luns, 25 de abril de 2016

ABRIL, MES DOS LIBROS III: APADRIÑAMENTO LECTOR

Como xa ven sendo tradición, outra das actividades levadas a cabo polo Dïa do Libro foron os apadriñamentos lectores. Os nenos de 4º a 6º, en parellas, convertíronse en "padriños" lectores para os nenos de Infantil a 3º.
O primeiro foi organizar as parellas e escoller os libros que ían empregar: un informativo e un de ficción.

     

Despois de practicar como iamos presentar os libros escollidos aos compañeiros, organizamos dúas sesións de apadriñamento lector, nas que todos nos acercamos aos libros da biblioteca dunha maneira diferente.

 
    
Os pequenos de 6º de infantil recolleron despois os contos que lles contaran e a súa opinión sobre os mesmos.
Unhas xornadas moi agradables gozando da lectura como valentes que somos ;)

venres, 22 de abril de 2016

ABRIL, MES DOS LIBROS II: OS LIBROS SON PARA VALENTES E O NOSO CONSELLO POLO DÍA DO LIBRO

Ola a todos!

Aquí estamos de novo, no mes dos libros, con máis cousiñas relacionadas co Día do Libro.
En primeiro lugar deixámosvos un consello que vos queren dar os nenos de 5º e 6º a aqueles que aínda non len (se é que queda alguén por ai...). Prepararon un vídeo inspirándose nun feito polos nenos da biblioteca dun instituto americano, MDIHS Library. Agardamos que vos guste e que vos riades un chisco con nós ;)




E, para rematar por hoxe, compartimos tamén aquí, o fermoso texto escrito por Pedro Feijóo co gallo do Día do Libro "Os libros son para valentes".

E, inspirados por este fermoso texto, os nenos da EEI de Barrionovo, en Arteixo, fixeron un vídeo moi orixinal, premede AQUÍ para velo.

Nos vindeiros días publicaremos algunhas imaxes das sesións de apadriñamento lector, unha actividade feita polos pequenos de Ed. Infantil e as tarefas do obradoiro de escritores relacionadas co Día do Libro.
Agardamos que teñades todos un Feliz Dïa do Libro!

mércores, 13 de abril de 2016

ABRIL, MES DOS LIBROS: VISITOUNOS... MARÍA SOLAR



Ola a todos!

Hoxe foi un día especial en Biblioconmeniño, xa que, dentro das actividades organizadas en abril como mes dos libros, visitounos María Solar, a autora do libro que os nenos de 4º a 6º estivemos a ler e traballar "O meu pesadelo favorito".
Sara, Ainhoa, Zayra e Aitana fixeron o cartel para recibila. 

Durante a súa visita falounos das cousas tan especiais que lle trouxera este libro, contounos varias anécdotas moi curiosas, falounos dalgunhas das personaxes... Estivo moooi interesante!
Tamén lle puidemos facer preguntas, foi como unha entrevista de grupo, coa que aprendemos unha morea de cousas que compartiremos con todos vós na revista do colexio máis adiante!
Polo de agora, deixámosvos algunhas fotos desta visita tan interesante.




Moitísimas grazas polo teu libro e pola visita, María, encantounos coñecerte!

martes, 12 de abril de 2016

ABRIL, MES DOS LIBROS - ACTIVIDADE LIM ESPANTALLO AMIGO

Ola a todos!
Unha das actividades neste mes do libro está a ser a lectura do libro de Xosé Neira Vilas "Espantallo Amigo", do que tamén asistiremos a unha representación teatral.
Como complemento, deixámosvos unha actividade LIM sobre o libro e o autor.






E deixámosvos tamén algunhas fotos do día da representación na Casa da Cultura da nosa vila.

luns, 11 de abril de 2016

OBRADOIRO DE ESCRITORES III- ESCRIBIMOS UNHA RESEÑA LITERARIA

Ola a todos!
Este mes, por ser o mes do libro, o noso obradoiro de escritores vai consistir en escribir unha reseña sobre un libro. Deixámosvos a continuación unhas pequenas pautas. 


Ánimo, super escritores!

Ah! E se queredes lembrar cousiñas sobre a celebración do Día do Libro, vos deixamos aquí algúns xogos, lecturas, ...