luns, 27 de maio de 2019

Sorteo na biblio

O venres tivo lugar un novo sorteo na biblio. Nesta ocasión as persoas gañadoras foron as seguintes:
  • Lara Riveiro Fuentes de 1º de Educación Primaria.
  • Amaya Otero García de 2º de Educación Primaria.
  • Ivana García Costas de 3º de Educación Primaria.
  • Miguel Franco Fernández de 3º de Educación Primaria.
  • Martina Castro Domínguez de 3º de Educación Primaria.
  • Anxo López Gondar de 4º de Educación Primaria.
  • Marcos Lois Pérez de 5º de Educación Primaria.
A continuación tedes unhas fotiños dalgunha das persoas gañadoras.
Lembrade que como cada semana, este venres durante o recreo faremos un novo sorteo. Moita sorte a tod@s e felices lecturas!!
Saudiños de GusiBot!!



Os nosos libros favoritos

Lembrade que dende a semana das Letras Galegas temos en marcha a actividade "Os nosos libros favoritos" que consiste en que fagades a portada ou algún elemento relevante do voso libro ou libros favoritos. Podedes pedir a vosa folla na biblio do cole. Animádevos, xa hai deseños moi bonitos!!
Apertas de GusiBot!!





mércores, 22 de maio de 2019

Novidades inclusivas!

Xa tedes á vosa disposición novidades na nosa biblio!!
Neste caso son libros que inciden nas diferenzas que existen entre nós pero ao mesmo tempo na importancia da igualdade e do respecto da diversidade!
Animádevos a ler algunha destas fermosas historias!

Felices lecturas e unha aperta de GusiBot!!!


Recomendacións lectoras en galego no mes das LETRAS GALEGAS

Xa que no mes de maio se conmemora o Día das Letras Galegas, dende a nosa biblio, ofrecemos algunhas recomendacións lectoras en galego para todos os nen@s. Animádevos a ler na nosa lingua, seguro que descubrides historias que vos atraparán!!

Algunhas das recomendacións son:
  • O meu nome é Skywalker de Agustín Fernández Paz.
  • Icía quere cambiar o mundo de FIna Casalderrey.
  • A festa no faiado de María Victoria Moreno.
  • Contos do paxaro azul de Helena Villar.
  • Un ano de fábula en catro estacións de Uxía Casal.
  • A fuxida dos nenos de Xosé Mª Heras.
  • O soño do Merlo Branxo de Agustín Fernández Paz.
  • As viaxes de Ruki de Ramón Caride.
  • Non o saben as estrelas de Diego Alfonsín.
  • Os bolechas van á peixaría de Pepe Carreiro.
  • As fadas das camelias de Enrique Mauricio.
  • O elefante dunha soa orella de X.H. RIvadulla.
  • A porta dourada de Xelís de Toro.
  • O vestido de Cora de Concha Blanco.
  • As bolboretas douras de Ánxela Gracián.
  • Os bolechas van á biblioteca de Pepe Carreiro.
  • Caderno de lúas de María Canosa.
  • O galo de Antioquía de Carlos Casares.
  • Historia de resurreción do papagaio de Eduardo Galeano.
  • O coello Federico de Xosé Miranda.
  • Anamarciana: Vacacións en Europa de Alberto Varela. 



Sorteo na biblio

Como o venres 17 de maio foi unha data festiva pola conmemoración das Letras Galegas, o sorteo de todos os venres, fixémolo o xoves 16 e as persoas gañadoras foron as seguintes:
  • Unai Álvarez de 1º de Educación Primaria.
  • Irene Torres de 5º de Educación Primaria.
  • Lucas Fernández de 5º de Educación Primaria.
  • Ainoa Castro de 5º de Educación Primaria.
Recordade que este venres no tempo do recreo farase un novo sorteo. Animádevos a pasar pola biblio e coller o voso libro ademais de cubrir o papel co que participaredes no sorteo!

Moita sorte a tod@s e felices lecturas!! GusiBot!



xoves, 16 de maio de 2019

Escritores e libros galegos

Con motivo da conmemoración das Letras Galegas, no cole decoramos as escaleiras con diferentes títulos galegos así como o nome dos seus autores e autoras.
A continuación deixámosvos a división por aulas:

Educación Infantil 3/4 anos:

  • O lápis do carpinteiro de Manuel Rivas.
  • O sol na crista do galo de Manuel Lueiro Rey.
Educación Infantil 4/5 anos:
  • A rá chea de envexa de Valentín Arias.
  • Mar adiante de María Victoria Moreno.
1º de Educación Primaria:
  • Follas Novas de Rosalía de Castro.
  • Os dous de sempre de Castelao.
2º de Educación Primaria:
  • Os vellos non deben de namorarse de Castelao.
  • Leonardo e os fontaneiros de María Victoria Moreno.
3º de Educación Primaria:
  • Os mequiños e a lenda do tempo de Juan Sendino.
  • Ovos duros de Marisa Núñez.
4º de Educación Primaira:
  • Made in Galiza de Sechu Sende.
  • Deíxao medrar de Silvestre Gómez.
5º de Educación Primaria:
  • Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas.
  • Os sete coitelos de Xosé Agrelo Hermo.
6º de Educación Primaria:
  • Ás de mosca para Anxo de Fina Casalderrey.
  • A filla do ladrón de bicicletas de Teresa González Costa.
Aquí vos quedan dúas fotiños de como quedaron. Apertas de GusiBot!!



Sorteo na biblio

O venres pasado tivemos un novo sorteo na biblioteca do noso cole.
Nesta ocasión, as persoas gañadoras levaron todas unha axenda:

Gabriel Ferreiro Méndez de 2º de Educación Primaria 
Flavia  Silva Domínguez de 4º de Educación Primaria
Carmen Montes Rodríguez de 4º de Educación Primaria
Andrea Bea Lois de 6º de Educación Primaria

Hoxe teremos un novo sorteo, xa que mañá venres é o Día das Letras Galegas e non teremos clase.

Saudiños de GusiBot!!!

xoves, 9 de maio de 2019

O Papagaio

Xa temos aquí unha nova edición do Papagaio para este mes de maio!!
Pasade pola nosa biblio para botarlle unha ollada, ten cousas moi interesantes e algunhas delas son de ciencias!! Polo que vos serán de moita utilidade!
Animádevos!!
Felices lecturas e unha aperta de GusiBot!!


luns, 6 de maio de 2019

Calendario das persoas colaboradoras para o mes de maio

Boas a tod@s! Aquí vos deixamos o calendario dos colaborad@s da biblioteca para o mes de maio, lembrade que tamén o tedes na porta da biblio.
Grazas pola vosa axuda e un saudiño!!
GusiBot

Novos xogos didácticos

Como sabedes tamén contamos con novos xogos didácticos para amenizar o voso tempo de lecer. Van dende o xadrez, dominó, tangram, yenga, ... e unha morea deles.
Unha norma importante, que en algunhas ocasións se nos esquece, é que temos que recollelos antes de irnos da biblioteca e deixalos no seu sitio.
Así que animádevos a probalos, xa veredes como o pasades xenial!!
Aquí vos quedan algunhas fotos das últimas adquisicións!
Unha aperta de GusiBot!



Novo equipamento

Na biblio dispoñemos de novo mobiliario para que gocedes dun espazo máis cómodo para as vosas lecturas, dende mesas e taburetes novos ata puffs para que non paredes de ler e gozar.
Aquí vos quedan dúas fotos dos novos puffs.

Un saudiño de GusiBot!


Novo espazo TIC

Como xa sabedes, na biblio gozamos dun novo espazo TIC que está á vosa disposición para a busca de información e traballo. Hoxe en día as tecnoloxías da información e da comunicación son unha ferramenta indispensable e a nosa biblio non podía quedar sen un espazo dedicado a elas, na procura dunha alfabetización múltiple.
Lembrade a importancia de cumprir as normas de uso así como o coidado dos equipos para que tod@s poidamos empregalos.
Recordarvos que tamén están á vosa disposición todos os días da semana (a excepción dos martes) de 16:00 a 18:00 da tarde no mesmo horario no que temos aberta a biblioteca do cole.
Moitas grazas e apertas de GusiBot!!


Sorteo na biblio!

O pasado venres tivemos un novo sorteo na nosa biblio, nesta ocasións as persoas gañadoras foron as seguintes:
  • Martina Castro de 3º de Educación Primaria.
  • Laura Costa de 5º de Educación Primaria.
  • Rubén Iglesias de 5º de Educación Primaria.
  • Antía Varela de 5º de Educación Primaria. 
Recorda que  o vindeiro venres 10 de maio temos un novo sorteo! Moita sorte a tod@s e felices lecturas!!
Apertas de GusiBot!!





xoves, 2 de maio de 2019

O libro viaxeiro

Unha actividade que se fixo na Semana do Libro foi o libro viaxeiro que foi percorrendo os diferentes cursos do cole e no que fostedes engadindo a vosa parte ao conto que inventástedes entre tod@s que ten como título Os Grolux.
Recordade que podedes lelo na biblioteca.
Parabéns, xa que co voso enxeño fixéstedes un conto moi chulo e divertido!
Saúdos e apertas de GusiBot!!

Aquí tedes algunha foto do mesmo



O sorteo na biblio!

O venres 26 fixemos un novo sorteo entre os lectores e lectoras da biblio e os gañadores foron os seguintes:

  • Edgar de 2º de EP
  • Naia de 3º de EP
  • Gisela de 4º de EP

Noraboa aos tres e moita sorte para tod@s nos vindeiros sorteos!!

Aquí deixamos algunha foto e animádevos a participar!

Felices lecturas e saudiños de GusiBot!!



Semana do libro, dramatizacións de contos

Como actividade final na semana do libro, o alumnado de 5º de Educación Primaria fixo un total de cinco dramatizacións de distintos contos en galego.
Grupo de dramatización 1: Aida, Ainoa C., Irene, Xabi e Verónica que nos representaron o conto Porque te quero moito.
Grupo de dramatización 2: Andrés, Lucas, Joel, Rodrigo P. e Saúl A. que nos dramatizaron o conto A carapuchiña vermella.
Grupo de dramatización 3: Nicolás C., Nicolás F. e Rodrigo Q. que fixeron o conto Avós.
Grupo de dramatización 4: Zaira, Eloy, Laura e Ainoa E. que representaron O año que é un porquiño.
Grupo de dramatización 5: Hugo, Saúl V., Rubén e Marcos que dramatizaron A miña profe é un monstruo! Diso nada.
O venres foi o día que o resto do cole puido gozar delas.
Noraboa a todos os nen@s de 5º, ao resto do cole encantáronnos e por suposto, grazas polo voso traballo e colaboración!
A continuación subimos algunha foto dese día así como un vídeo, clickade sobre o link DRAMATIZACIÓNS DOS NEN@S DE 5º EP.
Moitas apertas de GusiBot!!

DRAMATIZACIÓNS DOS NEN@S DE 5º EP 






Semana do libro, apadriñamento lector

Durante a semana do libro outra das actividades que se levaron a cabo foi un apadriñamento lector dos nen@s de 6º de Educación Primaria aos máis pequenos do colexio, o alumnado de Educación Infantil.
O mércores durante a hora de ler, os maiores visitaron aos nenos de 3 e 4 anos da aula do profe Marcos, mentres que o xoves á mesma hora, acudiron á aula da profe Rita cos nen@s de 4 e 5 anos.
Foi todo un éxito para os máis pequenos! Noraboa aos nen@s de 6º e grazas pola vosa colaboración e implicación!!!
Apertas de GusiBot
Algunhas fotiños da actividade e un vídeo sobre o que podedes clicar a continuación:

APADRIÑAMENTO LECTOR DOS NEN@S DE 6º DE EP





Semana do libro o Bibliocarrito

Unha das propostas para a semana do libro foi o Bibliocarrito, que estivo á vosa disposición durante o tempo de lecer para que collerades un libro e gozarades del no patio ou no pavillón durante o recreo.
Aquí vos deixamos algunha fotiño.
Apertas de GusiBot!

Mulleres na ciencia

Como sabedes, este ano o noso PDI está relacionado coa ciencia, polo que no cole decidimos vela cunha nova mirada, na busca de mulleres relevantes no mundo da ciencia. Para iso, os nen@s do cole elaborástedes pequenas biografías e debuxos sobre algunhas das mulleres máis importantes dentro do campo da ciencia ao longa da historia.
Recordade que os traballos están expostos no corredor lateral da biblio.
Aquí quedan algunhas fotos dos mesmos! Noraboa e grazas a tod@s os que colaborástedes, un traballo magnífico!
Saudiños de GusiBot!!!