Comezamos aquí
a nosa serie de receitas do mundo.
As reporteiras AINHOA MEIS e NEREA fixeron xuntas esta receita de GALLETAS de ESCOCIA, para empezar con algo sinxelo, pero non por iso menos saboroso.
Tamén se
animaron a probar os PANQUEQUES CON DOCE DE LEITE, típicos de
ARXENTINA e moi parecidos ás nosas riquísimas filloas.
Estaba todo
boísimo!
GALLETAS ESCOCESAS
para 4 persoas x
preparación: moi fácil x
tempo de elaboración: 30 minutos
PRECISAS
1 recipiente
1 bandexa de
forno
1 forno
INGREDIENTES
100 g de
manteiga
50 g de maicena
100 g de fariña
50 g de azucre
PREPARACIÓN
1. Introduce
todos os ingredientes no recipente e mestúraos.
2. Despois vai
collendo anacos da masa e dalles forma de galletas.
3. Fornéas a
180º C durante 15 minutos.
4. Déixaas
arrefriar un pouco e xa están listas para comer.
mesturamos os ingredientes
amasamos ben
dámoslle forma ás galletas
metémolas no forno
e listas para degustar!
PANQUEQUES CON DOCE DE LEITE
para 4
persoas x
preparación: fácil
x tempo de elaboración: 40 min + 2 h e 1/2 de cocción do leite x
PRECISAS
1 tixola antiadherente
1 pota
1 batedor
1 recipiente
1 cullerón
1 espátula pequena ou
coitelo para darlle a volta aos panqueques
INGREDIENTES
para o doce de leite
1
bote de leite condensado
para os panqueques
2 ovos
1 l de leite
50 g demanteiga fundida
125 g de fariña
25 g de azucre
sal
PREPARACIÓN
para o doce de leite
1.
Pon o doce de leite condensado a cocer durante 2 horas e media
dentro dunha pota e cuberto con auga abundante.
2. Trancorrido este
tempo, déixao arrefriar e abre o bote. Véras que está máis denso
e de cor marrón.
para os panqueques
1. Coloca todos os
ingredientes nun recipiente e utiliza o batedor até que non quede
ningun gromo.
2. Despois, nunha tixola
ben quente bota un culleirón da masa dos panqueques e esténdea para
que quede ben fina.
3. Deixa que se faga
durante 10 segundos por cada lado e retira a un prato. Repite esta
operación até que remates coa masa.
4. Por último, enche os
panqueques co doce de leite e xa está listo o prato para
presentar.
batemos os ingredientes dos panqueques
untámolos con doce de leite ou tamén con confitura, crema de cacao...
e este é o resultado
A vindeira semana estaremos aquí con unha nova e exquisita receita. Animádevos a probala e contádenos que vos pareceu.
E non esquezades facervos a foto e traérnola para o mural.
Bo proveito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario