Amosando publicacións coa etiqueta COUSAS DO DÍA DA PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COUSAS DO DÍA DA PAZ. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de febreiro de 2018

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

A paz é un elemento clave no noso proxecto anual e por este motivo traballamos coa canción Apertas que Voan de Brinca Vai e fixemos un flashmob con todo o alumnado do centro. Rematamos a proposta formando entre todos os educandos a palabra paz no exterior do colexio.

Así mesmo, cada neno/a recibiu unha silueta na que podía debuxarse a el mesmo como Superheroe /Superheroína ou debuxar unha persoa que sexa un Superheroe ou Superheroína pola paz. Ademais, na propia silueta describiron porque esas persoas contribuirían a crear un mundo mellor.

No seguinte enlace podedes ver o resultado final:

https://www.youtube.com/watch?v=C1G8rV9DcpI&feature=youtu.be




martes, 1 de marzo de 2016

HEROES DA PAZ

 Con retraso pero aquí chega unha compilación da actividade de investigación que levaron a cabo os pequenos polo Día da Paz. Cada grupo investigou sobre un heroe da paz (unha persoa, unha institución, unha historia...) e despois conpartírono co resto do colexio facendo pequenas presentacións. Que poderedes ver ou escoitar premendo na seguinte imaxe interactiva.

luns, 1 de febreiro de 2016

DÍA DA PAZ 2016- PRIMEIRA PARTE

Ola a todos!
Traémosvos un pequeno resumo do noso Día da Paz deste ano. Comezamos co Mercadiño Solidario que, un ano máis, foi un éxito.
Seguimos o mesmo sistema que o curso pasado: un libro por un alimento.
Os nenos de 5º e 6º encargáronse da montaxe, o intercambio e a recollida de alimentos.



Chegou o día e toda a comunidade educativa participou no noso mercadiño. Moitas grazas a todos!

  

Entre todos recaudamos: 
Para Cáritas: 86 paquetes de pasta, 30 kg de arroz, 17 kg de azucre, 42 paquetes de legumes, 12 paquetes de galletas, 5 caixas de cereais, 35 litros de leite, conservas, fariña, aceite, s ... e moitas máiscousas.
Tamén recollemos axuda para o Refuxio de animais de Cambados, para o que se recaudou area para gatos, lixivia, comida de gato e de can...


Outra das actividades celebradas co gallo do Día da Paz foi a comida co alumnado de 6º de primaria, que comeron todos xuntos cos mestres o pasado martes. Trouxeron comidas variadas para compartir e gozaron dun divertido almorzo de convivencia.



 Atentos, seguiremos informando sobre o noso Día da Paz 2016.

luns, 20 de abril de 2015

A QUE SABE A PAZ NO MUNDO?


Alá polo mes de xaneiro con motivo do Día da Paz, o ratiño fíxonos unha pregunta: A que sabe a paz no mundo?O ratiño e a ratiña deixaron a mesa posta con pratos para cada aula e un sobre no que viña o nome de 2 países, tiñamos que investigare imaxinar a que sabería a paz neses países que nos tocaron, así que puxémonos mans á obra!


Os nenos maiores do cole fixeron un mapa mundi co que acompañar a nosa "Volta ao mundo montados nun prato".




Nel, unha vez escritos os nosos poemiñas ou pequenos textos, engadimos os nomes dos continentes e países que nos encargou o ratiño e despois, cada grupo colgou os pratos cos sabores da paz no mundo. 



A continuación deixámosvos un mapa interactivo no que, clicando nos circuliños de cores, poderedes escoitar a que sabe a paz no mundo para nós. 



xoves, 19 de febreiro de 2015

O NOSO MERCADIÑO SOLIDARIO II (DÍA DA PAZ 2015)

Despois de 4 días de intercambio de libros por alimentos, énchenos de ledicia poder dicir que o mercadiño solidario de Conmeniño foi todo un éxito.

Recollemos unha gran cantidade de alimentos, tanto para Cáritas como para o Refuxio de animais de Cambados, mostra da solidaridade do alumnado do noso colexio e das súas familias.

Ademáis disto, hai que agradecer a colaboración dos nenos de 5º e de 6º de primaria que se ocuparon nos recreos de atender o mercadiño.


Na clase de matemáticas, os nenos de 5º fixeron o reconto de todo o recollido. Este é un resumo das cousas que conseguimos reunir:

alimento
cantidade (en kg, l ou unidades)
para Cáritas
aceite
30 l
arroz
60 kg
azucre
14 kg
conservas variadas
44 U
galletas
20 U
garabanzos
36 kg
leite
58 l
lentellas
42 kg
pasta
78 kg
salsa de tomate
20 U
para o Refuxio
area para gatos
25 kg
penso para cans
49 kg
penso para gatos
7 kg

Tamén reunimos, en menor cantidade, os seguintes productos: cacao, chocolate e outros doces, caldo e sopa, fabas, sal, zume, latas e salchichas para cans e gatos, así como productos de limpeza.

Sen dúbida, a xente que dispón de poucos recursos e os animais sen fogar estaranvos moi agradecidos.


Dúas das cadeliñas do Refuxio acompañaron ás responsables do mesmo para recoller os productos donados por nós, e pasaron a saúdar aos nenos de cada clase para darlle as grazas. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

 Estiveron encantadas de visitar as clases.

 Na clase de 5º estaban a facer o reconto dos productos.

 Foron moi agarimosas cos rapaces.

 


Grazas á colaboración de todos, reunimos un grande lote de productos para eles!


Tamén dende Cáritas nos enviaron unha carta de agradecemento.



Ademais de todo isto, dende a Voz de Galicia interesáronse pola nosa iniciativa e publicaron un artigo sobre a actividade, se queredes velo, só tedes que premer na imaxe inferior:


A todos os que colaborastes, MOITAS GRAZAS!

luns, 2 de febreiro de 2015

O NOSO DÍA DA PAZ 2015

Aquí vos traemos un pequeno resumo de todo o que aconteceu en Conmeniño polo Día da Paz!

Como xa vos contamos aquí, durante toda a semana tivemos aberto un Mercadiño solidario co que recaudamos comida para donar a Cáritas e ao Refuxio de Animais de Cambados. (contarémosvolo todo en breve!)


Ademais disto, seleccionamos ingredientes para a Paz, que podedes ver na entrada do noso cole:









Aproveitando estes ingredientes, entre todos os nenos do cole, fixemos unha receita para a paz que recitamos o pasado venres:


O noso menú para a Paz quedounos así:

Entremeses:
Croquetas para compartir e empanada con moito amor.
        

Primeiro Plato:
Garabanzos con amizade
Lentellas cheas de ledicia

       


Segundo plato:

Peixe con amor
Polo con xustiza.



Sobremesas:
Magdalenas para namoriscar e xeado de fe.

Bebidas:
Auga de querer e leite de amizade


Ademais de recitar este menún tan saboroso, os nenos de 2ª B déronnos unha receta para facer unha familia que pronto compartiremos con todos vós. E, ademais, todos xuntos cantamos unha cancón coa profe Luisa.

Ademais de todas estas cousiñas, os nenos de 4º estiveron investigando e traballando sobre a inspiradora,  Malala Yousafzai. Premio Nobel da Paz e heroe mundial aos 17 anos pola súa defensa dos dereitos humanos, a educación e os dereitos das mulleres. Como producto final, os alumnos de 4º prepararon este cartel informativo.


Tamén dentro do marco do Día da Paz, o pasado martes, celebramos a comida de convivencia que xa é tradición co alumnado de 6º EP. 




SE queredes ver todas as imaxes de todas as actividades, só tedes que premer AQUÍ.