venres, 29 de xuño de 2012

CRÓNICA DUN FIN DE CURSO MOI ANIMADO

Ola ratiños!
Aquí vos deixo unhas imaxes do fin de curso. Parece que o pasáchedes moi ben. Agora sí que me despido, que pasedes unhas moi felices vacacións, vémonos á volta! Pero lembrade que podedes seguir léndome por aquí, atoparedes moitas actividades divertidas para facer durante as vacacións ademas de xogar, ir á praia, estar coa familia, ...


Que teñades un moi feliz verán! Biquiños de ratiño lector!!!

martes, 26 de xuño de 2012

CONTOS PERSONALIZADOS

Ola ratiños! Como van esas vacacións? Espero que esteades a pasalo moi ben! Eu aínda non estou de vacacións, así que hoxe vos traio unha cousa que me quedara atrás. Déixovos un vídeo duns contos, pero non son uns contos calquera, non, son uns libros de historias personalizadas polos ratiños de 5º de Educación Infantil. Encantáronme, así que aquí volos deixo para todos! Que ben escribides, e que ilustracións, bo traballo!!!

martes, 19 de xuño de 2012

O VERÁN, O MAR...

Ola ratiños! O verán xa case está aquí. Só quedan 2 días. Para ir abrindo boca, aquí vos deixo esta actividade LIM elaborada na EEI de Tarrío-Samieira coa que poderedes traballar cousas do verán e un dos seus grandes protagonistas: O MAR. Premede na imaxe!


Un saúdo de ratiño lector!