mércores, 31 de decembro de 2014

NADAL SABOROSO I

Ola ratiños!

Como van esas vacacións? Agardo que as esteades disfrutando moitísimo. Xusto antes de despedir o ano,  un repasiño do que foi o noso Nadal saboroso (decoracións, calendarios, receitas...)


Nuns días iremos publicando as actuacións e traballos de investigación. 

FELIZ ANO NOVO A TODOS!

venres, 19 de decembro de 2014

martes, 16 de decembro de 2014

MENÚ LECTOR PARA UN NADAL BEN SABOROSO!

Ola ratiños!

Xa chega o Nadal, e con el, entre outras cousas, a hora de escribir a carta aos Reis Magos a ver se nos poden traer algún agasallo. Para que teñades algunhas ideas, aquí vos deixo unhas recomendacións de libros ben saborosos :)


domingo, 14 de decembro de 2014

TRADICIÓNS DE NADAL POLO MUNDO

Ola a todos!

Hoxe tráiovos unha moi interesante actividade LIM realizada polos mestres do CEIP Frián Teis (Vigo), coa que poderedes coñecer diferentes variedades de pans doces polo mundo. Unha moi boa actividade para seguir dando a volta ao mundo montados nun prato!


A verdade é que nese cole son uns expertos en panes, se queredes saber por que o digo, só tedes que ver o seguinte vídeo. Premede na imaxe inferior.


Noraboa a estes expertos en pans e aos seus mestres polo grande traballo! E MOITAS GRAZAS POR COMPARTILO CON TODOS NÓS!


mércores, 10 de decembro de 2014

SAMAÍN 2014- 2ª parte (DA MAN DOS NOSOS REPORTEIROS LARPEIROS)

Ola a todos!

Os reporteiros larpeiros de 6º traémosvos a crónica máis completa do noso Samaín, coas vosas opinións e todo. Non volo perdades se queredes recordar este día tan terroríficamente saboroso!

martes, 9 de decembro de 2014

REPORTAXE DÍA DAS BIBLIOTECAS (REPORTEIROS LARPEIROS)

Ola ratiños!
Somos os vosos amigos os reporteiros larpeiros de 6º.
Hoxe traémosvos unha pequena reportaxe sobre o Día das Bibliotecas que se celebrou no noso cole. Aquí a tedes.

"Ola, son Alex Iglesias, o Reporteiro Larpeiro de 6º. Hoxe vouvos contar como foi o noso Día das Bibliotecas.

O pasado 24 Outubro celebrouse o Día das Bibliotecas. Por iso,no noso colexio fixemos algo especial. Cada clase, uns días antes, elixiu un tema sobre o mundoe os seus alimentos. Fixemos grupos e ese día fomos visitando cada clase: a primeira foi a de 3 anos, que escolleu “Os Froitos do Outono”. A súa porta era moi orixinal, con forma de árbore e dela colgaban castañas coa cara de cada neno.

A segunda foi a de catro anos que escolleron"Italia". Tiñan a clase decorada con platos italianos, as bandeiras e góndolas venecianas. Logo fomos á de cinco anos que escolleron"Hawaii". Alí na porta tiñan un saúdo hawaiano, ”Aloha” que significa ola.

Despois subimos ao primeiro andar e alí visitamos a clase de primeiro; eles escolleron”Reino Unido”. Alí nos tiñan preparada unha mesa para tomar o té.

Despois fomos a de 2ºA a ver como tomaban o mate os arxentinos, a taza chámase porongo.;
Despois fomos á de 2ºB que elixiu ”China”. Alí non podían deixar o prato baleiro porque era de mala educación, tiñas que deixar un pouco de comida para que saiban que estás farto e que todo estaba boísimo.

Logo fomos ao supermercado de 3º que tiñan de todo”Philadelfia”, “Costillas de Cerdo”. 4º foi o seguinte que fomos, tiñan alí a un grovense que ganou un premio, que se chama “Javier Olleros” que si queredes velo cociñar está en San Vicente no restaurante”Culler de Pau”.

Logo fomos a quinto que traballaron sobre México. Alí o seu prato mais apreciado eran os “Chapulines” que en español son saltóns fritos. E por último os de 6º que somos os Reporteiros Larpeiros do colexio. Que iremos polo colexio e polo mundo investigando cada vez mais cousas."

luns, 8 de decembro de 2014

DESEÑAMOS UN LOGO PARA O PDI

Ola ratiños!

Aquí vos traio unha pequena compilación dos logos que deseñastes para o proxecto da biblioteca "A volta ao mundo montados nun prato" Bo traballo e moitas grazas por debuxarnos a ratiña e a min tan fermosos ;)




Os reporteiros larpeiros anunciaron o gañador por megafonía, 


que foi este,


 de Sara Reboredo Rey, de 4º de primaria. Parabéns, Sara!



xoves, 4 de decembro de 2014

XOGANDO E COMENDO POLO MAGOSTO 2014!

Un ano máis, celebramos o magosto, non puido ser no Día de San Martiño por mor da choiva, pero houbo Magosto!

E, como non podía ser doutra maneira, alí estaban os reporteiros larpeiros de 6º para documentar o momento. Deixámosvos aquí o vídeo que prepararon cos diferentes xogos e a castañada!

Agardamos que vos guste!

luns, 1 de decembro de 2014

DE VOLTA POLO MUNDO, PARADA CULTURAL E GASTRONÓMICA EN EEUU- CELEBRAMOS ACCIÓN DE GRAZAS

Ola ratiños!

Neste proxecto anual que nos leva a dar unha "Volta ao mundo montados nun prato", na aula de inglés vin que fixestes unha parada en EEUU. Hoxe tráiovos un pequeno vídeo que recolle o traballiño realizado para conmemorar a festa de Acción de Grazas. Agardo que vos guste. Vin que traballastes un montón e seica o pasastes xenial! Se queredes saber máis sobre todo o que prepararnon os ratiños nas clases de inglés, premede AQUÍ.


E, xa de paso... a nova publicada no xornal Faro de Vigo o pasado venres 28 de novembro que recollía a actividade. Só tedes que premer na imaxe inferior.


Para saber máis de todo o que pasou en Acción de Grazas no nosos cole, premede AQUÍ.
E se queredes ver todas as fotos da festa, premede AQUÍ.