xoves, 30 de abril de 2015

TORTA SELVA NEGRA DENDE SUÍZA


      Nin máis nin menos que ata SUÍZA chegaron os nosos reporteiros ANTÓN e UXÍA
      Agora están aquí para convidarnos a probar a saborosa TORTA "SELVA NEGRA". Toda unha delicia de chocolate e nata! Mmm...

TORTA SELVA NEGRA
fácil  x  para 4 persoas  tempo de elaboración: 10 minutos

PRECISAS
1 batedor
1 recipiente
1 manga pasteleira
1 espátula

INGREDIENTES
1 biscoito de chocolate
150 g de labras de chocolate
750 g de tona líquida
150 g de azucre

  1. Primeiro, debes montar a tona con azucre até conseguir unha textrura firme.
  2. A continuación, corta o biscoito formando dous discos.
  3. Sobre unha das partes do biscoito, bota a nata montada e cobre coa outra metade do biscoito.
  4. Por último, esparexe por riba as labras de chocolate.

Para facer o biscoito máis brandiño, podes mollalo cun pouco de xarope.


Traballo en equipo... xenial!



















 Con esta bonita decoración a torta é aínda máis apetitosa















Quen a probe quererá repetir así que... dúas mellor que unha!

mércores, 29 de abril de 2015

VISITOUNOS ANXO MOURE E... QUEDAMOS ATRAPADOS NAS SÚAS HISTORIAS!

Ola ratiños!

Como xa vos prometeramos, aquí vos traemos as fotos da visita de Anxo Moure.


Dentro das actividades do mes do libro, o pasado luns 27 de abril, tal e como xa vos contaramos AQUÍ, agardabamos impacientes a visita do autor e contador de historias, Anxo Moure.


Dende Chantada, chegou no seu NUBINETE listo para atraparnos a todos coas súas historias e conversacións coa natureza.




Escoitamos atentos, axudámolo coas súas historias, cantamos, bailamos e ata puidemos subir no seu nubinete!







Foi unha mañán moi divertida, na que grandes e pequenos, gozaron escoitando historias inspiradas no seu libro "O Paraugas Dameaugas" e nas súas conversacións coa natureza, na súa casa da árbore en Chantada.

Deixámosvos aquí co seu conto sen palabras e algúns anaquiños máis da súa actuación no noso cole.




Se queredes ver todas a sfotos, só tedes que premer AQUÍ.

luns, 27 de abril de 2015

SEMANA DO LIBRO- APADRIÑAMENTO LECTOR

Ola a todos!

Como ben sabedes, a pasada semana celebramos no cole a Semana do Libro. Todos os nenos do cole participamos en dúas sesións de "Apadriñamento Lector". 

En que consistiu? Como nos organizamos? Aquí volo contamos todo! 

Os "padriños" lectores foron os nenos de 3º a 6º de primaria organizados en parellas. Estas parellas, previo ás xornadas de apadriñamento lector, tiveron que escoller dous libros, un informativo e outro narrativo para contar aos máis pequenos do cole. Tiveron que ter en conta o seu público ademais dos seus gustos lectores, o que serviu para que, en moitos casos, coñeceran libros ata o momento descoñecidos para eles.


Unha vez escollido o libro, o que nos serviu ademais para ir familiarizándonos co novo sistema de catalogación dos libros da nosa nova biblioteca, rexistramos a nosa elección nunha lista.



E comezamos a practicar como lle iamos contar o libro aos nosos "afillados". Practicamos durante varios días para que todo saise xenial!





 E... chegou o martes 21 de abril, o día da nosa 1ª sesión de apadriñamento lector! Libros e padriños preparados!


Collemos a 3 nenos dos cursos inferiores, formamos un mini club de lectura nun recuncho do patio e... A VIAXAR COA LECTURA!






E así transcurriron as nosas dúas sesións de apadriñamento lector. O martes con ficción e o xoves con libros informativos que incluían: libros de animais, sobre alimentación, Xeografía, Paleontoloxía...

Foron unhas xornadas moi entretidas ademais de enriquecedoras, nas que todos gozamos da lectura dun xeito diferente. Foi ademais unha actividade cooperativa entre todo o alumnado que transcurriu sen incidencias e nun clima moi agradable. De seguro que repetiremos! 

Estade atentos que en breve vos contamos como foi a visita especial que tivemos hoxe no cole!

PD: Se queredes ver máis fotos e descargalas, só tedes que premer AQUÍ.

domingo, 26 de abril de 2015

PARTICIPAMOS NUN CONCURSO!

Ola a todos! Unha entrada moi curtiña só para contarvos que nos presentamos a un concurso de blog co noso blog da biblioteca, trátase do concurso ESPIRAL EDUBLOGs, que xa vai pola súa 9ª edición. 
 Premendo na imaxe inferior atopareces a nosa presentación para o concurso, baixo a que,se queredes, podedes deixar un comentario de apoio á nosa candidatura.


Grazas!

mércores, 22 de abril de 2015

FELIZ DÍA DA TERRA E INTERESANTES NOVAS!

Ola a todos!

Hoxe, co gallo do Día da Terra e para comunicarvos algo importante, os nenos de 5º fixeron un pequeno programiña de radio. Se queredes lembrar de que se trataba, aquí volo deixamos para que o escoitedes tantas veces como queirades!


Ademais, deixámosvos unha presentación co libro por se o queredes ler.




Impacientes estamos pola visita de Anxo Moure o luns na nosa biblioteca! Ata a próxima e Feliz Dïa da Terra, faina sorrir hoxe e todos os días do ano!

martes, 21 de abril de 2015

SINCRONIZADA MEXICANA

      De novo temos aquí unha saborosa receita! Que será esta vez?
      Pois trátase da SINCRONIZADA, que o reporteiro ROI nos trae da súa viaxe por MÉXICO.
     Aquí vola deixamos.


SINCRONIZADA

moi facil  para 4 persoas  x  tempo de elaboración: 10 minutos


PRECISAS
1 prancha ou tixola
1 espumadeira


INGREDIENTES
8 tortillas de millo ou trigo mexicanas
16 rebandas de queixo
8 rebandas de xamón cocido


1. Nunha tixola, tostas as tortillas de millo ou trigo polos dous lados. 

2. Na ultima volta, colocas primeiro o queixo para que se pegue ás paredes, logo o xamón e logo o queixo. 

3. Por ultimo, pos enriba outra tortilla xa tostada a modo de tapadeira.

Este é un prato moi sinxelo para merendar que os nenos mexicanos acompañan con guacamole. 



Unha merenda ben apetitosa!


 Como vedes, moi fácil de preparar. Animádevos a probalo!

luns, 20 de abril de 2015

A QUE SABE A PAZ NO MUNDO?


Alá polo mes de xaneiro con motivo do Día da Paz, o ratiño fíxonos unha pregunta: A que sabe a paz no mundo?O ratiño e a ratiña deixaron a mesa posta con pratos para cada aula e un sobre no que viña o nome de 2 países, tiñamos que investigare imaxinar a que sabería a paz neses países que nos tocaron, así que puxémonos mans á obra!


Os nenos maiores do cole fixeron un mapa mundi co que acompañar a nosa "Volta ao mundo montados nun prato".




Nel, unha vez escritos os nosos poemiñas ou pequenos textos, engadimos os nomes dos continentes e países que nos encargou o ratiño e despois, cada grupo colgou os pratos cos sabores da paz no mundo. 



A continuación deixámosvos un mapa interactivo no que, clicando nos circuliños de cores, poderedes escoitar a que sabe a paz no mundo para nós. 



xoves, 16 de abril de 2015

RECURSOS PARA O DÍA DO LIBRO

Ola a todos!
Como ben sabedes, a vindeira semana, o 23 de abril, celébrase o Día do Libro. No cole, adicaremos a semana a facer diversas actividades relacionadas con esta data. Por se queredes saber máis deste día ou descubrir recursos relacionados con contar e escribir historias, aquí vos deixamos unha pequena compilación de recursos:


domingo, 12 de abril de 2015

UN AGASALLO DENDE A BIBLIOTECA DE XOSÉ NEIRA VILAS!

Ola ratiños!
Agora que xa está inaugurada a nova biblioteca (en breve poderedes ver todos como foi a transformación, estade atentos!), queremos contarvos a historia duns libros moi especiais que nela temos. Son moi especiais porque son un agasallo que nos fixeron dende a Biblioteca de Xosé Neira Vilas, xornalista, narrador, ensaista e poeta e lingua galega e autor de obras como "De cando Suso foi carteiro". E... vos preguntaredes, e como chegou ese agasallo ata a nosa biblioteca?


Pois volo contamos todo todiño! 

Resulta que Iria e Sabela Arnoso, alumnas de 5º de Ed. infantil e 4º de primaria respectivamente, foron visitar coa súa familia a Fundación Xosé Neira Vilas, na parroquia de Gres. Esta fundación conta, entre outras cousas, cunha biblioteca, salón de actos... 



O pai de Sabela pertence a un grupo chamado Turismo Verde, e nos conta en qué consiste esta asociación, cal é a súa labor e como foi a visita á Fundación Xosé Neira Vilas: 

"Somos un "colectivo" en fase de conversion en Asociacion ou algun dia.... empresa, que traballamos sobre o proxecto "Turismo Verde de Galicia". Pretende ser algun dia un portal web onde atopar todo tipo de informacion sobre Galicia, non só onde aloxarse etc., si non sobre todo tipo de lugares da terriña, desconocidos, máxicos e moitos que non saen nas grandes liñas de turismo, dando a coñecer festas, eventos e, en definitiva, promocionar toda Galicia..... A Galicia Escondida.

Complementándoo tamen con historia, cultura, producto da terra, artesanía, etc, polo cal decidimos facer uns Concursos Fotográficos nos que agasallamos aos gañadores con cousas que nos donan os nosos patrocinadores, e facemos a entrega de premios, o que nos denominamos "Encontros Turvegal", nos que coñecemos un concello, artesáns, e mais cousas do entorno, enmarcado na celebracion do fin do Concurso e coa posterior entrega de premios.



No II Encontro Turvegal, para a entrega de Premios do Concurso Primaveira en Galicia, celebramos dito evento en coordinacion co Concello de Vila de Cruces, e tivemos a oportunidade de coñecer a un dos nosos maiores literatos, o mestre Don Xosé Neira Vilas, que nos recibiu na súa casa e nos ensinou o seu museo ademais de tamén agasallarnos cun pequeno coloquio, no que ao final, como as miñas fillas Aitana, Sabela e Iria, estaban ali lles fixo entrega dun lote de libros para que os entregaran no seu cole"









     Estamos seguros de que foi unha xornada xenial, descubrindo este fermoso lugar do Concello de Vila de Cruces. Moitas grazas á familia de Iria e Sabela, por compartir esta experiencia con nós, traer novos libros para a nosa biblioteca, darnos a coñecer tanto a Fundación Xosé Neira Vilas como a Asociación Turismo Verde de Galicia e prestarnos estas imaxes.

Por se estades interesados en coñecer máis sobre a asociación Turismo Verde, nos seguintes enlaces poderedes atopar máis información sobre ela:

mércores, 8 de abril de 2015

MACARRÓNS Á CARBONARA


      Ola, ratiños!
      ITALIA é un dos países que teñen os seus pratos típicos máis espallados polo mundo. Deben de existir poucos recunchos onde non se coñezan as pizzas e as pastas. 
      Fai unhas semanas que un dos nosos reporteiros nos trouxo de Italia a receita do tiramisú, e ata alí quixo voltar SERGIO, para presentarnos agora unha receita de PASTA.


MACARRÓNS Á CARBONARA

moi fácil  para 4 persoas  x  tempo de elaboración: 25 minutos

PRECISAS
1 pota
1 recipiente
1 tixola
1 garfo


INGREDIENTES
500 g de macarróns
200 g de bacon
3 ovos
50 g de queixo parmesano relado
sal e pementa negra en gran



  1. Coce a pasta segundo as intruccións indicadas no envase.
  1. Mentres, bate os ovos con un pouco de sal, unha chisca de pementa e 2 culledaras de queixo relado. Resérvaos.
  1. Sofrite o bacon na tixola cortado en tiras finas, remexendo para que se doren por igual. Retíaro do lume e resérvao.
  2. Cando a pasta estea cocida no seu punto (al dente), escórrea (non demasiado) e bótaa de novo na pota de cocción a lume lento. Bota por enriba o batido de ovo e mestúaro ben coa pasta antes de que calle. Despois bota a bacon e mestura de novo.
     5. Sirve a pasta ben quente espolvoreando por enriba pementa negra e queixo
        relado.
        


















botar os ovos é o máis difícil, pero Sergio faino estupendamente



vaia, vaia... que maña ten este reporteiro na cociña!


coidado co coitelo!


isto xa case está...




















e despois de cociñar... a disfrutar!