Amosando publicacións coa etiqueta PARA AS FAMILIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PARA AS FAMILIAS. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de xuño de 2016

UN FIN DE CURSO EMOCIONartístico!

Ola a todos! 
Pouco a pouco iremos compartindo as nosas actuacións de fin de curso, pero mentres, deixámosvos con algunhas imaxes do acto de graduación. 

Máis fotos premendo AQUÍ.
Deixámosvos tamén os vídeos cos que despedimos aos nenos de 6º EP e co que os nenos de 6º EI despediron o seu paso pola etapa de Ed. Infantil.




 Se queredes descargar as imaxes do vídeo de 6º EP só tedes que premer AQUÍ.

martes, 21 de xuño de 2016

RAPACES E RAPAZAS Nº 74

Ola a todos!
Xa está na rúa (e nas vosas casas) o último nº da revista "Rapaces e Rapazas", a nosa revista escolar. Deixámosvola a continuación.

Parabéns, rapaces, moi bo traballo!

martes, 1 de marzo de 2016

HEROES DA PAZ

 Con retraso pero aquí chega unha compilación da actividade de investigación que levaron a cabo os pequenos polo Día da Paz. Cada grupo investigou sobre un heroe da paz (unha persoa, unha institución, unha historia...) e despois conpartírono co resto do colexio facendo pequenas presentacións. Que poderedes ver ou escoitar premendo na seguinte imaxe interactiva.

mércores, 10 de febreiro de 2016

ENTROIDO EMOCIONANTE E ARTÍSTICO DE CONMENIÑO- PARTE II

E traémosvos hoxe o vídeo do que foi o noso Entroido emocionante e artístico de Conmeniño.




Foi unha xornada moi entreida e divertida, agardamos que as familias teñades pasado un bo rato. De novo, MOITÍSIMAS GRAZAS pola vosa colaboración na elaboración dos disfraces e de postres de Entroido.
Todas as fotos por se as queredes descargar, AQUÍ.
Ata a próxima!

martes, 9 de febreiro de 2016

ENTROIDO EMOCIONANTE E ARTÍSTICO DE CONMENIÑO PARTE I - O MECO MANDOU

Ola a todos!
Hoxe traémosvos as imaxes dos mandados do meco, moi ben mandados estes pequenos!



 E se queredes ver todas as fotos do meco, só tedes que premer AQUÍ.
Estade atentos, en breve publicaremos as imaxes do noso Entroido emocionante e artístico!

venres, 5 de febreiro de 2016

luns, 1 de febreiro de 2016

DÍA DA PAZ 2016- PRIMEIRA PARTE

Ola a todos!
Traémosvos un pequeno resumo do noso Día da Paz deste ano. Comezamos co Mercadiño Solidario que, un ano máis, foi un éxito.
Seguimos o mesmo sistema que o curso pasado: un libro por un alimento.
Os nenos de 5º e 6º encargáronse da montaxe, o intercambio e a recollida de alimentos.



Chegou o día e toda a comunidade educativa participou no noso mercadiño. Moitas grazas a todos!

  

Entre todos recaudamos: 
Para Cáritas: 86 paquetes de pasta, 30 kg de arroz, 17 kg de azucre, 42 paquetes de legumes, 12 paquetes de galletas, 5 caixas de cereais, 35 litros de leite, conservas, fariña, aceite, s ... e moitas máiscousas.
Tamén recollemos axuda para o Refuxio de animais de Cambados, para o que se recaudou area para gatos, lixivia, comida de gato e de can...


Outra das actividades celebradas co gallo do Día da Paz foi a comida co alumnado de 6º de primaria, que comeron todos xuntos cos mestres o pasado martes. Trouxeron comidas variadas para compartir e gozaron dun divertido almorzo de convivencia.



 Atentos, seguiremos informando sobre o noso Día da Paz 2016.

martes, 5 de xaneiro de 2016

NADAL EMOCIONANTE E ARTÍSTICO DE CONMENIÑO -parte 2

Ola a todos!

Hoxe tráiovos outra entrega das actuacións e presentacións do noso festival de Nadal.

Comezamos coa actuación dos nenos de 1º, que interpretaron a canción "Don Ramón", a curiosa historia dun bibliotecario moi particular.


A continuación, presentación dos nenos de 3º B  do seu traballo sobre a Música e as emocións:



Agora, a presentación dos nosos expertos no mundo do circo, os nenos de 5º de primaria.


E, para rematar por hoxe, a presentación dos expertos en graffitis de 6º de primaria:


E premendo AQUÍ, poderedes ver algunhas fotos do noso Nadal 2015.

domingo, 13 de decembro de 2015

PROPOSTA DE LECTURAS DE NADAL

Ola a todos! 

Como cada ano, Ratiño e Ratiña vos dan ideas de libros para que pidades polo Nadal. Os libros encherán os vosos días de arte e emoción!
 

luns, 16 de novembro de 2015

MAGOSTO 2015!

 Un ano máis, polo San Martiño, organizamos o Magosto no colexio. Este ano implicámonos en todos os pasos, polo que comezamos picando as castañas que a ANPA mercou para a ocasión.

                 

Aprendemos a facer os cucuruchos para gardalas reciclando follas de xornal.



 E, xa no día propio, mentres se asaban as castañas...


Pasamos un moi bo rato cos diferentes xogos cooperativos que organizou Pilar, a mestra de Ed. Física, e dos que se encargaron os nenos de 6º de ser os monitores explicando as normas e axudando durante os xogos.

                    




      

     

 Unha vez rematados os xogos, polos que fomos rotando todos os equipos, chegou a hora de comer as castañas!



Mmmm! Estaban boísimas! Moitísimas grazas á ANPa por encargarse de mercar as castañas e aos convidados especiais que viñeron axudar a asalas. Deica outra a todos!
Ah! E coma sempre, se queredes ver máis fotos do fermoso día, só tedes que premer AQUÍ.

martes, 27 de outubro de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015 - emocionARTE

Ola a todos!
Como sabedes, o sábado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares. Por este motivo, durante estes días estamos a ter algunhas actividades relacionadas con esta festividade. 

Primeiro de nada, un resumo das aulas deste curso, xa ambientadas para ser, a través do proxecto da biblioteca, "base de exploracións", como di o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso. Aí vai un pequeno resumo!

DÍA BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015: emocionARTE on PhotoPeach
E, para ver todas as fotos, só tedes que premer AQUÍ.

Estade atentos, que haberá algunha cousiña máis relacionada coa nosa biblioteca!

xoves, 15 de outubro de 2015

COMEZAN AS INVESTIGACIÓNS SOBRE O NOVO PROXECTO ANUAL "EMOCIONARTE, UNHA VIAXE POLO MUNDO DAS ARTES E DAS EMOCIÓNS!

Ola a todos!
Hoxe traémosvos unhas imaxes coa nosa primeira investigación relacionada co proxecto anual "EmocionArte, unha volta polo mundo das artes e das emocións".

Foi unha investigación diferente, xa que fixemos un traballo de campo. Os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria desprazámonos ata o centro da nosa vila para ir visitar a Galería Besada e aprender máis cousas sobre as esculturas que están no paseo marítimo.
Para isto, previamente no cole, aprendemos por que hai tantas esculturas na nosa vila (máis de 100!) e observamos imaxes dalgunhas delas tratando de averiguar o seu título e significado. A nosa misión hoxe era averiguar o título e oa autor dalgunhas delas, inventarlles un título a aquelas que non o tiñan e tamén recoller que emocións nos trasmitían en directo.
Empregamos un caderniño de recollida de información que se pode descargar premendo na imaxe inferior: 
https://drive.google.com/file/d/0Bw38HPMmDU_OSGNvUDdEOENrZms/view?usp=sharing

E aquí vos deixamos algunhas imaxes do día de hoxe. Coma sempre, se queredes ver máis fotos, podedes descargalas AQUÍ.






Ademais disto, tamén visitamos a Galería Besada, onde, Carlos Besada, moi amablemente, se ofreceu a falarnos de distintos tipos de pintura, diferentes técnicas, presentounos obras de arte de varios autores. Puidemos primeiro ver por nós mesmos as obras que ten expostas neste momento e despois, moi atentos, explicounos unha morea de cousas.




Foi un día xenial, no que ademais de aprender moitas cousas pasamos un rato moi divertido, incluíndo o paseo dendeo colexio ata o centro. Chegamos cansos pero encantados!

 De novo, moitas grazas a Carlos Besada, da galería Besada, por convidarnos á súa Galería e compartir con nós a súa arte e a doutros artistas.