Amosando publicacións coa etiqueta POR UNA SONRISA DO GROVE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta POR UNA SONRISA DO GROVE. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de xuño de 2018

Recibimos a Natividad e Mustafa da ONG "POR UNA SONRISA"

Logo de investigar durante todo o terceiro trimestre a ONG "POR UNA SONRISA" hoxe recibimos a visita dos seus creadores: Natividad e Mustafa.

A súa é unha iniciativa que ten como obxectivo repartir no continente africano material escolar entre os nenos e nenas máis desfavorecidos.

Explicáronnos como foi a creación da súa ONG e o seu labor en África a través de diversas fotografías e vídeos. Así mesmo, entregámoslle todo o material escolar que conseguimos a través do Mercado Solidario que organizamos.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías dunha xornada moi especial: