Amosando publicacións coa etiqueta COUSAS DAS LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COUSAS DAS LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de xuño de 2016

O NOSO EMOCIONARIO

Ola a todos!

Xa rematando este curso tan emocionante e artístico, presentámosvos o noso Emocionario, no que traballou todo o colexio durante o mes das Letras Galegas e que o Equipo de TIC do colexio montou. Agardamos que vos guste!

martes, 24 de maio de 2016

VISITOUNOS... GOGUE

O pasado venres 20 de maio, con motivo da Semana das Letras Galegas e no medio da nosa viaxe descubrindo diferentes artes, recibimos na Biblioconmeniño a visita do artista grovense GOGUE.
Nos días previos preparámonos para darlle a benvida. Todos os nenos do cole descubrimos as súas personaxes e practicamos a debuxalos. Cos nosos traballos preparamos uns carteis para recibilo.






 Os nenos de 4º prepararon unha presentación coa que todos descubrimos cousas deste artista da vila (compartirémola en breve) e que tamén compartimos con el o día que nos visitou.
Despois disto, fixo tres obradoiros con nós. Aos nenos de Infantil ensinoulles a debuxar animais mariños: centola, peixes, calamar... E, a petición deles, debuxou a Floreano, unha caricatura dalguén triste, dunha persoa enfadada. Agora teñen que colorealos.

Aos nenos de 1º, 2º e 3º B ensinoulles como debuxar a un tiburón que se comía un peixe. Despois eles tiveron que imitalo.
E aos nenos de 3ºA, 4º, 5º e 6º propúxolles facer unha viñeta de Floreano e Monchiña. El debuxounos sen xesto para que cada neno o copiase e completase as súas caras e inventase un pequeno diálogo. E ademais díxonos que cando estivesen rematados viría a velos para escoller un e adicarlle a súa viñeta no Faro de Vigo ao neno que mellor o fixese, qué sorte!


Ademais tamén nons explicou que agora xa case non emprega papel, senón que debuxa cunha especie de tablet que vai pasando o que el fai ao ordenador, e nos ensinou unha mostra da creación dunha escea de Moby Dick. Pareceunos moi interesante!
Como non podía ser doutra maneira, asinou o noso libro de visitas para que quede o recordo para sempre.
 
MOITÍSIMAS GRAZAS A GOGUE POR VIR VISITARNOS, ENCANTOUNOS APRENDER UN POUQUIÑO MÁIS DO SEU TRABALLO E OFICIO.

xoves, 19 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS

Esta semana estamos a celebrar a nosa lingua e ao autor homenaxeado este ano polo Dïa das Letras Galegas, Manuel María. Para isto, os maiores do colexio fixeron un mural informativo no que compilaron diversas informacións sobre este autor e o resto do alumnado do centro está a facer as súas aportacións ao mesmo.



Dentro desta conmemoración agardamos mañán venres 20 de maio a visita dun coñecido artista da nosa vila, Gogue. En breve vos contamos como foi a visita!


venres, 29 de maio de 2015

A NOSA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Ola a todos!

Hoxe traémosvos as novas sobre a nosa Semana das Letras Galegas.
Como ben sabedes, este ano adicouse esta data ao escritor Xosé Filgueira Valverde, sobre o que vos deixaramos xa ideas e exemplos de actividades AQUÍ. Nas aulas traballamos sobre o autor, a súa biografía e obra e fomos polo cole procurando información nos carteis informativos que recibimos  que recibimos no centro.



Ademais disto, neste ano tan saboroso decidimos que co gallo do Día das Letras Galegas iamos xogar coas letras, para o que o alumnado de 1º e 2º creou un xogo moi chulo: PASA ALIMENTO, sóavos? Pois sí, é a nosa versión do coñecido Pasapalabra empregando no noso caso nomes de alimentos en galego (pratos tradicionais, froitas, ...)

Durante a Semana das Letras Galegas, todos os grupos fomos baixando para probar o noso dominio de nomes de alimentos en galego e ir completando o "rosco".



Pero iso non foi todo, non! Ademais de xogar coas palabras tivemos ocasión tamén de gozar de xogos tradicionais artesanais que nos cederon por medio da ANPA do noso colexio. Mandáronnos os xogos e as instrucións en galego e, tamén en grupos, fomos indo a descubrir estes xogos tradicionais, e que ben o pasamos!




                     




 E se queredes ver todas as fotos, premede AQUÍ

venres, 8 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Aí vos deixamos unha relverde, o autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas: 


Agardamos que vos sexa de utilidade!

mércores, 7 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014- XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



Como xa sabedes, este ano adícase o Día das Letras Galegas ao poeta lucense Xosé Mª Díaz Castro. Para descubrir máis cousas da vida e obra deste escritor galego, só tedes que premer na imaxe superior.

Premendo AQUÍ, atoparedes unha morea de recursos cos que aprenderedes moitas máis cousas sobre este autor.

Premendo na imaxe inferior, pódese acceder a unha compilación de recursos: unha unidade didáctica, un documental sobre a súa viad feito no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, un Karaoke...!


Premendo na seguinte imaxe, a versión web do conto O neno a estrela, unha historia homenaxe ao poeta.


Tamén un xogo sobre o poeta. Premendo na imaxe inferior para xogar!!!


Como cada ano, os alumnos do CPI dos Dices fixeron un xenial  telexornal sobre o autor homenaxeado. Poderedes velo premendo AQUÍ

E xa para rematar, AQUÍ poderedes ver un vídeo no que se recitan 7 poemas de Díaz Castro.


venres, 11 de maio de 2012

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola ratiñ@s!
Canto tempo sen vos escribir! Xa vin que andades moi ocupados estes días coa preparación do Día das Letras Galegas, que, como xa sabedes, se celebra o 17 de Maio. Hoxe tráiovos un conto sobre o homenaxeado deste ano, Valentín Paza Andrade e unhas actividades coas que poderedes comprobar o que aprendéchedes.Coma sempre, só tedes que premer na imaxe.


Ah! E non vos esquezades de visitar o Parladoiro do cole, onde atoparedes moreas de información, actividades, lecturas e xogos sobre esta data e Valentín Paz Andrade. Premede nos barquiños para visitalo.