Alá polo mes de xaneiro con motivo do Día da Paz, o ratiño fíxonos unha pregunta: A que sabe a paz no mundo?O ratiño e a ratiña deixaron a mesa posta con pratos para cada aula e un sobre no que viña o nome de 2 países, tiñamos que investigare imaxinar a que sabería a paz neses países que nos tocaron, así que puxémonos mans á obra!
Os nenos maiores do cole fixeron un mapa mundi co que acompañar a nosa "Volta ao mundo montados nun prato".
Nel, unha vez escritos os nosos poemiñas ou pequenos textos, engadimos os nomes dos continentes e países que nos encargou o ratiño e despois, cada grupo colgou os pratos cos sabores da paz no mundo.
A continuación deixámosvos un mapa interactivo no que, clicando nos circuliños de cores, poderedes escoitar a que sabe a paz no mundo para nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario