xoves, 29 de febreiro de 2024

CLUB DE CIENCIAS

 Ola familias, este ano estamos inmersos no Proxecto Club de Ciencias, co obxectivo de proporcionar un escenario propicio para desenvolver estratexias metodolóxicas que promovan capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o interese dos participantes por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da Ciencia e as súas posibilidades de aplicación na Tecnoloxía. 

Nesta entrada do blog, iremos colgando todas aquelas actuacións que se van facendo para dar resposta ao obxectivo do proxecto.

O primeiro experimento foi o Fluído non Newtoniano, creando unha masa que dependendo da forza que exerzamos alterará a súa viscosidade, é dicir, se facemos moita forza actuará como un sólido, mentres que si deixamos de exercer forza, actuará como un líquido. 



Circuítos eléctricos, da man de David Ballesteros, foi a nosa segunda actividade. Pasámolo xenial!






Densidades: experimento de mezcla heteroxénea e densidade.





domingo, 25 de febreiro de 2024

Visita á casa museo de Rosalía de Castro

 Este ano, para celebrar a conmemoración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de primaria foi de visita á casa museo de Rosalía, en Padrón. Foi unha saída moi vivencial, xa que o alumnado puido ver e coñecer a historia da casa e a importancia que ten Rosalía na historia galega.










sábado, 24 de febreiro de 2024

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Para celebrar este día, traemos unha proposta para facer en familia. A quen lle apetece degustar un bo caldiño?

Ides tentar facer un caldiño tal como se describe no poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", do seu libro Follas Novas.

Aquí vos deixamos o poema e a historia do mesmo. 


Se vos animades a facer este Caldo de Gloria, enviádenos unha foto na que se vexa como degustades esta comida tan nosa!

Por outra banda, aquí vos deixamos un conxunto de actividades para coñecer un pouquiño máis a vida de Rosalía.


DÍA DA LINGUA MATERNA - 21 DE FEBREIRO

O día 21 de febreiro foi o Día Internacional da Lingua Materna, aquela que nos ensinan a falar desde nenos/as e coa que nos relacionamos.

Sabiades que no mundo calcúlase que se falan arredor de 7.100 linguas diferentes?

Escoitade esta canción tan chula de Magín Blanco a ver cantas linguas sodes quen de recoñecer.


 Cal é a lingua que falas desde pequeno/a? Sabes como se lle chama? Esa primerira lingua coa que nos podemos comunicar, é dicir, falar e manter unha conversa con outra persoa, é a nosa LINGUA MATERNA. 

O alumnado de 2º fixo un pequeno traballo. Primeiro fixéronse unha pregunta, que lingua empregamos dende pequenos/as?. Déronse conta de que falaban sen problema o Castelán e o Galego. O seguinte foi pasar a ficha da lingua, que veredes a continuación. Nesta lingua xigante escribiron as súas palabras favoritas e despois decoráronas. 

Gústanvos? Cal é a vosa lingua materna? Tedes algunha palabra favorita?



14 DE FEBREIRO - DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Para celebrar o 14 de febreiro, día do amor e da amizade fixemos a seguinte actividade. Esta, está relacionada con Biblioteca Creativa. 

Na primeira parte da actividade traballamos o vocabulario relacionado co amor, a amizade, o cariño... Para poder así, elaborar unha mensaxe e escribila nos corazóns de papel que máis tarde deixaremos no buzón da biblioteca.

A segunda parte foi deseñar uns sobres onde meteremos os nosos corazóns con mensaxe. Como o fixemos? Algo de pintura, uns rolos de papel dobrados con forma de corazón e papel. 

Pasámolo xenial! A vós que vos parecen os nosos deseños? Gústanvos?

Aquí vos deixo unha foto do alumnado de 2º elaborando a actividade.


Como podedes ver, o buzón estivo colocado na entrada da biblio, para todos/as aqueles que quixeran botar alí a súa correspondencia.

Algunha foto do proceso de elaboración do alumnado de 6º curso:


Máis tarde, as nenas e os nenos de 3º foron os encargados de abrir o buzón e repartir as cartas.

Por último, aquí vos deixo unha foto dos máis peques do cole.

ENTROIDO OLÍMPICO

Este ano tivemos un Entroido Olímpico!! Cada clase disfrazouse do seu deporte e preparou a súa bandeira para o desfile, co escudo do seu equipo deportivo. Logo, bailamos todos xuntos a coreografía de "Los Deportes, de Sopa Risa, que nos preparou o alumnado de 6º e que levábamos toda a semana ensaiando. 
Ao rematar tivemos unha sesión de música moi divertida!
 

 

Mandados da Meca

 Aquí vos deixamos os mandados da meca deste Entroido:








venres, 23 de febreiro de 2024

ENTROIDO EN CONMENIÑO

 Canto sabes do Entroido en Galicia?

Investiga e ponte a proba.

 SOBREMESAS DE ENTROIDO

 En Galicia sempre é bo momento para encher o peteiro e con estes doces de Entroido tan gorentosos... a ver quen se resiste!

 E na vosa casa que tedes por costume comer de sobremesa?


mércores, 14 de febreiro de 2024

TALLER DE MAQUILLAXE

 Este entroido, nos recreos da biblio, realizamos un taller de maquillaxe. Foi impartido polo alumnado de 6º curso e todas e todos aqueles que quixeran pintar a cara ou as uñas podía pasarse polo salón de beleza.