martes, 9 de xuño de 2026

Lectoras do mes de maio

Xa temos as nosas últimas lectoras do mes deste curso!

Nesta ocasión, as protagonistas son:

Valentina, de 1º de Educación Primaria

Saray, de 2º de Educación Primaria

Catalina, de 3º de Educación Primaria

Moitas grazas ás tres por participar e por formar parte desta iniciativa da biblioteca escolar, demostrando o voso gusto pola lectura e animando a outros compañeiros e compañeiras a descubrir novos libros.

Con elas pechamos unha actividade que nos acompañou ao longo de todo o curso e que nos permitiu coñecer novos libros, descubrir historias fascinantes e fomentar o gusto pola lectura entre o alumnado.

Agardamos poder continuar con esta iniciativa o vindeiro curso para seguir premiando o interese pola lectura, o esforzo e a constancia dos nosos lectores e lectoras, así como para continuar compartindo xuntos novas recomendacións lectoras.

Parabéns ás tres e grazas a todo o alumnado participante! 





Ningún comentario:

Publicar un comentario