luns, 23 de novembro de 2015

LECTURAS SOBRE A IGUALDADE

Ola a todos!

O vindeiro mércores 25 de Novembro conmemórase o Día contra a violencia de xénero. Con este motivo, imos traballar a igualdade. Deixámosvos unhas lecturas relacionadas co tema.

ARTURO Y CLEMENTINA

Se queredes descargar o conto, só tedes que premer aquí.

OLIVER BUTTON ES UN NENA


O LIBRO DOS PORCOS

EL PRÍNCIPE CENICIENTO

Outras lecturas sobre o tema, das que poderedes ver un vídeo premendo no título:



O país dos mandóns.

E unhas propostas dende o blogue "Educando en Igualdade":
Dona Rata:  https://educandoenigualdade.wordpress.com/2015/11/20/proposta-para-traballar-contra-o-maltrato-25-de-novembro/
Historias para traballar os "micromachismos": https://educandoenigualdade.wordpress.com/2015/11/21/micromachismos-e-maltrato-de-xenero/

luns, 16 de novembro de 2015

MAGOSTO 2015!

 Un ano máis, polo San Martiño, organizamos o Magosto no colexio. Este ano implicámonos en todos os pasos, polo que comezamos picando as castañas que a ANPA mercou para a ocasión.

                 

Aprendemos a facer os cucuruchos para gardalas reciclando follas de xornal.



 E, xa no día propio, mentres se asaban as castañas...


Pasamos un moi bo rato cos diferentes xogos cooperativos que organizou Pilar, a mestra de Ed. Física, e dos que se encargaron os nenos de 6º de ser os monitores explicando as normas e axudando durante os xogos.

                    




      

     

 Unha vez rematados os xogos, polos que fomos rotando todos os equipos, chegou a hora de comer as castañas!



Mmmm! Estaban boísimas! Moitísimas grazas á ANPa por encargarse de mercar as castañas e aos convidados especiais que viñeron axudar a asalas. Deica outra a todos!
Ah! E coma sempre, se queredes ver máis fotos do fermoso día, só tedes que premer AQUÍ.

martes, 10 de novembro de 2015

APÓCEMAS EMOCIONANTES

Ola a todos!
Hoxe traémosvos os vídeos coas apócemas tan emocionantes que preparastes polo Samaín. Aí vai!

Bo traballo rapaces!