venres, 27 de marzo de 2020

EDLG - Quédate na casa CEIP Plurilïngüe de Conmeniño

As compañeiras do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole tiveron esta bonita idea para compartir con tod@s vós.
Dende aquí queremos deixarvos tamén o enlace do vídeo para que vexades o resultado final... e xa sabedes... QUÉDATE NA CASA!😉

Moito ánimo e vémonos moi pronto! Saudiños de GusiBot!!

Mes da poesía

Bo día a tod@s!!
Como sabes o pasado día 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía, por iso, dende a biblio queremos deixarvos diferentes títulos de libros relacionados con esta temática.
Algunhas das recomendacións lectoras son as seguintes:

  • Escolma poética de Rosalía de Castro de Rosalía de Castro da editorial Kalandraka.
  • 12 poemas de Antonio Machado de Antonio Machado da Editorial Kalandraka.
  • 12 poemas de Federico García Lorca de Federico García Lorca da Editorial Kalandraka.
  • Cara de velocidade de Marga Tojo da Editorial Kalandraka.
  • O bigote de Mimí de Manuel María da Editorial Fundación Manuel María.
  • Emociones y sentimientos de Roberto Piumini da Editorial Edelvives.
  • Un poema para curar a los peces de Jean - Pierre Simeon e Olivier Tallec da Editorial Kókinos.
  • Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dalh da Editorial Alfaguara.
  • Abezoo de Carlos Reviejo da Editorial Susaeta.
  • Versos fritos de Gloria Fuertes da Editorial Susaeta.
  • El libro de Gloria Fueres para niñas y niños de Gloria Fuertes da Editorial Blackie Books.
  • Érase una pez: pequeños poemas para niños gigantes de Miki Naranja da Editorial B de Blok.
  • Versos de niños del mundo de Carlos Reviejo da Editorial SM.
  • Podrías de Joana Raspall da Editorial Takatuka.
  • Versos de colores de Carlos Reviejo da Editorial SM.
  • A lo bestia de Mar Benegas da Editorial Litera Libros.
  • Versos del bosque de Carlos Reviejo da Editorial SM.
  • Versos del mar de Carlos Reviejo da Editorial SM.
Algúns enlaces de youtube interesantes:




Felices lecturas e moito ánimo!! Saudiños de GusiBot!

mércores, 18 de marzo de 2020

Vídeo

Boa tarde a tod@s!!

Aquí vos deixamos o vídeo que fixéstes os nen@s do noso cole. Moitas grazas a tod@s por axudarnos!!! Dende logo, sodes uns expret@s diante da cámara!!


Queremos darlle as grazas tamén as familias pola súa colaboración.

Agardamos que vos guste! Apertas de GusiBot!

luns, 16 de marzo de 2020

Alternativas de contos para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

Nesta sección deixámosvos diferentes enlaces relacionados con diferentes contos, teatro de sombras, representacións,contacontos ... para os nen@s de 5º e 6º de Educación Primaria principalmente. A familia é unha ferramenta fundamental na adquisición dun hábito lector, deixámosvos algunhas opcións para que tamén compartades tempo de lecturas conxuntas e momentos de felicidade. Grazas pola vosa colaboración.
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:

Felices lecturas, moito ánimo e apertas de GusiBot!

Alternativas de contos para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria

Nesta sección deixámosvos diferentes enlaces relacionados con diferentes contos, teatro de sombras, representacións,contacontos ... para os nen@s de 3º e 4º de Educación Primaria principalmente. A familia é unha ferramenta fundamental na adquisición dun hábito lector, deixámosvos algunhas opcións para que tamén compartades tempo de lecturas conxuntas e momentos de felicidade. Grazas pola vosa colaboración.
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:

Felices lecturas, moito ánimo e apertas de GusiBot!

Alternativas de contos para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

Nesta sección deixámosvos diferentes enlaces relacionados con diferentes contos, teatro de sombras, representacións,contacontos ... para os nen@s de 1º e 2º de Educación Primaria principalmente. A familia é unha ferramenta fundamental na adquisición dun hábito lector, deixámosvos algunhas opcións para que tamén compartades tempo de lecturas conxuntas e momentos de felicidade. Grazas pola vosa colaboración.
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:

Felices lecturas, moito ánimo e saudiños de GusiBot!

Alternativas de contos para os máis pequenos

Nesta sección deixámosvos diferentes enlaces relacionados con diferentes contos, audiocontos, representacións,contacontos ... para os máis pequenos e pequenas das nosas casas, enfocados principalmente ao alumnado de Educación Infantil. A familia é unha ferramenta fundamental na adquisición dun hábito lector, deixámosvos algunhas opcións para que tamén compartades tempo conxunto e momentos de felicidade. Grazas pola vosa colaboración.
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:


A maiores deixámosvos dúas opcións para practicar un poquiño coa lingua inglesa:


 Felices lecturas e apertas de GusiBot!

ACTUALIDADE DA NOSA BIBLIOTECA

Bo día nen@s e familias!
En primeiro lugar mandarvos unha forte aperta a tod@s agardando que esta situación mellore o máis pronto posible.
Por outra banda, informarvos aos nen@s que tedes libros emprestados que non vos preocupedes polos prazos de devolución, será algo que faremos cando regresemos ao colexio. Non é ningún problema nestes momentos.
Neste período sen clases presenciais no colexio, unha das cousas máis importantes e nas que están incidindo todo o profesorado do noso cole é na necesidade da lectura diaria, polo que dende aquí tamén vos pedimos que o fagades. Sen dúbida as familias xogades aquí un papel fundamental, polo que vos damos as grazas pola vosa colaboración.

Moito ánimo, felices lecturas e apertas de GusiBot!



luns, 9 de marzo de 2020

8 M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Ola a todas e todos!! Como sabedes, onte foi día 8 de marzo, foi o Día Internacional da Muller. Por iso dende o noso cole, estamos traballando hoxe diferentes actividades dentro de cada aula coa finalidade de conmemorar esta data así como a importancia da mesma en relación á figura das mulleres.
Dende a biblio deixámosvos unha selección de materiais que podedes consultar ou levar, así coma diferentes recomendacións:


  • Pioneiras de Anaír Rodríguez da Editorial Xerais.
  • Pioneiras 2 de Anaír Rodríguez da Editorial Xerais.
  • Todos deberíamos ser feministas de Chimamanda Ngonzi Adiche da Editorial Literatura Random House.
  • Querida Ijeawele, cómo educar en el feminismo de Chimamanda Ngonzi Adiche da Editorial Literatura Random House.
  • La flor púrpura de Chimamanda Ngonzi Adiche da Editorial Literatura Random House.
  • Algo alrededor de tu cuello de Chimamanda Ngonzi Adiche da Editorial Literatura Random House.
  • Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes de Elena Favilli e Francesca Cavallo da Editorial Planeta.
  • Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2 de Elena Favilli e Francesca Cavallo da Editorial Planeta.
  • Rosalía de Castro. Mulleres bravas da nosa historia de María Lado da Editorial Urco Editora.
  • María Victoria Moreno. Mulleres bravas da nosa historia de Eli Ríos da Editorial Urco Editora.
  • Pepa a Loba. Mulleres bravas da nosa historia de Ledicia Costas da Editorial Urco Editora.
  • Maruja Mallo. Mulleres bravas da nosa historia de Elvira Ribeiro da Editorial Urco Editora.
  • Xulia Minguillón. Mulleres bravas da nosa historia de María Reimóndez da Editorial Urco Editora.
  • Os Bolechas pola igualdade de Pepe Carreiro da Editorial Bolanda.
  • Las princesas también se tiran pedos de Ilan Brenman da Editorial Algar.
  • La trenza o el viaje de Lalita de Laetita Colombani da Editorial Salamandra.
  • Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que transformaron el mundo de Irene Cívico e Sergio Parra da Editorial Montena.
  • Las chicas son de ciencias: 25 científicas que cambiaron el mundo de Irene Cívico e Sergio Parra da Editorial Montena.
  • Me llamo... Marie Curie de Lluis Cugota da Editorial Parramon.
  • Marie Curie: la actividad del radio de Jordi Bayarri da Editorial Grapa!.
  • Hipatia, la verdad en las matemáticas de Jordi Bayarri da Editorial Grapa!.
  • 100 mujeres que cambiaron el mundo de Sandra Elmert da Editorial Molino.
  • Mujeres de ciencia: 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo de Rachel Ignotofsky da Editorial Nórdica.
  • 100 mujeres de Rachel Ignotofsky da Editorial Nórdica.
  • Las historias más bellas de mujeres valientes de Valentina Camerini da Editorial Gribaudo.

Algunhas películas recomendadas:
  • Figuras ocultas de Theodore Melfi.
  • Quiero ser como Beckham de Gurinder Chadha.

Saudiños e recordade, TODOS OS DÍAS SON 8 M!!

xoves, 5 de marzo de 2020

Sorteo do mes de febreiro na nosa biblio

O último sorteo da biblio, correspondente ao mes de febreiro, deixounos as seguintes persoas premiadas:

  • Zaira de 6º de EP.
  • Antía de 6º de EP.
  • Laura de 6º de EP.
  • Aner de 5º de EP.
  • Athenea de 4º de EP.
  • Aroa de 4º de EP.
  • Xulia de 4º de EP.
  • Antonio de 3º de EP.
  • Sara Tirado de 2º de EP.
No mes de xaneiro os gañadores foron:
  • Jose Miguel de 5º de EP.
  • Verusca de 5º de EP.
  • Gisela de 5º de EP.
  • Naia de 4º de EP.
  • Évora de 4º de EP.
  • Lucía de 2º de EP.
Animádevos a coas lecturas que vos propoñemos dende a biblio para participar nos sorteos e moita sorte!! Saúdos de GusiBot!! 

Día de ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 27 de febreiro conmemoramos no noso cole o día de Rosalía de Castro, cunha actividade que partiu dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e que tamén engloba ao Equipo de Biblioteca do cole.
A actividade consistiu en que cada curso elaborou un pequeno mural relacionado cun poema de Rosalía de Castro. Logo diso, o día 27, presentáronse as creacións de cada aula na biblio así como o recitado do poema por parte de cada un dos niveis.
Aquí vos deixo algunhas fotos.

Saudiños de GusiBot!!

















Actividades do mes do amor e da amizade

Bo día a tod@s!!
Aquí vos deixamos algunhas fotiñas dos acrósticos que creamos e que están expostos no corredor da biblioteca do noso cole. Noraboa!! Fixéstedes auténticas obras de arte coa vosa imaxinación e creatividade e como non, moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!

                                                              Apertas de GusiBot!!