martes, 24 de maio de 2016

VISITOUNOS... GOGUE

O pasado venres 20 de maio, con motivo da Semana das Letras Galegas e no medio da nosa viaxe descubrindo diferentes artes, recibimos na Biblioconmeniño a visita do artista grovense GOGUE.
Nos días previos preparámonos para darlle a benvida. Todos os nenos do cole descubrimos as súas personaxes e practicamos a debuxalos. Cos nosos traballos preparamos uns carteis para recibilo.






 Os nenos de 4º prepararon unha presentación coa que todos descubrimos cousas deste artista da vila (compartirémola en breve) e que tamén compartimos con el o día que nos visitou.
Despois disto, fixo tres obradoiros con nós. Aos nenos de Infantil ensinoulles a debuxar animais mariños: centola, peixes, calamar... E, a petición deles, debuxou a Floreano, unha caricatura dalguén triste, dunha persoa enfadada. Agora teñen que colorealos.

Aos nenos de 1º, 2º e 3º B ensinoulles como debuxar a un tiburón que se comía un peixe. Despois eles tiveron que imitalo.
E aos nenos de 3ºA, 4º, 5º e 6º propúxolles facer unha viñeta de Floreano e Monchiña. El debuxounos sen xesto para que cada neno o copiase e completase as súas caras e inventase un pequeno diálogo. E ademais díxonos que cando estivesen rematados viría a velos para escoller un e adicarlle a súa viñeta no Faro de Vigo ao neno que mellor o fixese, qué sorte!


Ademais tamén nons explicou que agora xa case non emprega papel, senón que debuxa cunha especie de tablet que vai pasando o que el fai ao ordenador, e nos ensinou unha mostra da creación dunha escea de Moby Dick. Pareceunos moi interesante!
Como non podía ser doutra maneira, asinou o noso libro de visitas para que quede o recordo para sempre.
 
MOITÍSIMAS GRAZAS A GOGUE POR VIR VISITARNOS, ENCANTOUNOS APRENDER UN POUQUIÑO MÁIS DO SEU TRABALLO E OFICIO.

xoves, 19 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS

Esta semana estamos a celebrar a nosa lingua e ao autor homenaxeado este ano polo Dïa das Letras Galegas, Manuel María. Para isto, os maiores do colexio fixeron un mural informativo no que compilaron diversas informacións sobre este autor e o resto do alumnado do centro está a facer as súas aportacións ao mesmo.



Dentro desta conmemoración agardamos mañán venres 20 de maio a visita dun coñecido artista da nosa vila, Gogue. En breve vos contamos como foi a visita!


mércores, 18 de maio de 2016

DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celébrase o Día da Familia, e os nosos pequenos prepararon uns agasallos para lembrar ás súas familias canto as queren. Aquí volos deixamos.
Un fermoso cadro dos nenos de 6º de Ed. Infantil:
 Uns posavasos de plastilina polos nenos de 3º:

Uns boles de papel maché feitos polos nenos de 4º:

 E uns portafotos para colgar feitos polos nenos de 5º:
Bo traballo, rapaces! Agardamos que todos tivesedes un estupendo Día da Familia!

domingo, 15 de maio de 2016

ABRIL MES DOS LIBROS VI: NOVIDADES EN BIBLIOCONMENIÑO


Ola!
Hoxe traémosvos novas dende Biblioconmeniño, xa que hai novidades na nosa biblioteca! A partir do mes de abril, xa sabedes, o mes dos libros, algúns dos nosos libros cobraron vida fóra das súas páxinas. 
Que que libros son? Pois aqueles que vexades que teñen un código QR na portada.
Para que serve ese código QR? Escaneando ese código accederedes ben a unha imaxe interactiva na que se aloxan o audio do libro, información do autor,  vídeos e/ou xogos relacionados; ou a un enlace no que hai un vídeo sobre ese libro (por exemplo os libros dos que creamos a película en Stop Motion, como Troco, Non quero ser un polbo, ...)...
 Polo de agora, a maioría dos libros co código QR son os libros en inglés, xa que aproveitamos á nosa auxiliar de conversa, Alyssa, para que gravase coa súa voz estes libros e convertelos así en audio-libros.
Agardamos que gocedes así aínda máis das vosas lecturas!

venres, 13 de maio de 2016

ABRIL, MES DOS LIBROS V: REPRESENTANDO UN CONTO CON TÍTERES

 Polo Día do Libro, os nenos de 6º de Ed. Infantil montaron un teatro de títeres e representaron con el os conto "Los tres cerditos", deixámosvos aquí algunhas das súas representacións.
 Bo traballo, ratiños!

luns, 9 de maio de 2016

ABRIL MES DOS LIBROS IV: AS NOSAS RESEÑAS LITERARIAS

Ola a todos!

Como xa vos contamos AQUÍ, neste mes de abril a nosa tarefa para o obradoiro de escritores consistía en escribir unha reseña literaria. Seguindo as instruccións de Ratiña e Ratiño puxemonos a elo e aquí vos traemos algúns exemplos dos nosos traballiños!


Deixámosvos tamén algunhas imaxes dos nosos traballos.