luns, 20 de decembro de 2021

BOAS FESTAS!

 Boas queridas lectoras e lectores! 

Chegamos ao final deste trimestre e para despedirnos deixámosvos por aquí unhas recomendacións lectoras para desfrutar este nadal. Solo tedes que clicar neste enlace para velas:

Recomendacións lectoras

Vémonos á volta, boas festas!



venres, 26 de novembro de 2021

SOLUCIÓN 1º MONUMENTO!

Velaquí a solución do primeiro monumento que visitou Gusibot, dentro do PDI "Países do mundo".

Redobre de tambores... O CHICHEN ITZÁ! En México!!

Acertáchedes un montón! Bo traballo!!

Para a semana teremos un novo reto... estade moi atentos!!



xoves, 18 de novembro de 2021

Actividade PDI "Países do Mundo"

Bos días queridas lectoras e lectores!

Como sabedes, este curso imos a viaxar polo mundo e coñecer un montón de cousas sobre distintas culturas. Gusibot non quixo ser menos, así que apuntouse tamén a viaxar polo mundo e a traernos fotos dos monumentos e lugares que vai visitando. Pero non nos quere decir onde é!! Quere que o averigüemos nós investigando nos libros. Animádesvos a participar?

O primeiro monumento é.... 







luns, 15 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

O pasado 10 de novembro celebramos no cole o Magosto, cunha merendola de castañas asadas e unha sesión de xogos tradicionais e música no patio. Pasámolo xenial!!



LECTORA DO MES DE OUTUBRO!

Parabéns!!




venres, 22 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bo día queridas lectoras e lectores!

Este domingo 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas Escolares de Galicia, polo que esta semana os nenos e nenas do cole estiveron traballando na presentación do Proxecto  que levaremos a cabo durante este curso 2021-22 en todo o centro.

Chámase "Países do Mundo", e viaxaremos por moitos lugares para coñecer novas culturas, costumes, patrimonio... un montón de cousas!!

No seguinte vídeo nos explican os nenos e nenas o que van a facer en cada aula. Boa viaxe!!

Apertas de Gusibot.



xoves, 7 de outubro de 2021

CURSO 2021-22

Bos días queridos lectores e lectoras!!

Esta semana de outubro a BiblioConmeniño abreu de novo as súas portas para comezar este novo curso 2021-22. Esperamos vervos a todos por aquí desfrutando da lectura e das actividades da biblio, pero recordade seguir sempre as normas Covid-19.


Unha aperta de Gusibot!!

xoves, 10 de xuño de 2021

CONCIÉNCIATE CO MEDIO

Bos días a todas e a todos!!

Hoxe presentamos de forma oficial a nosa revista sobre o medio ambiente!!

Como sabedes, ao longo deste curso estivemos traballando cun proxecto titulado "Conciénciate co Medio" en todo o cole, e para finalizalo, confeccionamos unha revista online na que cada aula reflexou unha pequena pizca do traballo realizado ao longo de todo o curso coa súa subtemática.

Agora xa a podedes visualizar e disfrutar dende as casas. Picade no enlace de abaixo para vela, seguro que aprendedes moitas cousas novas para poder coidar o planeta!!

Bicos e apertas,

Gusibot

 ENLACE REVISTA

Climate Justice Climate Justice Now GIF - ClimateJustice ClimateJusticeNow  Justice - Descubre & Comparte GIFs 

Climate Justice Climate Justice Now GIF - ClimateJustice ClimateJusticeNow  Justice - Descubre & Comparte GIFshttps://view.genial.ly/60be21a90254a30d66d742d8/dossier-concienciate-co-mediohttps://view.genial.ly/60be21a90254a30d66d742d8/dossier-concienciate-co-medio

venres, 21 de maio de 2021

venres, 30 de abril de 2021

LECTOR DO MES DE ABRIL

Álvaro de 2º de Educación Primaria foi o lector do mes de Abril!!

PARABÉNS!! 😄😄😄



xoves, 29 de abril de 2021

EXTRA, EXTRA! Últimas novidades

Ola lectores e lectoras!!

Escribímosvos para ensinarvos as ultimísimas novidades da Biblio Conmeniño!!

A partir de hoxe, contamos con novos IPADS que podedes pedir para utilizar nos recreos ou nas aulas, para buscar información, ler libros online, ver contacontos, xogar a xogos educativos... Existen mil posibilidades!!



Ademáis, tamén vos deixamos imaxes  das novidades de libros, sabemos que hai algúns que estábades esperando con ganas e xa están dispoñibles!!







Achégate e colle o teu preferido!!

Bicos e apertas de Gusibot

luns, 19 de abril de 2021

FELIZ SEMANA DO LIBRO 📖 📖 📖

O Día 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro e para conmemoralo, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Conmeniño fainos unha recomendación de lecturas sobre o coidado do planeta, xa que é o noso Proxecto Documental Integrado deste ano (PDI Conciénciate co Medio).
Ademais, tamén fixeron unha lectura interpretada dun decálogo para coidar o Planeta e dun manifesto baseado en discursos de Greta Thunberg en defensa do coidado medioambiental.

MÚSICA:
- Experience - Ludovico Einaudi
- Cos pés na terra - Paco Nogueiras

APERTAS DE GUSIBOT!!



martes, 13 de abril de 2021

INTERPRETACIÓN DA ENQUISA DE LECTURA APLICADA AO ALUMNADO DO CEIP CONMENIÑO POR PARTE DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA..

    As preguntas formuladas na enquisa foron as seguintes:

    1- Gústache ler libros?

    2.- Les por obriga ou por gusto?

    3.- Cando eras pequeno/a , os teus pais tiñan o costume de ler contigo?

    4.- Onde acostumas coller os libros que les?

    5.. Pides un libro como agasallo?

    6.- Recibes libros como agasallo?

    7.- Que xénero literario che gusta máis?

    8.- Cantos libros les ao ano?

    9.- En que formato les maiormente?

    10.- Canto tempo lle adicas á lectura por día?

    11.- Cantos días vas á biblioteca por semana?

    12.- Practicas lectura e voz alta ou baixa?

     O alumnado participante foi do 98%. As alumnas e alumnos de 4º de E.I. non participaron por razóns obvias.

    Despois de aplicar a enquisa aos compañeiros/as do colexio podemos dicir o seguinte:

    En primeiro lugar chegamos á conclusión de que o alumnado do centro le por gusto, fai unha lectura de xeito agradable; agás no curso de primeiro de primaria, onde se reparte case a partes iguais o gusto e a obriga pola lectura, sendo esta feita de xeito autónomo excepto no período de infantil onde as nais e pais se implican nunha lectura en voz alta cos seus cativos.

    En segundo lugar, en canto a procedencia ou lugar de adquisición de libros, concluimos que o alumnado de infantil a cuarto de primaria adoitan coller os libros na biblioteca escolar  mentres que os de quinto e sexto prefiren mercalos na libraría debido a distintas razóns:

    Os prazos para as devolucións fánselle curtos.

    A oferta é limitada en volumes e títulos requeridos por este segmento de poboación escolar.

    Podemos afirmar tamén que aparte de adquirir os libros en xeito de préstamo a gran maioría do alumnado recibe libros como agasallo.

    En canto aos xéneros literarios de maior éxito entre os nenos e nenas do colexio está o narrativo de aventura, sendo o científico o que menos gusta. En sexto nótase un cambio de tendencia do xénero de aventuras ao de misterio.

    A cantidade de libros que se len ao ano, así coma o tempo adicado á lectura está acorde á idade do alumnado, agás no grupo de primeiro, no que a media está por baixo do tempo de lectura recomendada. O formato elixido maioritariamente para ler é o papel, pero podemos dicir que en infantil apreciamos que unha quinta parte do alumnado le en formato dixital. En consecuencia atrevémonos a facer a seguinte predición: se esta tendencia se mantén no tempo á alza, pouco a pouco, poderíase perder a esencia de ler libros en formato papel.

    No que atingue aos cursos que visitan a biblioteca escolar, os que máis o fan son os de terceiro e cuarto, sendo a dos demais case unha visita testemuñal.

    

sábado, 27 de marzo de 2021

Fin do 2º trimestre

Boas queridas lectoras e lectores!! 

Rematamos o segundo trimestre ensinándovos unha pequena mostra de fotos da actividade do micro aberto realizado durante o mes de marzo nos recreos da Biblio. Foi todo un éxito, vimos bailes, escoitamos cancións, poemas, chistes, teatro, maxia... Sodes uns artistas!! Repetiremos!!















E como rematamos o mes de marzo, tamén vos deixamos ao lector deste mes: Antonio, de 2º de Educación Primaria. Parabéns!!!!


Desfrutade moito das vacacións, vémonos á volta!

Apertas de Gusibot!!




mércores, 3 de marzo de 2021

Proxectos reciclados

Boas, queridas lectoras e lectores!

Hoxe vimos a felicitarvos pola vosa participación e implicación nas actividades do PDI do Medio Ambiente que se están facendo nos recreos da Biblio. 

Como sabedes, durante o mes de febreiro fixemos un concurso de proxectos con materiais reciclados, e estes son algúns dos marabillosos resultados. Parabéns a todos!!










E para rematar, desvelamos o proxecto gañador.... A TERRA QUEIMADA POLA CONTAMINACIÓN, de Ivana e Xulia de 5º de Primaria. Noraboa, chicas!!!






luns, 22 de febreiro de 2021

24 FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 
"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino". 
Rosalía de Castro
 
Este mércores 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro, por iso vos presentamos esta entrada no blogue con distintos materiais para que podades investigar e aprender cousas sobre unha das escritoras e poetisas máis importantes de Galicia.
 
No seguinte vídeo poderedes ver unha breve biografía da autora:

 
 
A continuación,  deixámosvos dous xogos xeniais feitos por profes doutros coles. Para xogar só tedes que picar no enlace que vos interese.
 
O primeiro, ten xogos sobre Rosalía de Castro diferenciados por cursos, dende Infantil ata Primaria.
 
 
E o segundo, é un scape room máis complicado para os máis maiores.

 
 
Apertas de Gusibot!

 

mércores, 10 de febreiro de 2021

Contos de Entroido 🎆

Hoxe compartimos con vós estes dous vídeos feitos con encanto sobre o Entroido que nos envía a familia de Catalina (4º Educación Infantil) e Antonio (2º Educación Primaria). 


O primeiro, é a canción "É tempo de Entroido!", de Isabel Fernández Reviriego, composta para o libro "É tempo de Entroido!", de Ramón D. Veiga e David Sierra. Edicións Xerais de Galicia, 2018. (Siradella Films)

É tempo de Entroido!

E o segundo, é a canción "Non pare a festa", de Os Amigos dos Músicos, composta para o libro "Non pare a festa" (É tempo de Entroido 2)", de Ramón D. Veiga e David Sierra. Edicións Xerais de Galicia, 2021. (Siradella Films). 

Non pare a festa

Moitas grazas por compartilos con nós!

Apertas de Gusibot e feliz Entroido para todos e todas 😊😊😊

luns, 1 de febreiro de 2021

Rematamos xaneiro!

Rematamos xaneiro na BiblioConmeniño presentándovos aos lectores do mes: Xurxo, María, Anaís e Noa. Parabéns! Seguide lendo así!




Tamén rematamos a primeira actividade de dinamización dos recreos da Biblio coa temática do PDI "Conciénciate co Medio", que foi o visionado dunha curta sobre responsabilidade ambiental:


Polo que pasamos á segunda actividade: Durante o mes de febreiro, realizaremos un concurso de debuxos e maquetas feitas con material reciclado que atoparedes nos recreos na biblio. Sede creativos e respetuosos co medio ambiente!!

Finalizamos mostrándovos tamén as novidades de Gusibot: Hai libros novos sobre dinosaurios, o medio ambiente, contos para os máis pequeniños... e moitos máis!!


Apertas de Gusibot!