1. Hola. son uns traballos moi 'profesionais' e orixinais. Nótase que desfrutaron co proxecto "Volta ao mundo montados nun prato". Seguimos en contacto

    ResponderEliminar