Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de abril de 2015

A QUE SABE A PAZ NO MUNDO?


Alá polo mes de xaneiro con motivo do Día da Paz, o ratiño fíxonos unha pregunta: A que sabe a paz no mundo?O ratiño e a ratiña deixaron a mesa posta con pratos para cada aula e un sobre no que viña o nome de 2 países, tiñamos que investigare imaxinar a que sabería a paz neses países que nos tocaron, así que puxémonos mans á obra!


Os nenos maiores do cole fixeron un mapa mundi co que acompañar a nosa "Volta ao mundo montados nun prato".




Nel, unha vez escritos os nosos poemiñas ou pequenos textos, engadimos os nomes dos continentes e países que nos encargou o ratiño e despois, cada grupo colgou os pratos cos sabores da paz no mundo. 



A continuación deixámosvos un mapa interactivo no que, clicando nos circuliños de cores, poderedes escoitar a que sabe a paz no mundo para nós. 



mércores, 25 de decembro de 2013

NADAL MARIÑO DE CONMENIÑO- 3ª PARTE

E xa para rematar co repaso ao noso Nadal mariño, os nenos de 4º e 6º, cos seus traballiños e actuacións.

Os alumnos de 4º trouxeron unha nova relacionada con Papá Noel, atentos! E ademais cantáronnos "Villancico marinero"


E os maiores do cole presentáronnos o aprendido sobre os mexillóns e interpretaron "O meu barco".



E así remata o resumo do noso Nadal mariño. Agardo que vos teña gustado a todos. Que pasedes unhas moi felices festas e vémonos o vindeiro ano!
*** Lembrade que podedes descargar os vídeos!

sábado, 21 de decembro de 2013

NADAL MARIÑO DE CONMENIÑO - 2ª PARTE

Ola ratiños!
Hoxe tráiovos as actuacións e presentacións dos nenos de 3º e 5º de Ed. primaria. Quedei impresionado cos vosos traballiños!
Comezamos cos nenos de 3º, que se están a convertir en expertos en golfiños, e nos contan todo o que destes simpáticos animaliños xa saben. Ademais disto, cantáronos a canción "Yellow submarine".





E, para rematar por hoxe, a presentación que os nenos de 5º prepararon sobre as baleas e a súa Illa das baleas. Ademais disto, interpretaron coa flauta "Barcarola". Bo traballo, rapaces!!!





*** Lembrade que podedes descargar os vídeos!

NADAL MARIÑO DE CONMENIÑO -1ª PARTE

Ola ratiños, por aquí vos deixo as actuacións dos nenos de Ed Infantill, 1º e 2º de primaria e os seus traballiños. 

Primeiro de nada, os nenos de infantil nos presentan aos cangrexos ermitaños, os cabaliños e as estrelas de mar; e nos cantan :"Sereiña do mar". Xenial, chicos!





A continuación, os nenos de 1º de primaria nos presentan a historia da súa viaxe ao Ártico e nos cantan "1 peixiño moi divertido".



 
E, para rematar por hoxe, os ratiños de 2º, coa súa actuación "Glu-glu-glu" e a súa presentación sobre as quenllas. Bo traballo, chicos!





 *** Lembrade que podedes descargar os vídeos!