martes, 28 de xaneiro de 2014

POLO DÍA DA PAZ, COÑECEMOS A... NELSON MANDELA

Nas clases de inglés estamos a traballar sobre Nelson Mandela, o ex presidente sudafricano defensor dos dereitos humanos e premio Nobel da Paz en 1993. Se queredes coñecelo, aquí vos deixamos unha actividade LIM con algunha información da súa vida e unhas sinxelas actividades. Está en inglés e en castelán.

sábado, 25 de xaneiro de 2014

PLAN PROXECTA EN CONMENIÑO: NÓS TAMÉN CREAMOS!

Este ano, os nenos de 1ºa 4º, xunto con 6 das nosas mestras, imos participar no Plan Proxecta, máis concretamente no programa "Nós tamén creamos!", organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. 
Estre programa consiste na creación dunha curta de animación a apartir dun libro empregando a técnica de Stop Motion.
A primeira parte da actividade consistiu en escoller unha historia de entre os 14 libros que nos trouxeron ao colexio. Para isto, o ratiño convidounos á biblioteca para explicarnos alí cal era a nosa misión.

Unha vez alí, o ratiño propúxonos dúas tarefas diferentes. Aos nenos de 1º e 2º, propúxonos un libro do fondo mariño, que nos contaron e nós decidimos escoller como o libro no que basear a nosa película. E aos nenos de 3º e 4º, mandounos organizarnos en grupiños, a cada un asignounos un libro que nós lemos e despois presentamos aos compañeiros.



 Logo votamos e saíron os escollidos!

martes, 21 de xaneiro de 2014

COUSAS DA PAZ

Profes, nenos e familias, aquí vos deixamos unha pequena escolma de recursos para o día da paz: contos, poemas, actividades LIM, imprimibles...


Coma sempre, moitas grazas  a todos eses mestres que comparten o seu traballo!

xoves, 16 de xaneiro de 2014

ALGÚNS CONSELLOS LECTORES...

Aquí vos deixamos un par de recursos que nos dan consellos para convertirnos en mellores lectores. Agardamos que vos sexan de utilidade!

Unha wiki na que atoparedes uns consellos sobre que facer cando nos poñemos a ler. Hai tamén unha morea de lecturas para practicar !



E este libro é para os papás. Vai dirixido a que facer ata os 6 anos, pero moitos dos consellos poden ser aplicados despois dos 6 anos.


mércores, 1 de xaneiro de 2014

BENVIDO 2014!

Para dar a benvida ao novo ano, no cole elaboramos uns almanaques moi mariños para que cada neno regalase á súa familia. Aquí volos deixamos!