martes, 28 de abril de 2026

Semana do Libro - Día do Libro no Auditorio de O Grove

Con motivo do Día do Libro o pasado 23 de abril, o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria gozou dunha actividade moi especial no Auditorio de O Grove.

Asistimos á representación teatral de Pedra de Cartón, que nos trouxo unha divertida versión de Carapuchiña Vermella. A través do teatro, o alumnado puido achegarse á literatura doutro xeito, desfrutando dunha historia coñecida chea de humor, emoción e sorpresas.

Foi unha actividade moi enriquecedora para celebrar o Día do Libro e seguir fomentando o gusto pola lectura tamén desde as artes escénicas.

Unha mañá para lembrar!





mércores, 22 de abril de 2026

Semana do Libro - Contacontos con Manuel Pombal

Onte participamos nunha actividade moi especial na nosa biblioteca: un contacontos con Manuel Pombal, organizado pola Biblioteca Municipal do Grove.

Ao longo da sesión, Manuel fíxonos viaxar a través de historias cheas de imaxinación, humor e emoción. Pequenos e maiores gozamos dun tempo máxico no que as palabras cobraron vida.

Esta experiencia serviunos tamén para lembrar que, cada vez que abrimos un libro, iniciamos unha viaxe extraordinaria cara novos mundos, personaxes e aventuras.

Sen dúbida, foi unha experiencia inesquecible que nos anima a seguir descubrindo o pracer da lectura.







martes, 21 de abril de 2026

Semana do libro - Visita do historiador Bruno Padín

Con motivo da Semana do Libro, tivemos a sorte de recibir no noso centro a visita do historiador Bruno Padín.

Durante a sesión, compartiu con nós parte da historia da nosa vila, amosándonos imaxes e explicándonos como vivían as xentes do Grove noutras épocas. Foi unha actividade moi interesante, que nos permitiu coñecer mellor o noso entorno e as nosas raíces.

Esta visita enmárcase dentro do noso PDI "Retroviaxe", xa que nos axudou a afondar no pasado da nosa contorna.

Ademais, tivemos a oportunidade de que nos asinase o seu libro Entre o mar e a terra. Unha historia das xentes do Grove, que xa formaba parte da biblioteca do centro.

Moitas grazas, Bruno, pola túa visita e por compartir connosco o teu coñecemento.







martes, 14 de abril de 2026

Lectoras do mes de marzo

As lectoras do mes de marzo xa recibiron os seus diplomas e os seus agasallos! 

As elixidas foron Alba, de 1º de Educación Primaria, e Sofía, de 3º de Educación Primaria. Noraboa ás dúas polo seu interese pola lectura e pola súa participación na biblioteca!

Déixannos tamén as súas recomendacións lectoras, que podedes atopar na biblioteca para que todos e todas as poidades desfrutar.

Animádevos a participar no concurso do lector e lectora do mes e a seguir descubrindo novas historias.






mércores, 8 de abril de 2026

Día Mundial da Sáude "Mens sana in corpore sano"

Con motivo do Día Mundial da Saúde, no centro levamos a cabo unha actividade moi especial na que participou todo o alumnado.

A proposta xurdiu dende 3º de Primaria, que, dentro do seu proxecto sobre Roma, descubriu a coñecida frase “Mens sana in corpore sano”. A partir desta idea, reflexionaron sobre a importancia de coidar tanto o corpo como a mente e pensaron nunha actividade que permitise traballar ambos aspectos.

Así foi como chegamos a idea de facer unha sesión de ioga da man de Eva, que nos guiou nunha xornada chea de calma, concentración e benestar.

A través de diferentes posturas, exercicios de respiración e momentos de relaxación, o alumnado puido experimentar como conectar co seu corpo e coa súa mente, desfrutando dun tempo diferente e moi enriquecedor.

Queremos agradecer especialmente a Eva a súa dispoñibilidade, implicación e a forma tan próxima e coidada na que guiou a actividade, facendo desta experiencia un momento moi especial para todo o alumnado.

Sen dúbida, unha proposta fantástica que nos axudou a lembrar a importancia de coidarnos por dentro e por fóra 💚