Amosando publicacións coa etiqueta SAÍDAS ESCOLARES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAÍDAS ESCOLARES. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de outubro de 2015

COMEZAN AS INVESTIGACIÓNS SOBRE O NOVO PROXECTO ANUAL "EMOCIONARTE, UNHA VIAXE POLO MUNDO DAS ARTES E DAS EMOCIÓNS!

Ola a todos!
Hoxe traémosvos unhas imaxes coa nosa primeira investigación relacionada co proxecto anual "EmocionArte, unha volta polo mundo das artes e das emocións".

Foi unha investigación diferente, xa que fixemos un traballo de campo. Os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria desprazámonos ata o centro da nosa vila para ir visitar a Galería Besada e aprender máis cousas sobre as esculturas que están no paseo marítimo.
Para isto, previamente no cole, aprendemos por que hai tantas esculturas na nosa vila (máis de 100!) e observamos imaxes dalgunhas delas tratando de averiguar o seu título e significado. A nosa misión hoxe era averiguar o título e oa autor dalgunhas delas, inventarlles un título a aquelas que non o tiñan e tamén recoller que emocións nos trasmitían en directo.
Empregamos un caderniño de recollida de información que se pode descargar premendo na imaxe inferior: 
https://drive.google.com/file/d/0Bw38HPMmDU_OSGNvUDdEOENrZms/view?usp=sharing

E aquí vos deixamos algunhas imaxes do día de hoxe. Coma sempre, se queredes ver máis fotos, podedes descargalas AQUÍ.






Ademais disto, tamén visitamos a Galería Besada, onde, Carlos Besada, moi amablemente, se ofreceu a falarnos de distintos tipos de pintura, diferentes técnicas, presentounos obras de arte de varios autores. Puidemos primeiro ver por nós mesmos as obras que ten expostas neste momento e despois, moi atentos, explicounos unha morea de cousas.




Foi un día xenial, no que ademais de aprender moitas cousas pasamos un rato moi divertido, incluíndo o paseo dendeo colexio ata o centro. Chegamos cansos pero encantados!

 De novo, moitas grazas a Carlos Besada, da galería Besada, por convidarnos á súa Galería e compartir con nós a súa arte e a doutros artistas. 

luns, 16 de febreiro de 2015

SAÍDA ESCOLAR- VISITAMOS OS MUSEOS CORUÑESES

Ola a todos!
Aquí vos traemos algunhas das fotos da nosa excursión a A Coruña e aos seus museos (Acuario, DOMUS e Casa das Ciencias) o pasado mércores 11 de febreiro. Foi un día xenial do que pronto os Reporteiros Larpeiros de 6º nos traerán a súa interesante crónica.



 Se queredes ver máis fotos, só tedes que premer AQUÍ.

luns, 9 de febreiro de 2015

5º E 6º FOMOS AO TEATRO E VISITAMOS UNHA PANADERÍA - REPORTEIROS LARPEIROS


Ola a todos,  ratiños!
     Son Anxo Cambados, un dos reporteiros larpeiros. Estou aquí de novo para contarvos que o día 19 de de xaneiro os nenos de cuarto, quinto e sexto fomos de excursión ao teatro a Pontevedra e á panaderia Besada no Grove.
   Ao chegar ao cole montamos no autobús e marchamos cara a Pontevedra. Alí fomos camiñando ata o teatro. Cando todo o mundo se sentou comezou a obra ``Spinderella´´. Trataba sobre unha rapaza que cantaba moi ben. A súa irmá Rebeca tíñaa coma unha escrava. Rebeca quería ir a un karaoke co DJ Dave.
   Cindy, a rapaza, tamén quería ir, así que disfrazouse para que súa irmá Rebeca non a descubrira e foi a gañadora no karaoke. E todo isto, contado en inglés.
   Cando rematou a obra collemos o autobús e marchamos ata O Grove. Ao chegar, fomos camiñando ata a panadaría Besada. Alí ensináronnos como se facía e que ingredientes levaba o pan: fariña, auga, sal e lévedo. Foron moi amables con nós e déronnos un bolo de pan e un cacho de rosca.
   Pasámolo xenial!     
   Aquí vos deixamos algunhas das fotos que fixemos, comentadas por Uxía Bastos e Roi Bravo. 

 Dúas das protagonitas nun momento da obra.


Facendo masa na panadaría "Besada".


Aprendemos sobre a historia do pan.


 Ingredientes cos que se elabora o pan.


Para rematar, convidáronnos a probar os seus productos. Démosnos un bo festín!
E se queredes ver todas as fotos, só tedes que premer AQUÍ.

mércores, 4 de febreiro de 2015

PREPARANDO A SAÍDA ESCOLAR AOS MUSEOS CORUÑESES

Xa que a vindeira semana ides ir visitar a Casa do Home, déixovos aquí o tráiler da película en 3D sobre a que lestes hoxe na prensa escolar. Só tedes que premer AQUÍ.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

SAÍDA ESCOLAR - VISITAMOS UNHA PANADERÍA


Uns dos obxectivos da nosa "Volta ao mundo montados nun prato" é o de coñecer os alimentos en maior profundidade, así que o pasado luns 19 de xaneiro, despois de ir ao teatro (podedes ver que fomos ver premendo AQUÍ), fixemos unha paradiña antes de voltar ao cole. Fomos visitar a PANADERÍA BESADA, en O Grove. Alí tiñan todo preparado para nos explicar moitas cousas sobre o pan: ingredientes, como se fai, a importancia de consumilo, a súa historia... Foi unha actividade xenial! Se queredes ver algunhas fotos, aquí tedes!









Como vedes, foi unha mañán moi ocupada! En breve, os nenos de 4º, 5º e 6º pasarán polas clases de 1º, 2º e 3º a dar unha charla de expertos para compartir o que descubriron sobre o pan.

DE novo, MOITÍSIMAS GRAZAS Á PANADERÍA BESADA, en O Grove POR CONVIDARNOS E POR TRATARNOS MOI BEN, SAÍMOS DE ALÍ CUN MOI BO SABOR DE BOCA! ;)

mércores, 14 de xaneiro de 2015

SAÍDA ESCOLAR- FOMOS DESCUBRIR "OS SEGREDOS DOS ALIMENTOS"

 Ola ratiños!

Son Roi, un dos reporteiros larpeiros de 6º.

O martes 11 de Novembro, os nenos de 5º e 6º fomos de excursión á granxa “O Kirico” en Fornelos de Montes. Cando chegamos, os monitores estaban na porta esperando a nosa chegada. Un intre despois chegaron os nenos do colexio de Noalla.

Déronnos unha charla sobre os alimentos que se tiñan que comer case sempre e os que había que comer moi de vez en cando.

Despois da charla fixeron unha obra de teatro sobre dous tomates: un que se criou nuha granxa e outro que se criou con productos químicos. O da granxa parecía que non pero sabia moito mellor ca o que se cultivou con produtos químicos.

Logo fomos ao invernadoiro a que nos falaran sobre as trampas para insectos e ensináronnos como se facían. Deseguido fomos ver os pasos polos que pasa o esterco para convertirse en compost.

A continuación fomos facer uns experimentos coa comida e aprendemos que na auga un iman atrae os cereais pero fora da auga non. Foi sorprendente! Isto é así porque os cereais conteñen ferro.

Deseguido fomos comer.

Logo tivemos tempo libre e fomos fóra para xogar, pero comezou a chover e tivemos que ir para dentro. Para non aburrirnos comezamos a bailar!

Cando acabou o tempo libre fixemos un gran xogo. Consistia en ir buscando aos monitores por todo o recinto e se os encontrabas dicíanche unha adiviña sobre os alimentos; se acertabas, podías coller a foto do alimento que quixeras. E así tiñas que facer o mellor menú posible.

Cando acabamos fomos ver os animais que tiñan. Fomos ata un sitio onde había cabalos, burros, vacas e coellos. Nunha mesa que había, podías coller un anaco de pan e darllo os animais. A continuación fomos ver aos demais animais. Vimos porcos vietnamitas e todos os galos e galiñas que tiñan, había moitísimos, case de todas as razas e países. Tamén se podía ir á xaula da cabra para darlle de comer pero antes fomos ver a un mapache e, para finalizar, os patos.

Por ultimo, fomos outra vez cara á casa.

En definitiva, aprendemos moito e quixera volver outra vez!"

Aquí tendes algunhas fotos deste día tan xenial: (e para vet todas as fotos, premede AQUÍ)

Estivemos moi cerca dos animais


No invernadoiro aramos terra...

e plantamos hortalizas.




 Divertímonos moito bailando